Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 17

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo númeno 02/0005457/1994, interposto por Sobresga, S.L.

Ponse en xeral coñecemento que con esta data se lle remite ó presidente da sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por ela en relación co recurso contencioso-administrativo, interposto por Sobresga, S.L., contra acordo da Consellería de Cultura de data 15-7-1994, desestimatorio de recurso de alzada contra outro da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental de data 19-4-1994, sobre construcción dun edificio co contorno da igrexa de Santa María de Cambre, co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal no prazo de nove días cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1994.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura