Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 30

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Agrupación de Mexilloeiros A Boirense (A.M. A Boirense).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 10/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Agrupación de Mexilloeiros A Boirense (A.M. A Boirense), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: provincia da Coruña e Ría de Arousa (Pontevedra).

Profesional: poderán pertencer á asociación as persoas que sexan concesionarias de viveiros flotantes de mexillón establecidos na zona dependente da xurisdicción da provincia da Coruña e Ría de Arousa (Pontevedra). Para integrarse na devandita asociación cómpre que a persoa teña polo menos unha batea de mexillóns.

Asinan a acta de constitución: Fernando Hermo Suárez e dez persoas máis.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1994.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais