Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103-Bis Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21759

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 74/2020, do 29 de maio, polo que amplía o período de loito oficial en Galicia, declarado polo Decreto 65/2020, do 30 de abril, por mor dos pasamentos producidos como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19.

Mediante o Decreto 65/2020, do 30 de abril, e para manifestar o sentimento de solidariedade do pobo galego por mor dos pasamentos producidos como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19, o Goberno galego declarou o loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 1 de maio ata as 24.00 horas do día 31 de maio de 2020, preceptuando que durante eses días as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia ondearían a media hasta.

Posteriormente, o Consello de Ministros, mediante o Real decreto 538/2020, do 26 de maio, declarou en todo o Estado o loito oficial polos falecidos como consecuencia da pandemia COVID-19 desde as 00.00 horas do día 27 de maio de 2020 ata as 00.00 horas do día 6 de xuño de 2020.

Co fin de harmonizar ambos os períodos de loito, cómpre ampliar o declarado polo Decreto 65/2020, do 30 de abril, ata as 00.00 horas do día 6 de xuño de 2020.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de maio de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Amplíase a declaración de loito oficial en Galicia efectuada polo Decreto 65/2020, do 30 de abril, ata as 00.00 horas do día 6 de xuño de 2020.

2. Durante eses días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de maio de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza