Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 21

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de decembro de 1994 pola que se aproba o plan de explotación xeral marisqueira para o ano 1995.

O Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños establece, no seu artigo 3º, que a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura aprobará, con carác

ter anual, un plan xeral de explotación marisqueira, que conterá os plans de explotación para as autorizacións marisqueiras, e as normas e plans de explotación para as zonas de libre marisqueo.

Examinados os plans de extracción, remitidos polas entidades marisqueiras titulares de autorizacións, oídas as ditas entidades na elaboración das normas relativas a zonas de libre marisqueo e vistos os informes biolóxicos emitidos polos servicios técnicos desta consellería, e de conformidade co disposto no citado decreto regulador,

DISPOÑO:

Artigo 1.-Autorizacións marisqueiras.

1.-De acordo co previsto no artigo 3º do Decreto 423/1993, para o ano 1995, apróbanse os seguintes días máximos e épocas probables de extracción relativas ás zonas en réxime de autorización administrativa que a continuación se relacionan.

Confraría de Baiona:

Días máximos de extracción: desde embarcación: 110, a pé: 80 e para a cadelucha: 50.

Puntos de control: rampla de Ruíz (A Foz), praia Ladeira e América, Sta. Marta, lonxa de Baiona.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de xullo ó 29 de decembro.

Confraría do Grove:

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control: Loraña, As Vías, Rons e Castrelo.

Puntos de venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de xullo ó 29 de decembro.

Confraría de Vilanova:

Días máximos de extracción: desde embarcación: 169, a pé: 100.

Puntos de control e venda: Castelete e lonxa de Vilanova.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de xuño ó 29 de decembro.

Confraría da Illa de Arousa:

Días máximos de extracción: desde embarcación: 196, a pé: 175.

Puntos de control: O Vao, Con Cerrado, Camaxe, Xastelas, Areoso e Aguillón.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa.

Épocas probables de extracción: desde embarcación: de xaneiro ó 30 de maio, de xullo ó 31 de agosto e de outubro ó 29 de decembro. A pé: de xaneiro ó 28 de abril, de xullo ó 31 de agosto e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Vilaxoán:

Días máximos de extracción: 103.

Puntos de control: zona de Cavadelo.

Puntos de venda: lonxa de Vilaxoán.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de xuño ó 29 de decembro.

Confraría de Carril:

Días máximos de extracción: 66.

Puntos de control e venda: rampla do Porto.

Épocas probables de extracción: 2-13 de xaneiro, do 17 de xullo ó 15 de setembro e decembro.

Confraría de Rianxo:

Días máximos de extracción: 186

Puntos de control: peirao de Leiro, praia da Torre, lonxa de Rianxo e peirao de Bodión.

Puntos de venda: lonxa de Rianxo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de xuño ó 29 de decembro-

Confraría de Cabo de Cruz:

Días máximos de extracción: 182.

Puntos de control e venda: Barraña, Retorta, Ladeira do Chazo e Mañóns.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo, de xuño ó 29 de setembro e de novembro ó 29 de decembro.

Confraría da Pobra do Caramiñal:

Días máximos de extracción: 189.

Puntos de control: Areal e Pozo.

Puntos de venda: lonxa municipal da Pobra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e do 19 de xuño ó 29 de decembro.

Confraría de Palmeira:

Días máximos de extracción: 180

Puntos de control: Camallón, Cambra, Insuela.

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de febreiro e de xuño ó 29 de decembro.

Confraría de Ribeira:

Días máximos de extracción: 156.

Puntos de control: Coroso, Insua, Eguas, Touro, Eiro e Castiñeiras.

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de setembro ó 29 de decembro.

Confraría de Aguiño:

Días máximos de extracción: 180.

Puntos de control: Sálvora, Vionta, Noro, praia Carreira, Rabuda e porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de febreiro e de xuño ó 29 de decembro.

Sociedade Cooperativa Rías de Arousa:

Días máximos de extracción: 197.

Puntos de control: Fontela e Portomouro.

Puntos de venda: Portomouro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de xullo ó 29 de decembro.

Confraría de Noia:

Días máximos de extracción: 179.

Puntos de control: O Freixo, Broña, Picouso, Boa, Testal, Tabuleiro, S. Cosme e A Barquiña.

Puntos de venda: lonxas do Testal e O Freixo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de maio e de setembro ó 29 de decembro.

Confraría de Muros:

Días máximos de extracción: 183.

Puntos de control: praia da Virxe e Abilleira (Anido e Matadeiro).

Puntos de venda: fábrica de xelo, Abilleira e Anido.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de xullo ó 29 de decembro.

Confraría de Camariñas:

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: A Paxariña, Monte da Miña e lonxa.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de febreiro e de xullo ó 29 de decembro.

Agrupación de Mariscadores do Río Anllóns:

Días máximos de extracción: 100.

Punios de control e venda: Pedras de Cambón.

Épocas probables de extracción: de abril ó 29 de decembro.

Confraría da Coruña:

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control e venda: lonxa da Ría do Burgo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de xullo ó 29 de decembro.

Confraría de Pontedeume:

Días máximos de extracción: 77.

Puntos de control e venda: lonxa de Pontedeume.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de febreiro e de novembro ó 29 de decembro.

Confraría de Miño:

Días máximos de extracción: 88.

Puntos de control: baixo a ponte do Pedrido, praia e porto de Miño.

Puntos de venda: ponte do Pedrido e praia de Miño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de febreiro e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Ares:

Días máximos de extracción: 50.

Puntos de control e venda: Confraría de Pescadores de Ares.

Épocas probables de extracción: de agosto ó 29 de decembro.

Confraría de Mugardos:

Días máximos de extracción: 92.

Puntos de control e venda: O Rato, Mugardos e A Barca.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 20 de abril e de xullo ó 29 de decembro.

Confraría de Barallobre:

Días máximos de extracción: desde embarcación: 189, a pé: 90.

Puntos de control: peiraos de Barallobre e Neda.

Puntos de venda: lonxa de Barallobre.

Épocas probables de extracción: desde embarcación: de xaneiro ó 31 de marzo e do 19 de xuño ó 29 de decembro. A pé: de xaneiro ó 31 de marzo e do 10 de xullo ó 22 de decembro.

Confraría de Ferrol:

Días máximos de extracción: desde embarcación: 189, a pé: 89.

Puntos de control e venda: peirao de Ferrol, lonxa da Gándara, lonxa da Malata.

Épocas probables de extracción: desde embarcación: de xaneiro ó 31 de marzo e de 19 de xuño ó 29 de decembro. A pé: de xaneiro ó 11 de abril e de 7 de agosto ó 29 de decembro.

Confraría de Cedeira:

Días máximos de extracción: 34.

Puntos de control: O Cubilote e Alfunil.

Puntos de venda: lonxa de Cedeira.

Épocas probables de extracción: xaneiro, agosto e de novembro ó 29 de decembro.

Confraría de Cariño:

Días máximos de extracción: 57.

Puntos de control: Fornelos, Puntal e Punta Figueroa.

Puntos de venda: lonxa de Cariño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 23 de marzo, agosto e do 23 de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Espasante:

Días máximos de extracción: 68.

Puntos de control: Ortigueira, Cabalar, Ladrido e Lagarea.

Puntos de venda: lonxa de Ortigueira (peirao).

Épocas probables de extracción: de xaneiro a 31 de marzo, e de novembro ó 29 de decembro.

Confraría do Barqueiro:

Días máximos de extracción: 74.

Puntos de venda: lonxa do Barqueiro e Caseta de San Fiz.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril, de xullo ó 31 de agosto e de novembro ó 29 de decembro.

Confraría do Vicedo:

Días máximos de extracción: 73.

Puntos de control: caseta de Arealonga e caseta das Negradas.

Puntos de venda: caseta de Arealonga, caseta das Negradas e lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

2.-En todo caso, as especies obxecto de explotación serán exclusivamente aquelas para as que se outorgou a habilitación administrativa.

3.-Non obstante o disposto no punto 1 do presente artigo e de acordo co artigo 4.2 do Decreto 423/1993, correspóndelles ós delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura autoriza-la apertura e peche da extracción de marisco nas autorizacións marisqueiras. Por iso as entidades titulares solicitarán autorización, polo menos quince días antes da data prevista para o efecto, no plan de explotación.

Artigo 2.-Zonas de libre marisqueo.

1.-De acordo co previsto no artigo 5º do Decreto 423/1993, autorízase, como norma xeral, a extracción de moluscos nas zonas de libre marisqueo, non suxeitas a plan específico desde o 2 de xaneiro ó 31 de marzo e desde o 2 de outubro ata o 29 de decembro.

Non obstante, o disposto no parágrafo anterior, exceptúanse as seguintes zonas:

-Ría de Vigo: na zona denominada Lousal a vieira poderá extraerse exclusivamente do 11 ó 29 de decembro.

-No esteiro do río Anllóns só se permite a extracción de moluscos durante 100 días desde o 6 de abril ó 22 de decembro, de acordo co calendario presentado pola agrupación de mariscadores para a zona de autorización.

-Ría de Corcubión: prohíbese a extracción de vieira durante todo o ano.

-Ría de Ares-Betanzos: permítese a extracción de vieira ós días 2, 3 e 4 de xaneiro e do 19 ó 29 de decembro exclusivamente.

-Ría de Cedeira: permítese a extracción de cadelucha durante 90 días entre os meses de xaneiro ó 11 de abril e de selembro ó 29 de decembro cun tope de 4,5 kg mariscador/día.

-Ría de Viveiro: autorízase a extracción de cadelucha:

-Na praia da Brela: os días 2 e 3 de xaneiro, 1 de febreiro e 30 de marzo.

-Na praia de Area: 17 de marzo.

-Na praia de Covas: os días 16 e 17 de febreiro e os días 21 e 22 de decembro.

2.-Prohíbese durante todo o ano a extracción de mexillón silvestre, en todo o litoral galega, salvo resolución expresa da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

3.-As cotas de capturas para as zonas de libre marisqueo serán:

Marisqueo a flote: vieira: 15 ducias/tripulante/día.

A. fina: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 kg por embarcación.

A. babosa: 10 kg/tripulante/día cun máximo de 30 kg por embarcación.

Cornicha: 40 kg/tripulante/día cun máximo de 120 kg por embarcación.

Outros moluscos: 30 kg.

Marisqueo a pé: a. fina 5 kg/mariscador/día.

Cadelucha: 4 kg/mariscador/día.

A. babosa: 8 kg/mariscador/día

Outros moluscos: 15 kg/mariscador/día.

As cotas máximas de captura poderán ser aumentadas ou diminuídas pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, dependendo do estado do recurso.

3. As entidades marisqueiras que non presentaron plan de explotación ou aquelas que téndoo presentado non fose aprobado, ateranse o disposto para as zonas de libre marisqueo.

Artigo 3.-Plans específicos en zonas de libre marisqueo.

De acordo co establecido no artigo 6º do Decreto 423/1993, apróbanse os plans de explotación para o ano 1995, relativos ás zonas de libre marisqueo, presentados polas seguintes entidades marisqueiras que a continuación se relacionan e coas condicións que para cada unha delas se indican:

Plan de ameixa rubia da Confraría de Cangas:

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: no mar, nas zonas de extracción cunha lancha da confraría.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: do 17 de xullo ó 29 de decembro.

Plan de ameixa rubia da Confraría de Bueu.

Arte: endeño remolcado.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control e venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: xaneiro e do 17 de xullo ó 29 de decembro e de novembro ó 29 de decembro.

Confrarías de Redondela, Arcade e Moaña. Organización de productores e cultivadores de marisco «Ría de Vigo» (O.P.P. 38).

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: desde embarcación: 120, a pé: 150.

Puntos de control: Xunqueira, Tirán, Domaio, Baiona, Cunchido, Bouzas, Illa de Toralla, Punta Rodeira e Illa dos Ratos.

Puntos de venda: lonxas de Meira, Sta. Cristina de Cobres, Arcade, Cesantes, Canido, Cangas e Baiona, zona de Portela e Punla do Cabo.

Épocas probables de extracción: desde embarcación: de xaneiro ó 31 de marzo e do 3 de xullo ó 29 dedecembro. A pé: de xaneiro ó 31 de marzo e de xuño ó 29 de decembro.

Para a vieira as épocas de extracción coincidirán co establecido no artigo 2º da presente orde.

Plan conxunto das confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 105.

Puntos de control e venda: Placeres, Cabeceira, praia de Lourido, A Reiboá e praia de Padrón.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de marzo, e de xullo ó 29 de decembro.

Plan conxunto das confrarías da Illa e Cambados. Plan do Bohido.

Arte a utilizar: raño.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control e venda: especificaranse na resolución de apertura,

Épocas probables de extracción: abril e maio.

Plan de ameixa rubia da Confraría de Corcubión:

Arte a utilizar: endeño remolcado.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 42.

Puntos de control e venda: cárcere de Corcubión no peirao e lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: do 2 de maio ó 30 de xuño.

Plan de ameixa fina e outros moluscos da Confraría de Foz:

Zona de traballo: ría de Foz

Días máximos de extracción: 70.

Puntos de control e venda: lonxa de Foz.

Épocas probables de extracción: de febreiro a maio e de outubro ó 29 de decembro.

Plan de ameixa babosa da Confraría do Vicedo:

Zona de traballo: porto do Vicedo.

Días máximos de extracción: 18.

Épocas probables de extracción: xullo e agosto.

Plan de ameixa fina e babosa da Confraría do Vicedo:

Zona de traballo: canle do río Sor.

Días máximos de extracción: 45.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, abril, e de novembro ó 29 de decembro.

Artigo 4.-Cefalópodos.

De acordo co previsio no artigo 9º do Decreto 423/1993, autorízase a extracción de moluscos cefalópodos no ámbito territorial da costa galega, cos seguintes requisitos:

1.-A captura da lura (Loligo vulgaris), e especies afíns, coa arte denominada boliche, poderá ser autorizada polos delegados territoriais da consellería, a través de plans específicos presentados, polas entidades marisqueiras, durante os meses de xullo a setembro, e sempre de acordo co previsto no Decreto 262/1991, do 12 de xullo, polo que se aproba o regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia. Así mesmo elaborarase un censo de embarcacións autorizadas, e para acceder a el será requisito imprescindible ter traballado con esta modalidade en anos anteriores, así como ter remitido os ditos anos os partes mensuais de capturas á consellería.

2.-A extracción do polbo virá regulada por unha orde específica.

Artigo 5.-Poderase autorizar polos delegados territoriais da consellería o uso do bou de vara e bou de man desde o 2 de xaneiro ó 31 de marzo e desde o 6 de novembro ó 29 de decembro e sempre de acordo co previsto no Decreto 424/1993, do 17 de decembro, e previa presentación do correspondente plan específico e elaboración do censo de embarcacións autorizadas. Para acceder ó censo será requisito imprescindible ter traballado con esta modalidade en anos anteriores, así como remitir nos ditos anos os partes mensuais da captura á consellería.

Artigo 6.-Percebe.

De acordo co establecido no artigo 13º do Decreto 423/1993 apróbanse os seguintes plans de explotación do percebe (Pollicipes cornucopia), coas condicións que se indican:

Confraría da Garda:

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: Tío Rincho, Agoeira, Horizonte e lonxa da Garda.

Puntos de venda: lonxa da Garda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de decembro.

Confraría de Baiona:

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: rampla de Ruíz (A Foz), praias Ladeira e América, Sta. Marta, lonxa de Baiona, Barredo (Purrido), porto de Mougás.

Puntos de venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de decembro.

Confraría de Cangas:

Días máximos de extracción: 244.

Puntos de control: desde embarcación, nas inmediacións da zona de extracción.

Punto de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de decembro.

Confraría de Bueu:

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control: no mar, nas inmediacións da zona de extracción.

Puntos de venda: lonxa de Bueu.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de decembro.

Confraría do Grove:

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de decembro.

Confraría de Ribeira:

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control: Vicouso, Sálvora, Pta. Falcoeiro, porto de Aguiño e porto de Ribeira.

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de maio, agosto e de novembro ó 29 de decembro.

Confraría de Carreira-Aguiño:

Días máximos de extracción: 122.

Puntos de control: Vicouso, Sálvora, Falcoeiro, cabo Corrubedo e porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de maio, agosto e de novembro ó 29 de decembro.

Confraría de Corme:

Días máximos de extracción: 120.

Punto de control: lugares de acceso ás zonas.

Puntos de venda: lonxa de Corme.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de xullo ó 29 de decembro.

Confraría de Fisterra:

Días máximos de extracción: 189.

Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: do 15 de marzo ó 29 de decembro.

Confraría de Malpica:

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control: lancha de vixilancia «Illas Sisargas».

Punto de venda: lonxa de Malpica.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril, xullo ó 31 de agosto e do 2 de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Caión:

Días máximos de extracción: 160.

Puntos de control e venda: lonxa de Caión.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ata o 15 de maio e do 15 de xullo ó 29 de decembro.

Confrarías da zona VII:

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control e venda: lonxas de Cedeira e Ferrol.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 15 de maio e do 15 de xullo ó 29 de decembro.

Confrarías da zona VIII:

Días máximos de extracción: 126.

Puntos de control: peiraos, lonxas e rías de Espasante, Cariño, Cedeira, Ferrol e O Barqueiro.

Puntos de venda: lonxas das confrarías de Cedeira, Cariño e Ferrol.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de decembro.

Confraría do Vicedo:

Días máximos de extracción: 81.

Puntos de control e venda: lonxa do Vicedo.

Épocas probables de extracción: de marzo ó 31 de agosto e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Celeiro:

Días máximos de extracción: 100.

Puntos de control: Confraría de Pescadores de Celeiro.

Puntos de venda: lonxa de Celeiro.

Épocas probables de extracción: todo o ano, alternando de 2 en 2 meses cada unha das 3 zonas.

Confraría de San Cibrao:

Días máximos de extracción: 110.

Puntos de control e venda: lonxa de San Cibrao

Épocas probables de extracción: todo o ano, alternando cada unha das tres zonas.

Confrarías de Ribadeo e Rinlo.

Días máximos de extracción: 40.

Puntos de control e venda: lonxas de Ribadeo e Rinlo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, marzo e abril, xuño, xullo e de outubro ó 29 de decembro.

Artigo 7.-Outros crustáceos.

1. De acordo co establecido no artigo 14º do Decreto 423/1993, os períodos autorizados en 1995 para a captura doutras especies de crustáceos establécense como segue:

Nécora (Necora puber): do 3 ó 7 de xaneiro e do 3 de xullo ó 29 de decembro.

Lumbrigante (Homarus gammarus): do 3 de xullo ó 31 de agosto.

Santiaguiño (Scyllarus arctus): do 3 de xullo ó 31 de xullo.

Lagosta (Palinurus elephas): do 3 de xullo ó 31 de agosto.

Cangrexo (Carcinus maenas): todo o ano.

Conguito (Macropipus corrugatus) e patulate (Macropipus depurator) desde o 2 de xaneiro ata o 30 de marzo e do 3 de xullo ó 29 de decembro.

Centola (Maia squinado) e boi (Cancer pagurus): establécense dúas zonas:

ZONA A

Desde A Garda ata cabo Corrubedo: permítese a extracción desde o 2 de xaneiro ó 30 de xuño, e do 11 de decembro ata o 29 de decembro.

ZONA B

Desde cabo Corrubedo ata a desembocadura do río Eo: permítese a extracción desde o 2 de xaneiro ó 30 de xuño, e do 11 de decembro ata o 29 de decembro. Nas zonas sinaladas no anexo, soamente se poderá extraer desde o 1 de febreiro ata o 30 de xuño.

2.-Só poderán faenar coa nasa de nécora as embarcións autorizadas expresamente pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Artigo 8.-Equinodermos.

Confraría da Garda:

Zonas de extracción: delimitaranse na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 70.

Puntos de control: subida a Pedornes, peirao do porto de Sta. María de Oia, Tio Rincho, Esplanada Horizonte e Ribel.

Puntos de venda: lonxa da Garda,

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Baiona:

Días máximos de extracción: 118.

Puntos de venda: lonxa de Baiona,

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Vigo:

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro,

Confraría de Cangas:

Días máximos de extracción: 84.

Puntos de control: no mar, nas inmediacións das zonas de extracción.

Puntos de venda: lonxa da Confraría de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Portonovo:

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de control e venda: lonxa de Portonovo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría do Grove.

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de venda: lonxa da Confraría do Grove.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Carreira-Aguiño:

Días máximos de extracción: 94.

Puntos de control: Sogres, Sálvora e porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de febreiro e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Muros:

Días máximos de extracción: 96.

Puntos de control e venda: fábrica de xelo.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de febreiro e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Fisterra:

Días máximos de extracción: 117.

Puntos de control: praia de Langosteira.

Puntos de venda: lonxa municipal de Fisterra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de novembro ó 29 de decembro.

Confraría de Muxía:

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de venda: lonxa de Muxía.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Camariñas:

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Camelle:

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de control e venda: lonxa de Camelle.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría da Coruña:

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de venda: lonxa da Coruña.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Barallobre:

Días máximos de extracción: 115.

Puntos de control: peiraos de Barallobre e Neda.

Puntos de venda: lonxas de Barallobre e Neda.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Espasante:

Días máximos de extracción: 94.

Puntos de control: peirao de Espasante.

Puntos de venda: lonxa de Espasante.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e decembro.

Zona VIII (Ferrol, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro).

Días máximos de extracción: 134.

Puntos de control: pairaos, lonxas e rías de Ferrol, Cedeira, Cariño, Espasante e O Barqueiro.

Puntos de venda: lonxas de Cedeira, Cariño, Espasante e Ferrol.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de outubro ó 29 de decembro.

Confraría de Celeiro:

Días máximos de extracción: 75.

Puntos de control e venda: lonxa de Celeiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e decembro.

Confraría de San Cibrao:

Días máximos de extracción: 42.

Puntos de control e venda: lonxa de San Cibrao.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril.

Artigo 9.-Navalla e longueirón.

Plan de navalla da Confraría de Vigo:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 130.

Puntos de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: de xuño ó 29 de decembro.

Plan de navalla e longueirón da Confraría de Cangas:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 192.

Puntos de venda: lonxa de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 29 de decembro.

Plan de navalla e longueirón da Confraría de Portonovo:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 76.

Puntos de venda: lonxa de Portonovo.

Épocas probables de extracción: xaneiro, de xullo ó 29 de setembro e decembro.

Plan de navalla e longueirón das Confrarías de Carril e O Grove.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 192.

Puntos de venda: lonxas do Grove e Carril.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 15 de abril e do 19 de xuño ó 29 de decembro.

Plan de navalla da Confraría de Ribeira:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 46.

Puntos de control: Coroso (zona do río Grande).

Puntos de venda: lonxa de Ribeira.

Épocas probables de extracción: de xullo ó 8 de setembro.

Plan de navalla da Confraría de Muros:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

D;as máximos de extracción: 180.

Puntos de control: Abilleira e Virxe do Camiño.

Puntos de venda: fábrica de xelo, Abilleira e Anido.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e de xullo ó 29 de decembro.

Plan de longueirón da Confraría de Fisterra:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 197.

Puntos de control: praia Langosteira.

Puntos de venda: lonxa municipal de Fisterra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de xullo ó 29 de decembro.

Plan de navalla da Confraría de Camariñas:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 90.

Puntos de control e venda: lonxa de Camariñas.

Épocas probables de extracción: de abril ó 29 de setembro.

Plan de navalla da Confraría de Espasante:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 11.

Puntos de control: Ortigueira, Cabalar, Ladrido e Lagarea.

Puntos de venda: lonxa de Ortigueira.

Épocas probables de extracción: do 12 de xullo ó 30 de agosto.

Plan de navalla da Confraría do Barqueiro:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 49.

Puntos de control e venda: lonxa do Barqueiro.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e do 9 de outubro ó 24 de novembro.

Plan de navalla da Confraría de Muxía:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 192.

Puntos de control e venda: lonxa de Muxía.

Época probable de extracción: de xaneiro ó 31 de marzo e do 15 de xuño ó 12 de decembro.

Plan de navalla de Cariño:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 29.

Puntos de control: Fornelos, Puntal e Pta. Figueiroa.

Puntos de venda: lonxa de Cariño.

Épocas probables de extracción: de marzo ó 28 de abril, xuño e agosto.

Artigo 10º-Orella de mar (Haliotis tuberculata).

Plan de orella de mar da Confraría de Baiona

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 120.

Puntos de control e venda: lonxa de Baiona.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 16 de xuño e do 18 de setembro ó 29 de decembro.

Plan de orella de mar da Confraría de Vigo:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 83.

Puntos de venda: lonxa de Canido.

Épocas probables de extracción: de xuño ó 29 de setembro.

Plan de orella de mar da Confraría de Cangas:

Artes: rasquetas e coitelos.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 200.

Puntos de venda: lonxa da Confraría de Cangas.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 30 de xuño e de setembro ó 29 de decembro.

Plan de orella de mar da Confraría de Portonovo:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 46.

Puntos de venda: lonxa de Portonovo.

Épocas probables de extracción: de outubro ó 29 de decembro.

Plan de orella de mar da Confraría do Grove:

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 97.

Puntos de venda: lonxa do Grove.

Épocas probables de extracción: de abril ó 16 de xuño e do 18 de setembro ó 29 de decembro.

Plan de orella de mar da Confraría da Illa de Arousa:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura

Días máximos de extracción: 101.

Puntos de control: Aguillón, O Vao, Con Cerrado, Camaxe, Xastelas e Areoso.

Puntos de venda: lonxa da Illa de Arousa e OPP.20.

Épocas probables de extracción: do 4 de abril ó 14 de xullo e do 12 de setembro ó 27 de outubro.

Plan de orella de mar da Confraría de Carril:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura,

Días máximos de extracción: 109.

Puntos de contro1 e venda: Confraría de Carril.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 16 de xuño e do 18 de setembro ó 29 de decembro.

Plan de orella de mar da Confraría de Carreira-Aguiño:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 62.

Puntos de control: Sagres, Sálvora, Laño e porto de Aguiño.

Puntos de venda: lonxa de Aguiño.

Épocas probables de extracción: xaneiro, febreiro, xuño e setembro.

Plan de orella de mar da Confraría de Fisterra:

Forma de extracción: mergullo a pulmón.

Zona de traballo: delimitarase na resolución de apertura.

Días máximos de extracción: 117.

Puntos de control e venda: lonxa de Fisterra.

Épocas probables de extracción: de xaneiro ó 28 de abril e de novembro ó 29 de decembro.

Artigo 11º-Algas.

Segundo o disposto no artigo 16º do citado decreto, apróbanse os plans de extracción presentados polas empresas:

Conservas e ahumados, Lou, S.L.

CEAMSA

Algas mariñas.

Confraría de Vigo.

As datas de extracción do 1 de maio ó 31 de outubro.

Disposición transitoria

Non se recoñecerán como válidas aquelas autorizacións emitidas polas propias entidades marisqueiras.

Disposicións derradeiras

Primeira: os plans de explotación presentados polas entidades marisqueiras que serviron de base para a presente orde estarán dispoñibles nos servicios centrais, delegacións territoriais e delegacións comarcais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como na sede das entidades responsables dos mesmos.

Segunda: autorízase o director xeral de Marisqueo e Acuicultura para o desenvolvemento da presente orde, que entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO

Ría do Barqueiro: dentro da liño imaxinaria trazada entre punta Cova Baixa e punta do Santo.

Ría de Viveiro: zona interna da liño imaxinaria trazada entre punta do Cabalo a punta Moragón.

San Cibrao: dentro da liña imaxinaria formada por punta Rompeondas do peirao norte de Alúmina e punta oeste do illote A. Anxuela.

Burela: dentro da liña imaxinaria trazada entre punta de Cabo Burela a faro Pedra e de faro Pedra a punta Areoura.

Nois: demora NE punta Nois a demora NE no extremo oeste da praia de Arealonga.

Foz: entre as demoras N e NE de Portovello en fondos inferiores a sete brazas.

Gahito: demora N punta Promontorio a N illa Moledo, en fondos inferiores a sete brazas.

Rinlo: demora N punta Corbeira/N punta Leixón, en fondos inferiores a sete brazas.

Ribadeo: demora N punta Piñeira/N illote Corva en fondos inferiores a sete brazas.

Enseada de Santa Marta ou de Cariño: a zona comprendida entre punta Espasante e punta O Seixo.

Cedeira: a zona comprendida entre punta Castrelo e punta de Sarridal.