DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 19 de setembro de 2024 Páx. 51317

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Rof Codina

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de farmacéutico/a.

Convócase un concurso público para a cobertura dunha praza de facultativo/a farmacéutico/a no Laboratorio de Análises Clínicas do Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, dependente da Fundación Rof Codina. As súas bases están dispoñibles na ligazón www.rofcodina.org. O prazo de entrega de solicitudes finaliza aos quince días naturais seguintes a partir da publicación deste anuncio.

Lugo, 12 de setembro de 2024

Javier Ferreira Fernández
Xerente da Fundación Pública Galega Rof Codina