Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 31

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo de grao medio de administración especial da Xunta de Galicia, escala técnica de vixilancia pesqueira (grupo B), pola que se anulan dúas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición, e se fan públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso polos aspirantes.

En sesión mantida o día 20 de decembro de 1994 polo tribunal designado para xulga-las probas selec-

tivas para o acceso ó corpo facultativo de grao medio de administración especial da Xunta de Galicia, escala técnica de vixilancia pesqueira (grupo B), convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 45 do 7 de marzo) dictouse a seguinte resolución:

1.-De conformidade co disposto na base II.1.5 da convocatoria, fanse públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso polos opositores de acceso libre ós que se refire a base II.1 daquela. As puntuacións estarán expostas a partir do mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral da Función Pública, delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

Contra estas puntuacións os interesados poderán formular reclamación diante do tribunal, con sede na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2.-Quedan anuladas as preguntas números 73 e 74 do primeiro exercicio (tipo test) da fase de oposición, realizado o día 17 de decembro, por considerar que ningunha das respostas é correcta. Estas preguntas non se terán en conta á hora de corrixir este primeiro exercicio.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.

Ana Mª Gallego Castro

Presidenta do tribunal