DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 1 de outubro de 2024 Páx. 53156

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2024/U032/000001).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de xullo de 2024, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 10 do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (PXOM) para o cambio de cualificación urbanística dos equipamentos denominados «Pista deportiva de Gontade» e «EEI Gontade», segundo a documentación técnica redactada polo arquitecto municipal Alfredo Garrote Pazos.

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144 do Regulamento da dita lei, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por esta poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Conforme o previsto no artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación inicial da modificación puntual determina, por si mesmo, a suspensión das licenzas nos ámbitos en que as novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión terá un período máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva. As áreas corresponden ao ámbito da modificación puntual indicado nos planos e no resumo executivo.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na seguinte ligazón:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 3 de setembro de 2024

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde