DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 3 de outubro de 2024 Páx. 53303

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na praza de persoal empregado investigador do Marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal, en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 2 de outubro de 2023.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal do proceso selectivo convocado pola Resolución do 2 de outubro de 2023 (Diario Oficial de Galicia do 11 de outubro, e no Boletín Oficial del Estado do 24 de novembro) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza de persoal empregado investigador no Marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar, como persoal laboral fixo na praza de persoal empregado investigador do Marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal, a persoa que superou o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante a Unidade de Administración do Campus Terra (Lugo), no prazo dun mes, que comezará a computar o día 15 de outubro de 2024.

No caso de que a persoa proposta se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán asinar o contrato durante esta situación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda de acceso libre.

PEI-persoal de apoio á investigación.

1

Villar López, María

***3705**

PEI0117

Técnica especialista de investigación (III.1)

Lugo