DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51316

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontedeume

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de xestión adscrita á área de administración xeral e réxime interno, funcionario/a de carreira da escala da Administración xeral, subescala de xestión, grupo A2, nivel 24, polo sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia núm. 158, do 19 de agosto de 2024, publicáronse integramente as bases reguladoras para a cobertura en propiedade dunha praza de técnico/a de xestión do Concello de Pontedeume adscrita á área de administración xeral e réxime interno. Funcionario/a de carreira da escala da Administración xeral, subescala de xestión, grupo A2, nivel 24, polo sistema de oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria, cando procedan, publicaranse de acordo co previsto nas súas bases reguladoras.

Pontedeume, 29 de agosto de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía núm. 343/2023, do 21 de xuño)
José Simoes Couceiro
Concelleiro delegado de Persoal e Réxime Interior