Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194-Bis Xoves, 7 de outubro de 2021 Páx. 49158

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 131/2021, do 7 de outubro, polo que se encarga o despacho da Consellería de Facenda e Administración Pública ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Con motivo do falecemento do conselleiro de Facenda e Administración Pública, resulta preciso encomendar o despacho desta consellería ata o nomeamento do titular.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confiren o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 12.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ata o nomeamento do titular da Consellería de Facenda e Administración Pública encárgaselle o despacho desta consellería ao vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Santiago de Compostela, sete de outubro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente