Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 21

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de decembro de 1994, pola que se procede á execución da sentencia na causa número 97/1987, remitida polo Xulgado de Instrucción número tres de Pontevedra, sobre adxudicación dos bens da sociedade de gananciais de Maximino Rouco Curro e Enma Paredes Pequeño.

En virtude do disposto na sentencia firme da Audiencia Provincial de Pontevedra, recaída na causa baixo o número 97/1987, procedente do Xulgado de Instrucción número tres de Pontevedra, que con data 17 de outubro de 1991, acorda deixar sen efecto a concesión das bateas «B. G. nº 2», «B. G. nº 3» e «B. G. nº 4», que se atopan a nome de Miguel Ángel Rosales González, restituíndo a concesión a nome de Maximino Rouco Curro, por se ter declarado na referida sentencia a nulidade das escrituras de venda das citadas bateas, e que este último cedera ó anterior en vendas declaradas nulas, así como a partición xudicial dos bens da sociedade de gananciais dos esposos Maximino Rouco Curro e Enma Paredes Pequeño, protocolizada ante o notario Rafael Sanmartín Losada o 6-5-1987, co número 891 do seu protocolo.

Polo tanto, de acordo coa citada sentencia e partición xudicial dos bens da sociedade de gananciais se adxudica a cada cónxuxe, en propiedade exclusiva das seguintes bateas:

A Maximino Rouco Curro: «B.G. nº 3» e «B.G. nº 4».

A Enma Paredes Pequeño: «B.G. nº 2».

En conclusión, as bases de revisión e acordo de reordenación do distrito marítimo de Redondela deberanse modificar na forma antes reseñada, para os efectos de que aquelas coincidan coa actual situación xurídica.

O que lle comunico a vostede para o seu coñecemento e efectos.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1994.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura