Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 36

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (252/1992).

O secretario do Xulgado de Primeira lnstancia e Instrucción número un dos de Ribeira, fai saber que no xuízo executivo número 252/1992, promovido pola Caixa de Aforros de Galicia contra Aureliano Llorente García e a súa esposa, Elisa Bóveda Piñeiro, en reclamación de 7.866.556 ptas., de principal, máis 1.750.000 pesetas en xuros e custas, acordei, por providencia desta data, citar de remate a dita parte demandada, Aureliano Llorente García e Elisa Bóveda Piñeiro, dos que se descoñece o domicilio actual, para que no prazo de nove días comparezan nos autos e se opoñan, se lles conviñer. Practicouse xa o embargo sobre os seus bens sen requirimento previo de pagamento por descoñecerse o seu domicilio. De non comparecer producirálle-lo prexuízo correspondente en dereito.

Dado en Ribeira o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario

Rubricado