Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 15

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 13 de decembro de 1994 sobre axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios no exercicio de 1995.

De acordo coa Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e o seu regulamento aprobado polo R d. 2.329/1979, do 14 de setembro, e a Lei 50/1980, do 8 de outubro, de contrato de seguros, o Decreto 254/1992, do 10 de setembro e o Decreto 208/1994, do 30 de xuño, que modifica

o anterior, establece na Comunidade Autónoma de Galicia axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios. Co obxecto de realiza-la correspondente imputación económica para levar a cabo as actuacións previstas no mencionado decreto para o exercicio de 1995, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-

O financiamento das axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios que regula o Decreto 254/1992, do 10 de setembro, e o 208/1994, do 30 de xuño, realizarase, para o exercicio de 1995, con cargo ó concepto orzamentario 09.03.614-A.773, de apoio á eficacia dos sistemas productivos, do proxecto de orzamentos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para 1995, dotado con 25.000.000 de pesetas para este programa.

As solicitudes formuladas ó amparo da Orde do 12 de abril de 1994 para o fomento da contratación de seguros agrarios ás que non lles foi concedida a subvención solicitada serán tidas en conta na presente convocatoria, salvo indicación do interesado en sentido contrario dirixida ó director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias. A tramitación dos expedientes será desde o trámite no que se atopaba ó remate do exercicio anterior.

A aprobación definitiva das axudas está condicionada á aprobación dos orzamentos da Comunidade Autónoma para 1995, de conformidade coa Orde do 2 de xuño de 1986, de tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Artigo segundo.-

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 254/1992, do 10 de setembro, e no 208/1994, do 30 de xuño, a presentación de solicitudes realizarase en impreso normalizado, segundo o modelo do anexo I; e deberá efectuarse nun prazo máximo de dez días hábiles a partir da data de subscrición da póliza e presentaranse nas oficinas comarcais do Servicio de Extensión Agraria ou nos servicios provinciais de axudas estructurais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-

Facúltase o director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias a dictar cantas disposicións considere necesarias no desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 1994.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

CONSELLERÍA DE CULTURA,