DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53157

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Larouco

ANUNCIO de provisión dunha praza de auxiliar de administrativo, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso de méritos, para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 292, do 23 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Unha praza de auxiliar administrativo, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense e na sede electrónica do Concello de Larouco.

Larouco, 25 de setembro de 2024

Patricia Lamela Rodríguez
Alcaldesa