Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 30

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da escritura de constitución da entidade Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia.

En cumprimento do disposto no artigo 161 da Lei 3/1987, do 2 de abril, xeral de cooperativas, e para os efectos previstos nesta, faise público que no Rexistro de Cooperativas, dependente desta dirección xeral, foi depositada a escritura de constitución da entidade Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia, resultando cualificada favorablemente e inscrita no libro de inscrición de asociacións cooperativas baixo o número 9-SCTA.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1994.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais