Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 12

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 3.933 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Sáenz Díez, 45, Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Labrada no concello de Guitiriz, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión, 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos cunha lonxitude de 1.723 metros. Centro de transformación, intemperie, 50 kVA 20/24 kV, 380/220 V. Redes de baixa tensión, de 2.274 metros de lonxitude e conductores R7-95-RZ-3 x 25/544.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 15 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo