Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 03 de xaneiro de 1995 Páx. 69

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de novembro de 1994 sobre autorización de apertura dunha sucursal da axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., sita en Avda. Linares Rivas, 16, da Coruña.

Visto o expediente instruído a instancia de Sebastián Barceló Oliver, na súa calidade de representante da sociedade Viajes Barceló, S.L., en solicitude de establecemento na avda. Linares Rivas, 16, A Coruña, dunha sucursal da axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L. con sede central na avda. Alejandro Roselló, nº 34-B, Palma de Mallorca, e nº BAL,-005 M/M.

Resultando que entre a documentación aportada coa referida solicitude existe unha copia de contrato de prestación de servicios entre a axencia e a persoa que exercerá o cargo de director e copia da documentación acreditativa da dispoñibilidade do local.

Resultando que o director está legalmente capacitado para desempeña-lo dito cargo.

Resultando que da análise do expediente se conclúe que Viajes Barceló, S.L. dispón dunha fianza suficiente segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia.

Considerando que o Servicio de Inspección emitiu informe sobre o estado e equipamento do local, acreditando que reúne as condicións suficientes para poder exerce-la actividade de sucursal da mencionada axencia de viaxes.

Considerando que no trámite do expediente se cumpriron as formalidades de rigor e se xustificaron tódolos extremos que fixan o artigo 5, apartados b, c, d; e os artigos 10 e 15 do citado decreto.

Considerando os antecedentes expostos, as disposicións legais invocadas e as demais normas de aplicación.

Esta consellería resolve autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Barceló, S.L., con sede central en Palma de Mallorca, Avda. Alejandro Roselló, nº 34-8, o establecemento dunha sucursal na Avda. Linares Rivas, 16, da Coruña.

Contra esta resolución, o interesado podará interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1994.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública