Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 11

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 2.338/1994, interposto por Xosé Manuel Iglesias Iglesias.

O día 20 de decembro de 1994 a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o expediente administrativo correspondente ó recurso contencioso-administrativo número 2.338/1994, interposto por Xosé Manuel Iglesias Iglesias, contra Orde do 15 de outubro de 1994 (DOG do 26) pola que se publica concurso de traslados entre funcionarios do corpo de mestres e máis concretamente contra a base décimo segunda das normas comúns ás convocatorias.

En cumprimento do requirimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria