Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 82

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 13 de decembro de 1994 pola que se regula a concesión de axudas para o fomento do asociacionismo cooperativo xuvenil agrario.

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 30.3 recoñece a competencia, de acordo coa planificación xeral da economía, en materia de agricultura e gandería a favor da Xunta de Galicia e no seu artigo 28.7, recolle a competencia específica en materia de cooperativismo.

O Real decreto 1.887/1991, do 30 de decembro, sobre mellora de estructuras agrarias, establece un réxime de axudas para investimentos en explotacións agrarias.

No seu desenvolvemento, esta consellería dispón o seguinte:

CAPÍTULO PRIMEIRO

Artigo 1º

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes promoverá e apoiará o fomento do asociacionismo de carácter cooperativo entre os mozos do sector agrario.

Artigo 2º

As axudas a que se refire a disposición anterior terán carácter de subvención.

CAPÍTULO SEGUNDO

Incorporación de mozos do sector agrario a entidades de carácter cooperativo.

Artigo 3º

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes poderá conceder subvencións ós mozos do sector agrario que se integren como socios dalgunha entidade asociativa das seguintes:

a) Cooperativa agraria.

b) Sociedade agraria de transformación.

c) Cooperativa de traballo asociado establecida no medio rural.

Artigo 4º

Para ser beneficiario das subvencións a que se refire o artigo anterior, requírese:

1.-Ser maior de idade ou menor emancipado e non ter cumpridos corenta anos de idade na data de presentación de solicitude.

2.-Estar vinculado ó sector agrario por algunha das seguintes condicións:

a) Ser empresario directo e persoal do sector agrario.

b) Ser socio dunha cooperativa agraria de explotación comunitaria ou dunha sociedade agraria de transformación.

c) Ser socio dunha cooperativa de traballo asociado de carácter agrario.

d) Ser asalariado do sector agrario ou traballador dunha cooperativa agraria ou dunha sociedade agraria de transformación.

e) Ter dependencia familiar ou tela tido ata a maioría de idade ou a emancipación da persoa incursa nalgunha das situacións deste apartado.

3.-Acreditar suficiente preparación profesional na actividade que lle corresponde desempeñar na entidade na que se integra ou comprometerse a adquirila en caso de non posuíla.

4.-Realiza-la integración na entidade asociativa no período comprendido entre os seis meses previos inmediatos á presentación da solicitude de subvencións e os tres meses seguintes á data de concesións dela.

Artigo 5º

As subvencións destinaranse a sufragar parcialmente as contribucións económicas que os mozos beneficiarios estean abrigados a satisfacer á entidade para a súa integración como socios e sexan reintegrables unicamente en caso de disolución daquela ou de parda da condición de socio.

Artigo 6º

1.-A contía máxima das subvencións non superará o 50% das aportacións ás que se refire a disposición anterior.

2.-Establécense os seguintes límites absolutos:

a) Ata 400.000 ptas. por beneficiario, cando a súa incorporación se produza no marco dunha actuación da entidade que supoña un programa de investimentos onerosos. A suma das subvencións concedidas ós mozos beneficiarios non poderá ser superior ó conxunto de gastos do programa de investimentos.

b) Ata 200.000 ptas. por beneficiario, cando a súa incorporación á agrupación non se produza na situación á que se refire o parágrafo anterior.

3.-A suma das subvencións correspondentes ós beneficiarios que se integren nunha mesma entidade asociativa non poderá ser superior a 15.000.000 de pesetas.

Artigo 7º

1.-As contribucións económicas dos mozos beneficiarios a que se retire o artigo 5 poderán efectuarse baixo calquera das modalidades seguintes:

a) Entregas en metálico.

b) Entregas en especie, valoradas de acorde cos prezos do mercado da zona.

c) Prestacións de servicios á agrupación, valoradas de acordo coas normas que resulten procedentes.

2.-Para os efectos sinalados no número 2.a) do artigo 6º, o programa de realizacións basearase nos investimentos necesarios para o cumprimento do obxecto social da agrupación, excluíndo a adquisición de terras de cultivo. Cumprimentando os ditos investimentos poderán incluírse:

a) Estudio de viabilidade cando, esgotadas as posibilidades de asistencia do sector público, resulta necesaria a súa contratación total ou parcialmente onerosa.

b) Gastos de constitución da entidade derivados da posta en marcha da súa actividade.

c) Gastos de formación, asumidos pola entidade, dos mozos que se integran nela e sexan necesarios para desempeña-las súas funcións.

Artigo 8º

Dada a importancia que teñen os estudios de viabilidade e o seu carácter previo á realización dos investimentos, no caso recollido nesta orde, de creación de novas agrupacións e sempre que non sexa posible realiza-los ditos estudios polos servicios técnicos da Administración, podará concederse á agrupación unha subvención de ata o 30% do gasto do estudio, cun límite máximo de 500.000 ptas. Para tales efectos a Consellería de Agricultura apreciará a calidade e profesionalidade dos citados estudios.

Artigo 9º

As solicitudes de subvención serán formuladas individualmente por cada mozo e presentaranse en expediente único para o conxunto dos que se integren nunha mesma agrupación. Os expedientes conterán os seguintes documentos:

-Instancia individual subscrita por cada mozo, dirixida ó Sr. Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na que constarán os compromisos que contrae.

-Fotocopia do documento nacional de identidade de cada peticionario.

-Relación de peticionarios incluídos en cada expediente.

-Certificación do secretario da entidade na que se faga constar na solicitude a admisión como socios dos mozos, o importe da cota de aportación e as datas dos acordos de admisión e de realización dos investimentos.

-Memoria do investimento e gasto que se vai realizar e estudio de viabilidade técnico-económica e financeira.

-Plan de viabilidade da entidade, no caso de que non se realicen investimentos.

-Documento que acredite a vinculación dos mozos ó sector agrario, a preparación profesional suficiente e a veracidade dos datos que figuran nos restantes documentos.

-Copia ou fotocopia da parte dos estatutos da agrupación que acredite a súa aprobación e das contribucións acordadas na súa constitución ou na posterior asemblea xeral.

-Certificación bancaria de cada un dos mozos solicilantes na que conste o código, tanto da entidade bancaria como da sucursal, o díxito de control e o número de conta.

-Certificación expedida polo Tesouro da Comunidade Autónoma de Galicia acreditativa de que o mozo solicitante non ten pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración Pública da Comunidade Autónoma.

-Certificación de estar ó corrente no pagamento de obrigas fiscais e de Seguridade Social.

Artigo 10º

Recibido e analizado o expediente pola Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolverá o que proceda no prazo máxima de un mes, contado a partir da data de expiración do prazo establecido para a presentación das instancias. A dita resolución notificarase ós interesados de xeito individualizado.

Artigo 11º

Como requisito previo para a entrega da subvención aprobada, os beneficiarios quedarán abrigados a xustificar mediante certificación expedida pola cooperativa na que se atopan integrados, a contribución correspondente, o destino da subvención e a data de integración na dita entidade asociativa.

Artigo 12º

O incumprimento dos fins e requisitos establecidos nesta orde levará emparellada a abriga de reintegrar

ó Tesouro da Comunidade Autónoma, por parte dos beneficiarios, as subvencións concedidas, incrementando o seu importe no interese legal que proceda.

Artigo 13º

As subvencións recollidas na presente orde son incompatibles con calquera outra que para a mesma acción concedan outros organismos da Administración do Estado ou desta Comunidade Autónoma.

Artigo 14º

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes procurará a colaboración das organizacións profesionais agrarias e outras entidades afíns ó programa, para a máis ampla difusión do establecido na presente orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-

Atenderanse con prioridade aquelas solicitudes presentadas en anos anteriores, ás cales non foi posible outorgar axudas por falta de dispoñibilidade orzamentaria. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de abril.

Segunda.-

Na concesión destes auxilios terase en especial consideración e preferencia a aquelas organizacións que teñan por finalidade principal o desenvolvemento de actividades de carácter agrario.

Terceira.-

Cando se trate de entidades de traballo asociado que dependan no seu funcionamento de contratos de encargo con outras empresas, deberán acreditar documentalmente o compromiso que garante o seu funcionamento durante un período mínimo de tres anos.

Cuarta.-

Os expedientes económicos destas axudas imputaranse á aplicación orzamentaria 09.01.612A.770 «Cooperativismo xuvenil, axuda á incorporación» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1995 que ten como crédito inicial 25.000.000 de pesetas.

Ademais, xerarase un crédito en virtude das transferencias procedentes dos orzamentos xerais do Estado que o MAPA atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia como subvencións non integrantes do custo efectivo.

Quinta.-

Mentres non se produza a aprobación e conseguinte publicación dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, as solicitudes que se orixinen como consecuencia da publicación da orde de subvención, serán tramitadas de conformidade e cos efectos contidos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 2 de xuño de 1986 (DOG nº 18, do 19-6-1986), modificada pola orde do 18 de outubro de 1991 (DOG nº 229, do 26-11-1991).

A dotación orzamentaria está contida no proxecto de ornamentos para 1995.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1994.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes