DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53473

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 9 de setembro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 (DOG núm. 159, do 20 de agosto) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e de promoción interna na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición, pola quenda de acceso libre, terá lugar o día 19 de outubro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, nas aulas 1 e 9 e na sala de lectura da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2024

Ana P. Otero Ferreiro
Presidenta do tribunal