Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 36

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (130/1994-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 130/1994, sobre ameazas, no que foron partes Matilde Pintor Alonso, Juan Carlos Cea Pinto e como denunciado José Alberto Cea Pintor, se dictou a sentencia que ten a seguinte resolución:

Que debo absolver e absolvo a José Alberto Cea Pintor e a Juan Carlos Cea Pintor da presunta falta a que se refire o presente procedemento, declarando as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se lles unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación ó denunciado José Alberto Cea Pintor, en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 1994.

O secretario

Rubricado