Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 31

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, do tribunal designado para xulga-las probas para o ingreso no campo de axudantes facultativos de administración especial da Xunta de Galicia, escala de subinspección pesqueira (grupo C), pola que se anula unha pregunta do primeiro exercicio de fase de oposición e se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso polos aspirantes.

1.-Realizado o primeiro exercicio da fase de oposición para acceso á escala de subinspección pesqueira (grupo C) da Xunta de Galicia, presentándose 12 impugnacións en relación co enunciado da pregunta 43; vistas estas, o tribunal no uso das súas facultades, resolve anular esta pregunta que non será tida en conta á hora de corrixir este primeiro exercicio.

2.-De conformidade do disposto na base II.5 da orde do 24 de febreiro de 1994, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso na escala de subinspección pesqueira (grupo C) da Xunta de Galicia, o tribunal constituído para os efectos, decide facer pública a puntuación obtida na fase de concurso polos opositores de acceso pola quenda de promoción interna e aqueles de acceso libre a que se refire a base II.1.2.1. e seguintes da Orde do 24 de febreiro de 1994. As puntuacións estarán expostas a partir do mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral da Función Pública, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

Contra estas puntuacións poderá fomularse reclamación diante do tribunal, con sede na Dirección Xeral de Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano Santiago de Compostela, no prazo de 10 días contados a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.

Amancio Landín Jaraiz

Presidente do tribunal