Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 69

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de decembro de 1994 pola que se resolve a concesión de axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, correspondentes ós anexos I, IV, V, VI e VII da Orde do 30 de maio de 1994 (DOG do 13 de xuño).

A Orde do 30 de maio de 1994 (DOG nº 112, do 13 de xuño), pola que aproban as bases que rexen as convocatorias de bolsas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios prevé, entre outras, as seguintes accións:

-Anexo I: axudas a asociacións de estudiantes das universidades galegas.

-Anexo IV: axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudios universitarios convocadas polo MEC (curso 1993/94), dirixidas a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios en universidades de fóra de Galicia.

-Anexo V: axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións implantadas nas universidades galegas.

-Anexo VI: financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da UE, co obxecto de coñece-la lingua dese país.

-Anexo VII: axudas complementarias do programa de acción da UE de mobilidade de estudiantes (ERASMUS).

Por resolución da Dirección Xeral de Universidades e Investigaci6n, do 18 de outtubro de 1994 (DOG do 2 de novembro), e de conformidade coa base 8 dos anexos I e VI, coa base 7 dos anexos IV e VII e coa base 9 do anexo V, respectivamente, fíxose pública unha relación provisional de beneficiarios das referenciadas bolsas. No apartado sétimo da devandita resolución fixárase un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación da citada resolución no DOG co fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, estudiadas as reclamacións presentadas pola comisión avaliadora, nomeada por Resolución do 11 de agosto de 1994 (DOG no 169, do 1 de setembro) da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborado pola dita comisión,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase concederlles axudas ás asociacións de estudiantes das universidades galegas que se relacionan no anexo I (axudas para infraestructuras) e anexo II (axudas para a realización de actividades) da presente orde, na contía que se especifica.

Artigo 2º.-Acórdase concederlles exudas complementarias as bolsas de carácter xeral de estudios

universitarios convocadas polo MEC (curso 1993/994) dirixidas a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios en universidades de fóra de Galicia, ós alumnos universitarios que se relacionan no anexo III da presente orde e na contía que se especifica.

Artigo 3º.-Acórdase concederlles axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás tilulacións implantadas nas universidades galegas ós centros das tres universidades galegas que se relacionan no anexo IV da presente orde e na contra que se especifica.

Artigo 4º.-Acórdase concederlles axudas de financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da UE co obxecto de coñece-la lingua dese país, ós alumnos universitarios que se relacionan no anexo V da presente orde e na contía que se especifica.

Artigo 5º.-Acórdase concederlles axudas complementarias do programa de acción da UE de mobilidade de estudiantes (ERASMUS), ós alumnos universitarios que se relacionan no anexo VI da presente orde e na contra que se especifica.

Artigo 6º.-O incumprimento das bases establecidas na orde de convocatoria do 30 de maio de 1994 suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 7º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta disposición, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustixa de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguirle ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Composlela, 20 de decembro de 1994.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sr. Director xeral de Universidades e Investigación