DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 4 de outubro de 2024 Páx. 53474

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG num. 167, do 4 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

DISPOÑO:

Excluír as seguintes persoas do proceso selectivo para o ingreso na categoría 14 del grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***0178**

Fraga Fidalgo, Alejandro

Libre

43

***3579**

Martíns Castro, Jacobo

Libre

43

***7275**

López Parada, Alberto Ramón

Libre

201

***5001**

Vaamonde Balado, Francisco Javier

Libre

201

Excluír as seguintes persoas do proceso selectivo para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***9259**

Otero Fariñas, Breogán

Libre

43

43

Desistencia da solicitude

201

Non cumpre o requisito da base I.2.5

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal