DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Xoves, 3 de outubro de 2024 Páx. 53301

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola que se fai público o baremo definitivo da fase de concurso dos postos que se indican.

No Diario Oficial de Galicia número 115, do 14 de xuño de 2024, publícase a Resolución do 7 de xuño de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola que se fai público o baremo provisional da fase de concurso dos postos que se relacionan no anexo da resolución.

Unha vez examinadas as reclamacións presentadas no prazo ante o tribunal, na súa sesión do día 25 de setembro de 2024, e en aplicación do establecido no punto III.3 das bases da convocatoria, o tribunal

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a baremación definitiva do concurso de méritos dos postos que se relacionan no anexo desta resolución, coa indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes que foron baremadas de acordo coas regras contidas no punto II.1.1 e no anexo III das bases da convocatoria.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da EPE Portos de Galicia https://portosdegalicia.gal, na epígrafe de transparencia e goberno aberto/convocatoria de procesos selectivos.

Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a Presidencia de Portos de Galicia nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024

Andrés Daniel Cervantes Refojos
Presidente do tribunal

ANEXO

Postos dos cales se publica o baremo definitivo

Denominación do posto

Grupo

Técnico en comunicación e relacións externas/grao ou licenciatura en xornalismo

I

Xefe de unidade/grao ou licenciatura en dereito

I

Enxeñeiro/a de camiños, canles e portos

I

Xefe/a da Zona Sur/enxeñeiro/a de camiños, canles e portos

I

Enxeñeiro/a técnico de topografía

II

Celador/a garda peiraos

III

Condutor/a-conserxe/bacharelato/FP2 ou equivalente

III

Administrativo/a

III

Delineante/técnico/a ou equivalente

III

Técnico/a en seguridade/bacharelato

III

Axudante topógrafo/FP2/técnico/a superior DPU e OT

III

Vixilante de obras/FP2

III

Auxiliar administrativo/ESO, técnico/a ou equivalente

IV