Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 12

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1994, da Dirección Xeral de Industria, pola que se outorga a concesión de explotación Estrella nº 2.489.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que, por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia de data 24-6-94, se outorgou a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Estrella nº 2.489 de catro cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental que se sitúa no termo municipal de Campo Lameiro da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 1 de setembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra