DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 16 de setembro de 2024 Páx. 50784

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2024 pola que se resolve a convocatoria do concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024 (código de procedemento PR775A).

Mediante a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 4 de abril de 2024 aprobáronse as bases reguladoras e convocouse o concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024 (DOG núm. 72, do 12 de abril de 2024).

Segundo o disposto nas bases primeira e segunda da convocatoria, existen as seguintes categorías e premios:

Categorías

De 9 a 11 anos

De 12 a 14 anos

1º premio

250 euros

250 euros

2º premio

200 euros

200 euros

3º premio

150 euros

150 euros

Segundo as bases décima e décimo primeira da convocatoria, para a valoración dos textos constituirase un xurado que relacionará os textos presentados por orde de prelación tendo en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Calidade literaria: ata 14 puntos.

b) Orixinalidade: ata 14 puntos.

c) Valores culturais e que sustentan a democracia e os dereitos humanos, incluída a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato e a non discriminación, así como a prevención da violencia de xénero e o acoso escolar ou calquera outra manifestación de violencia: ata 10 puntos.

d) Coidado da lingua: ata 12 puntos.

Mediante la Resolución da Directora da EGAP do 5 de xuño de 2024, nomeouse o xurado do antedito premio. En vista dos criterios transcritos, o xurado relacionou os contos situados nos tres primeiros postos de cada unha das categorías.

En vista de todo o exposto,

RESOLVO:

Adxudicar os premios do concurso ás seguintes persoas:

Categoría A (idades comprendidas entre 9 e 11 anos).

1º premio de 250 euros para Nando Pino Puga por «Punto de partido».

2º premio de 200 euros para Leire Blanco Fernández por «Folga Xeral».

3º premio de 150 euros para Irene Santás Martínez por «Lúa quere ir á lúa».

Categoría B (idades comprendidas entre 12 e 14 anos).

1º premio de 250 euros para César Rodríguez Calviño por «O meu avó».

2º premio de 200 euros para Marina Espejo-Saavedra Liaño por «Os olvidados».

3º premio 150 euros para Iria Rojo Medina por «Memorias dunha nena de cidade».

Segundo o disposto no artigo 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e como tamén vén recollido no número 2 da base décimo segunda da convocatoria, as persoas beneficiarias, a través dos/das respectivos/as representantes legais, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, para a aceptación do premio mediante escrito dirixido á EGAP. Transcorrido este prazo sen manifestación expresa, o premio entenderase tacitamente aceptado.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Asemade, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes, no prazo de dous (2) meses contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2024

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Beatriz Simón Cuesta
Secretaria xeral da Escola Galega de Administración Pública