Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Sáenz Díez, 45, Ourense, en solicitude de autorización para instalar R.B.T. en Xullán e Mordeo, no concello de Bóveda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,
RESOLVEU:
Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de redes de baixa tensión, de 1.930 metros de lonxitude, con conductores 2x25; RZ-25-50-95.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 15 de novembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo