Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 17

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0005511/1994, interposto por Edicións Laiovento, S.L.

Ponse en xeral coñecemento que con esta data se lle remite ó presidente da sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por ela en relación co recurso contencioso-administrativo, interposto por Edicións Laiovento, S.L., contra acordo da Consellería de Cultura de data 15-9-1994, sobre denegación da solicitude de subvención para apela-la edición do libro en galego, co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1994.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura