Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 35

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (89/1994).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón

Fago saber: que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía número 89/1994, por instancia de Antonio

del Carmen Amanda B. Saavedra Naya, representado pola procuradora Mª del Carmen Esperanza Álvarez, contra Tomás Mignone, Tula Raquel Christiansen, ás persoas que resulten ser herdeiras de Carme e María Saavedra Carril e aquelas persoas descoñecidas e incertas que puidesen estar interesadas nas pretensións da actora, e outros con docimicilio descoñecido, nos cales, por resolución de data 28 de xullo de 1994, se acordou empraza-lo referido demandado Tomás Mignone, Tula Raquel Christiansen, ás persoas que resulten ser herdeiras de Carmen e María Saavedra Carril e persoas descoñecidas e incertas interesadas nas pretensións dadas para que no termo de dez días compareza en forma en autos, baixo apercibimento de que se non comparece será declarado en rebeldía, recaendo sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

E para a súa inserción nos diarios oficiais e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e para que sirva de emprazamento en forma ó demandado, expido este edicto en Padrón, vinteoito de xullo de mil novecentos noventa e catro.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado