Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 12

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se declara de ultilidade pública a instalación eléctrica que se cita (Expediente A.T. 61/1994).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial a petición da Sociedade Electricista de Tui con domicilio en Tui no que se solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e de acordo co disposto no Real decreto 2.634/1980, sobre transferencia de competencias da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de Industria,

Esta delegación provincial resolveu autorizar a Sociedad Electricista de Tui a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

L.M.T., aérea, de 820 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 de aluminio-aceiro, desde a L.M.T. de Ponte ó C.T. de Areas ata o C.T. que se proxecta en Gaios-Ares, concello de Tui. Un C.T. de 50 kVA, relación de transformación 10/20 kV-220/380 V.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza, para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación

do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo VI do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Pontevedra, 24 de outubro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra