DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2024 Páx. 50557

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas VInnovate Galicia para fomentar a cooperación transnacional dos axentes do Sistema galego de I+D a través de proxectos de colaboración con outros axentes europeos ao abeiro da primeira convocatoria do Mecanismo Interrexional VInnovate cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN848G).

A Constitución española, no seu artigo 44.2 obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado. Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e da innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Esta lei, no capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade o fomento e a vertebración das políticas de I+D no sector público galego, e o apoio ás entidades que integran o ecosistema de I+D galego para incrementar a súa competitividade, a través da implementación e execución de estratexias e programas de I+D eficientes.

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo polo que se aproba a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma de Galicia para este período, así como o Plan galego de investigación e innovación 2022-2024 que concreta, desde un punto de vista operativo, este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D tres grandes retos da economía e da sociedade galega. Para darlles resposta, a estratexia, por unha banda, orienta as capacidades e os esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a tres prioridades temáticas transversais e, por outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de cinco obxectivos estratéxicos, arredor dos cales articula os instrumentos e as actuacións que se van desenvolver integrados nos correspondentes programas. Esta convocatoria VInnovate Galicia está aliñada cos tres retos e as tres prioridades da RIS3 2021-2027 de Galicia e intégrase no obxectivo estratéxico 5, que se articula a través do programa Posiciona. Este obxectivo impulsa a Marca Galicia como activo para a I+D, para posicionar Galicia en Europa e no mundo en xeral, sendo un dos seus desafíos o de incrementar a participación galega en redes, consorcios e programas a nivel nacional, europeo e internacional. En liña con este obxectivo, a Axencia Galega de Innovación forma parte da rede europea Vanguard Initiative, composta por 38 rexións co obxectivo común de estimular a I+D relacionada coas cadeas de valor de maior interese para estas rexións, e aliñadas coas súas respectivas RIS3. A Vanguard Initiative vén de poñer en marcha o pioneiro mecanismo interrexional VInnovate. VInnovate é un instrumento conxunto de financiamento que facilita a creación de consorcios, entre os axentes dos ecosistemas das rexións europeas da Vanguard participantes neste novo mecanismo, para impulsar a xeración de proxectos estratéxicos interrexionais. A través de VInnovate facilítanse os recursos para o financiamento e a execución destes proxectos a través das achegas das distintas administracións rexionais participantes, financiando cada unha os seus axentes.

Para a posta en marcha da primeira convocatoria deste novo mecanismo, as rexións europeas participantes asinaron o Memorandum of Understanding (MoU), a través do cal se asignan os recursos necesarios para súa xestión. No seguinte enlace pode acadarse máis información sobre esta primeira convocatoria:

https://www.s3vanguardinitiative.eu/multipurpose-page/call-2024

A participación galega nesta convocatoria articúlase través da presente convocatoria VInnovate Galicia, pola que se financian os axentes galegos que participan nos proxectos interrexionais seleccionados. Esta convocatoria está aliñada co programa Posiciona, antes mencionado, xa que este ten por obxectivo sentar as bases que impulsen unha maior colaboración e presenza nacional, europea e internacional dos axentes do sistema galego de I+D+i.

A estas bases reguladoras aplícaselles o principio de «non causar un prexuízo significativo» (DNSH, polas súas siglas en inglés), isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación ao cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, transición cara a unha economía circular, prevención e control da contaminación e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustarase, no caso de empresas, ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión. As axudas previstas nesta resolución que se concedan a organismos de investigación para actividades non económicas non terán a consideración de axudas de Estado.

Consecuentemente con todo o anterior, a Dirección da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da convocatoria VInnovate Galicia (código de procedemento IN848G). A través dela articúlase o financiamento dos axentes galegos participantes na primeira convocatoria do Mecanismo Interrexional VInnovate de acordo co establecido no anexo II de definicións.

2. Estas axudas teñen como obxectivo potenciar unha maior colaboración e presenza europea e internacional dos axentes do Sistema galego de I+D+i, promovendo a realización de proxectos colaborativos interrexionais de I+D. A participación nestes proxectos internacionais estratéxicos contribúe ao impulso e á consolidación da Marca Galicia, definida no marco da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027.

3. Así mesmo, mediante esta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2024, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

4. As axudas concedidas no marco desta resolución axustaranse, no caso de empresas, ao disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión. Para estes efectos, deberá entenderse por empresa a definición recollida no anexo II desta resolución, é dicir, toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica dirixida ao mercado ou a unha venda de produtos ou servizos a un prezo dado.

No caso de organismos de investigación, de acordo co disposto no artigo 2.1.2 do Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01), non se aplicará o establecido no artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea e, polo tanto, non terán a consideración de axudas de Estado as axudas previstas nesta resolución que se lles concedan para actividades non económicas (véxase o anexo II).

No caso en que o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderán quedar excluídos na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias, é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento, ou sexa necesaria para este ou estea estreitamente vinculada ao seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado. Considerarase que isto é así cando as actividades económicas consomen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas e a capacidade asignada cada ano ás ditas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

Artigo 2. Actividades subvencionables

Será subvencionable a participación galega nos proxectos colaborativos interrexionais no marco da primeira convocatoria do mecanismo VInnovate.

Esta participación só poderá incluír actividades de desenvolvemento experimental (TRL 6 e 7) e deberá desenvolverse en colaboración, é dicir, a participación galega dentro do proxecto interrexional sempre se articulará a través dun consorcio integrado como mínimo por dúas entidades das recollidas no artigo 4 relativo ás entidades beneficiarias (consorcio galego). Será preciso, ademais, que estas entidades sexan independentes entre si e unha delas sempre sexa unha peme.

Artigo 3. Características dos proxectos

1. Os proxectos galegos de desenvolvemento experimental subvencionables ao abeiro desta convocatoria VInnovate Galicia deberán realizarse sempre en cooperación con, polo menos, outro axente dalgunha das rexións membro da Vanguard Initiative participantes no Mecanismo de Financiamento Interrexional VInnovate que pertenza a un país distinto, xa que a cooperación debe ser interrexional e internacional. Só estas rexións, asociadas á iniciativa VInnovate (seguindo o modelo de Virtual Common Pot), teñen reservados recursos económicos específicos para apoiar a participación das súas respectivas entidades nos proxectos interrexionais que serán seleccionados. As rexións participantes en VInnovate son as seguintes:

– Leste dos Países Baixos (Países Baixos).

– Sur dos Países Baixos (Países Baixos).

– Emilia-Romaña (Italia).

– Flandres (Bélxica).

– Valonia (Bélxica).

– Gales (Reino Unido).

– Galicia (España).

– Baixa Austria (Austria).

– Baixa Saxonia (Alemaña).

– Norte de Portugal (Portugal).

– Nordeste de Romanía (Romanía).

Non hai un máximo de membros para o consorcio interrexional pero o seu tamaño deberá ser axeitado para garantir unha xestión eficaz. Sempre deberá contar cunha peme como mínimo.

2. Para ser subvencionables, os proxectos galegos deberán enmarcarse nalgún dos ámbitos de priorización contidos na RIS3 Galicia 2021-2027, de acordo co anexo XI desta convocatoria. Así mesmo, os proxectos tamén deberán estar aliñados con algún dos ámbitos prioritarios da Vanguard Initiative, denominados Pilots, que son os seguintes e dos que se pode obter máis información na web da Vanguard Initiative (www.s3vanguardinitiative.eu/multipurpose-page/vinnovate-call-2024):

– Bioeconomía.

– Intelixencia artificial.

– Hidróxeno.

– Saúde intelixente/medicina personalizada.

– Fabricación avanzada para aplicacións enerxéticas offshore.

– Produción de alto rendemento a través da impresión 3D.

– Novos produtos de base nanotecnolóxica.

– Fabricación eficiente e sostible.

3. O orzamento mínimo da participación galega no proxecto interrexional (en adiante, proxecto galego) deberá ser de 150.000 €. A subvención máxima que poderá recibir cada proxecto galego será de 500.000 €.

4. O consorcio galego deberá estar integrado por un mínimo de dúas e un máximo de catro entidades, independentes e non vinculadas entre si, das previstas como entidades beneficiarias elixibles no artigo 4 desta resolución. En todos os casos é imprescindible que unha destas entidades sexa unha peme cunha participación mínima do orzamento do 15 %.

Todos os membros do consorcio galego deberán desenvolver as súas actividades en centros de traballo en Galicia.

5. De conformidade co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considérase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo do proxecto. Prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade nos cales a empresa incorrería de todos os xeitos, nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica.

Para estes efectos considérase un inicio posterior dos traballos cando estes teñen lugar con posterioridade á presentación da solicitude do proxecto á Axencia Galega de Innovación. No caso de detectarse que calquera actividade da participación galega no proxecto foi iniciada antes da devandita data, a totalidade desta será inadmisible e non será suficiente a eliminación do custo subvencionable do gasto correspondente á actividade.

Ao articularse esta participación galega no proxecto interrexional a través dun proxecto colaborativo, para os efectos de presentación da solicitude só se terá en conta a data de presentación da entidade líder do consorcio galego.

A data de inicio do proxecto presentado non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data de comezo das actividades.

Considérase que as axudas ad hoc concedidas a grandes empresas teñen un efecto incentivador se, ademais de garantir que as actividades da participación galega no proxecto interrexional non comezaron antes da presentación da solicitude, a entidade solicitante acredita na memoria técnica que, en relación co proxecto galego, a axuda terá como resultado un aumento substancial do seu alcance ou, grazas a ela, un aumento substancial do importe total investido pola entidade beneficiaria no proxecto ou unha aceleración substancial do seu ritmo de execución.

Sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, os estudos de viabilidade previos, realizados pola entidade beneficiaria, non incluídos na solicitude de axuda non se terán en conta para a determinación da data de inicio da actividade.

6. En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados (en diante, RDC), todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do no significant harm).

En atención á consideración 10 do RDC, o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles, que fixan os obxectivos ambientais que protexer.

1. Mitigación do cambio climático.

2. Adaptación ao cambio climático.

3. Uso sostible e protección dos recursos hídricos e mariños.

4. Transición cara a unha economía circular.

5. Prevención e control da contaminación.

6. Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

7. Os proxectos galegos seleccionados para o financiamento poderán comezar desde a solicitude á Axencia Galicia de Innovación. En todo caso, o proxecto deberá comezar no ano 2024 e a data límite de finalización será o 30 de setembro de 2027.

8. No caso en que as actividades subvencionadas a un organismo de investigación, segundo o tipo de entidades beneficiarias recollidas no artigo 4, sexan de tipo non económico ou a subvención ao abeiro desta resolución que se lle concede non se considere axuda de Estado porque en xeral as súas actividades de tipo económico son puramente accesorias, segundo a definición do anexo II, os posibles ingresos derivados das patentes ou modelos de utilidade xerados como resultado da súa participación no proxecto interrexional deberán ser consignados nas actividades non económicas da entidade.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias das axudas desta resolución os organismos de investigación e empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, que realicen proxectos de desenvolvemento experimental en colaboración. As empresas poderán ser pequenas, medianas ou grandes, segundo as definicións contidas no anexo II. As entidades beneficiarias non poden estar vinculadas entre si e deberán contar cun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia.

Os organismos de investigación que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o financiamento, os custos e os ingresos respectivos. No caso en que non sexa posible distinguir ambas as actividades, o organismo terá a consideración de empresa para os efectos destas axudas e as súas intensidades máximas.

2. Ao abeiro desta resolución consideraranse organismos de investigación:

– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.

– As universidades do Sistema universitario galego.

– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.

– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

3. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións necesarias para verificar que non se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) número 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión Europea, para considerar unha empresa en crise.

Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias as empresas que incumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei xeral de subvencións. En particular, non poderán obter a condición de entidade beneficiaria aquelas empresas que incumpran os prazos de pagamento a que se refire o artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

De conformidade co disposto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, xeral de subvencións, no caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, non poderán ser beneficiarias as entidades, distintas ás entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, que incumpran os prazos de pagamento previstos na citada lei.

4. Todas as entidades que forman parte da participación galega do consorcio e que obteñan axuda terán a consideración de entidades beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar, de xeito expreso, os compromisos de execución asumidos por cada membro do consorcio galego, así como o importe da subvención que se vai aplicar por cada un deles. A concesión da axuda será efectuada a cada unha das entidades galegas participantes.

Artigo 5. Modalidade de participación

1. Os proxectos galegos de desenvolvemento experimental subvencionables ao abeiro desta convocatoria VInnovate Galicia deberán desenvolverse en cooperación entre os axentes galegos e, ademais, realizárense en cooperación con, polo menos, outro axente dalgunha das rexións membro da Vanguard Initiative participantes no Mecanismo de Financiamento Interrexional VInnovate que pertenzan a países distintos.

2. O consorcio interrexional, segundo o Mecanismo Interrexional Vinnovate, deberá estar constituído, como mínimo, por dúas entidades de dúas das rexións relacionadas no artigo 3, sen máximo de integrantes a nivel interrexional, e debe ser o consorcio o axeitado para garantir unha xestión eficaz deste.

3. No obstante, tal e como se indica no artigo 3, o consorcio galego deberá estar constituído por, como mínimo, dúas e, como máximo, catro entidades das recollidas no artigo 4 desta resolución. Ningunha destas entidades poden estar vinculadas entre si e é imprescindible que unha delas sexa unha peme cunha participación mínima do orzamento do 15 %.

4. A relación entre os membros do consorcio interrexional e a súa creación formalizarase mediante un acordo de consorcio no cal se concretarán os compromisos e as obrigas. O seu funcionamento interno responderá a criterios de autonomía de xestión. Este acordo deberá prever, como mínimo, o contido no borrador orientativo posto á disposición pola Vanguard Initiative, que inclúe os seguintes puntos:

1. Definicións.

2. Responsabilidades de cada parte.

3. Resultados.

4. Dereitos de acceso.

5. Non divulgación da información.

6. Forza maior.

7. Outros aspectos.

8. Anexos.

O modelo de acordo do consorcio completo está dispoñible en:

https://www.s3vanguardinitiative.eu/multipurpose-page/support-documents

O acordo de consorcio interrexional deberá estar asinado por todos os seus membros.

Ademais, este acordo deberá conter un anexo específico, en galego ou castelán, que designe o líder da parte galega do consorcio, que actuará como representante ante a Axencia Galega de Innovación, e que deberá estar asinado polos integrantes do consorcio galego.

Con todo, o orzamento e as actividades das entidades galegas quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

Artigo 6. Procedemento e prazo de presentación das solicitudes

O procedemento de presentación de propostas estará dividido en dúas fases.

Primeira fase:

Iniciouse con anterioridade á publicación desta convocatoria, mediante un procedemento con ampla difusión pública en redes sociais, nas páxinas web da Axencia Galega de Innovación e da Vanguard Initiative, así como mediante xornadas informativas e boletíns de comunicación. Consta dun formulario de adecuación da proposta (Project Fit Form), dispoñible en s3vanguardinitiative.eu/multipurpose-page/support-documents, que debe presentar o líder do consorcio interrexional, coa sinatura de todas as súas entidades integrantes, ante o Secretariado de VInnovate mediante correo electrónico dirixido a vinnovate@s3vanguardinitiative.eu

O prazo de presentación do formulario de adecuación da proposta será ata o 20 de setembro de 2024. O Secretariado de VInnovate disporá ata o día 30 de setembro de 2024, incluido, para dar resposta ao formulario, coa finalidade de verificar que no consorcio participan entidades adscritas a VInnovate.

Segunda fase:

As entidades galegas, unha vez que a proposta interrexional conte coa habilitación do Secretariado de VInnovate, deberán presentar a súa solicitude ante a Axencia Galega de Innovación.

O prazo de presentación de solicitudes comenzará o 20 de setembro e rematará o 30 de outubro, debendo cumprirse o prazo mínimo de un mes.

Artigo 7. Financiamento

1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación nas aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo.

Entidades beneficiarias

Aplicación

2024

2025

2026

2027

Total

Grandes empresas

09.A2.561A.770.0

(CP: 2023-00007)

13.000

190.000

190.000

128.000

521.000

Pemes

09.A2.561A.770.0

(CP: 2023-00007)

13.000

178.000

178.000

110.000

479.000

Total

26.000

368.000

368.000

238.000

1.000.000

2. A distribución de fondos entre as anualidades e entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, sendo posible incluso a incorporación de novos conceptos de gasto, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total.

Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria despois da declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se for o caso, logo da aprobación orzamentaria que proceda.

3. As axudas desta convocatoria serán cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027, obxectivo político OP1 «Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e a comunicación, na prioridade P1.A Transición dixital e intelixente, obxectivo específico RSO 1.1. Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas; liña de actuación, 1.1.7 Articulación de diferentes apoios para fomentar as sinerxías e complementariedades con axudas doutras administracións: nacional e europea, e subtipo de actuación 1.1.7.4 Proxectos de I+D+i de cooperación internacional.

Respecto aos tipos de intervención, nesta liña prevese o seguinte, coa súa correspondente previsión da axuda Feder: 028 Transferencia de tecnoloxía e cooperación entre empresas, centros de investigación e o sector do ensino superior.

Os indicadores de realización son os seguintes:

• RCO01 Empresas apoiadas (empresas).

• RCO02 Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).

• RCO07 Organizacións de investigación que participan en proxectos conxuntos de investigación (institucións de investigación).

O indicador de resultado é o seguinte:

• RCR02 Investimentos privados que acompañan ao apoio público (euros).

4. A taxa de cofinanciamento do Feder é do 60 %, e o 40 % restante compútase como investimento privado ou público, segundo o caso, elixible das entidades beneficiarias.

O importe máximo de subvención por proxecto galego será de 500.000 euros.

Artigo 8. Intensidades máximas das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvencións en réxime de concorrencia competitiva. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o orzamento subvencionable de cada entidade beneficiaria, e será conforme aos límites de intensidade previstos no artigo 25 do Regulamento UE nº 651/2014 (RGEC), de acordo coa seguinte táboa:

Categoría da participación galega no proxecto (aplícase de xeito individual a cada membro do consorcio galego)

Pequena empresa2

Mediana empresa2

Grande empresa2

Organismos de investigación sen actividade económica3 ou para o financiamento de actividades non económicas

Desenvolvemento experimental con colaboración entre empresas (unha delas, unha peme)1

50 %

40 %

30 %

60 %

Desenvolvemento experimental con colaboración entre empresa/s (unha peme sempre como mínimo) e un ou varios organismos de investigación1

50 %

40 %

30 %

60 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s, unha delas debe ser peme e un ou varios organismos de investigación, asumindo estes, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

50 %

40 %

60 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme, e que ningunha empresa corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables

60 %

50 %

40 %

60 %

1 Ao ser Galicia unha rexión asistida que cumpre as condicións do artigo 107, número 3, letra c) do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

2 Na medida en que as actividades solicitadas polos organismos de investigación teñan natureza económica, seranlles de aplicación estas mesmas intensidades máximas ao teren a consideración de empresas.

Por outra banda, no caso de organismos de investigación que, ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, e non sexa posible distinguir entre ambos os tipos de actividades, o organismo tamén terá a consideración de empresa para os efectos destas axudas e aplicaránselle as intensidades máxima da táboa.

3 Segundo as definicións contidas no anexo II desta resolución. Neste caso a axuda concedida non terá a consideración de axuda de Estado.

2. No caso de empresas, segundo a definición recollida no anexo II, as axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles coa percepción doutras axudas, outros ingresos ou outros recursos para a mesma finalidade ou os mesmos custos procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

No caso de organismos de investigación aos que se lle conceda unha axuda ao abeiro desta convocatoria que non teña a consideración de axuda de Estado, esta será compatible coa percepción de outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos sempre que conxuntamente non se supere o custo total e se respecten as regras de acumulación de axudas e as de incompatibilidade entre axudas públicas.

Artigo 9. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. Cada consorcio interrexional presentará o formulario de adecuación da proposta ao Secretariado de VInnovate a través do mail vinnovate@s3vanguardinitiative.eu, que será enviado polo coordinador do proxecto interrexional, segundo se indica no artigo 6.

Unha vez o proxecto interrexional conte coa conformidade do Secretariado de VInnovate, todos os solicitantes galegos presentarán o anexo I (solicitude), xunto co resto de anexos indicados nesta convocatoria para a fase de solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Pola súa natureza de proxecto colaborativo, cada membro da parte galega do consorcio, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información que figura no anexo I. Esta presentación dará lugar a un número de rexistro que deberá facilitarlle á entidade galega líder. Posteriormente, a entidade líder da parte galega do consorcio presentará a súa solicitude. Para os efectos da presentación da solicitude de proxecto, só se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder da parte galega do consorcio, e será esta a súa responsabilidade, polo que se considerarán inadmitidas as solicitudes que non teñan a presentación do líder da parte galega do consorcio.

3. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

4. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia www.sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

6. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables relativas á cada unha das entidades galegas do consorcio:

a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nesta resolución.

c) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.

e) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

f) Declaración responsable de non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

g) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o que se solicita a axuda.

h) Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo do proxecto galego para o que se solicita (efecto incentivador).

i) Declaración responsable de que o solicitante sabe que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014, sobre empresas vinculadas.

k) Declaración responsable de que, no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto.

l) Declaración responsable de dispoñer da capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se concede a axuda. A Axencia Galega de Innovación verificará o cumprimento desta obriga a través do plan financeiro que deberán presentar as entidades beneficiarias na solicitude da axuda.

m) Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

n) Declaración responsable de que se conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 RDC).

o) Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como o deber de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

p) Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

q) Declaración responsable do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.

r) Declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DNSH) e compromiso da entidade beneficiaria de prever e realizar as accións oportunas para asegurar que os subcontratistas cumpran con este principio.

s) Compromiso por escrito de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.

t) Declaración responsable de non ser considerada como empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión.

u) No caso de organismos de investigación que desenvolvan actividades de tipo económico e non económico, declaración responsable de que dispón dunha contabilidade que permite distinguir os custos e o financiamento da súa actividade económica e non económica.

v) No caso de organismos de investigación, declaración responsable de que as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva sobre eles (accionistas ou membro), non gozarán dun acceso preferente aos resultados que se xeren.

w) No caso de organismos de investigación que non sexan declarados empresas para os efectos destas axudas, declaración de que a axuda recibida será dedicada única e exclusivamente á actividade non económica da entidade ou que a súa actividade económica total é puramente accesoria, segundo as condicións incluídas no artigo 1.

Artigo 10. Gastos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables os que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento de cada proxecto. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. A estes custos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

3. Para a anualidade 2024 só se admitirán aqueles custos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de execución de gasto establecida no artigo 34 desta resolución. Para estes efectos considérase como data de presentación a que corresponde á solicitude do líder da parte galega do consorcio.

Para o resto de anualidades, admitiranse os custos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución de gasto da anualidade anterior e a data límite de execución de gasto da anualidade corrente.

4. Conforme o artigo 25 do Regulamento UE nº 651/2014 (RXEC), son custos subvencionables os seguintes:

a) Custos directos: os custos directos son os que están directa e inequivocamente vinculados á actividade subvencionada e para os cales é posible demostrar a súa vinculación coa dita actividade. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1. Custos de persoal.

2. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

3. Materiais, subministracións e produtos similares.

4. Adquisición de patentes.

5. Subcontratacións.

6. Outros custos:

• O custo derivado do informe realizado polo/a auditor/a.

• O custo derivado da contratación externa do plan de comunicación e difusión do proxecto galego, previsto no artigo 16 desta convocatoria.

b) Custos indirectos: son aqueles que non están vinculados ou non se poden vincular directamente á actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. En aplicación da opción prevista no artigo 54.b) do Regulamento (UE) nº 2021/1060, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 15 % aos custos directos de persoal subvencionables.

Non se consideran subvencionables o imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables conforme a normativa nacional. Porén, este tipo de impostos si serán subvencionables cando pola natureza da entidade beneficiaria non poidan ser recuperados.

Artigo 11. Custos de persoal

1. Poderán subvencionarse:

a) Os custos de persoal propio (persoal investigador, técnico e persoal auxiliar que realice actividades de investigación) no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento de actividades de I+D do plan de traballo do proxecto galego.

b) Os de persoal de nova contratación que se incorpore á entidade para a realización das actividades de I+D do proxecto galego e que se deberá dedicar de xeito exclusivo a este. É requisito do persoal de nova contratación que no seu momento non teña nin tivese vinculación laboral coa empresa nos seis meses anteriores á data de inicio do proxecto.

Tanto no suposto do persoal propio como no de persoal de nova contratación, só serán subvencionables os custos de persoal relativos aos salarios fixados nun contrato de traballo, nun acordo laboral ou na lei (agás os custos de viaxes e as indemnizacións ou axudas de custo, pois non teñen natureza de custos de persoal segundo a norma 6.4.b) da Orde HFP/1414/2023 de subvencionabilidade do Feder 21-27) e a parte proporcional do custo da Seguridade Social por conta da empresa.

No caso de persoal propio, deberán xustificarse os motivos da porcentaxe de imputación do tempo de dedicación ao proxecto sobre a base dos fitos ou traballos concretos que se van desenvolver no proxecto. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

O custo de persoal propio poderá ser, como máximo, o 80 % do custo subvencionable do orzamento de cada entidade.

2. Só no caso de pemes poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e xerencial que realice tarefas de I+D no proxecto cunha dedicación máxima mensual do 30 %. Para estes efectos, só terá a consideración de persoal directivo o persoal de alta dirección definido no artigo 1 do Real decreto 1382/1985.

Na memoria técnica que se achegue coa solicitude xustificaranse detalladamente as funcións ou tarefas concretas de investigación que desenvolverá este persoal nas diferentes fases e actividades recollidas no plan de traballo do proxecto galego. Estas funcións deberán ser compatibles co seu labor directivo ou xerencial.

3. Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos relacionados con aqueles/as traballadores/as que non estean dados de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolve o proxecto galego.

b) Os gastos de persoal que non teña relación contractual laboral coa entidade beneficiaria da subvención, agás que se trate de socios que traballen baixo o réxime de autónomos, cunha dedicación máxima mensual do 30 %.

c) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión e tramitación do financiamento solicitado.

d) As contratacións en formación, as de prácticas, as de bolseiros/as e as contratacións a tempo parcial.

e) As contratacións en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións/categorías profesionais que establece a Seguridade Social ao regular as bases de cotización por continxencias comúns e que se indican a continuación:

Titulación/categoría profesional

Grupo de cotización

Enxeñeiros, licenciados, persoal de alta dirección

1

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados, diplomados

2

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

3

Axudantes non titulados

4

Oficiais administrativos

5

Subalternos

6

Auxiliares administrativos

7

Oficiais de primeira e segunda

8

Resto de oficiais

9

Peóns

10

Traballadores menores de 18 años

11

f) Os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de I+D no caso de grandes empresas.

4. Calquera modificación no cadro de persoal asignado ao proxecto galego deberá ser motivada e xustificada, e para a súa realización será necesario obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación. Só se admitirán cambios de persoal entre traballadores/as da mesma categoría profesional e cunha titulación ou traxectoria profesional que permita desempeñar as mesmas funcións.

Excepcionalmente, no caso de persoal de nova contratación, non será necesario obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación para contratar persoal adicional sempre que o novo perfil sexa idéntico ao inicialmente concedido.

Artigo 12. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición

1. Se o equipamento e material se dedica exclusivamente á actuación subvencionada e a súa vida útil se esgota ao termo do período de execución, será subvencionable o custo de adquisición. Deberase xustificar na memoria técnica a vida útil do equipamento ou material.

Se o equipamento e material non se utiliza exclusivamente para o proxecto, por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables. Para que este custo sexa subvencionable, deberá detallarse na memoria técnica do proxecto o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización, tendo en conta o tempo concreto de imputación ao proxecto.

2. A compra de novas licenzas e as renovacións de licenzas de software están dentro da categoría de material inventariable e considéranse gastos subvencionables se son de uso específico para o proxecto galego e non de uso xeral.

3. Admitiranse gastos de leasing, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao finalizar o contrato de leasing.

b) Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

c) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar posteriormente á data de presentación da solicitude da subvención. Só se poderán imputar as cotas pagadas dentro do período de execución de cada anualidade.

d) Non serán gastos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, os gastos xerais e os gastos de seguro.

Artigo 13. Materiais, subministracións e produtos similares

Poderanse imputar os gastos de materiais directamente destinados ás actividades de I+D. Para estes efectos, deberán recollerse de forma detallada e concisa na epígrafe correspondente do impreso da solicitude.

Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto, xa que se consideran incluídos dentro da porcentaxe de custos indirectos.

Artigo 14. Adquisición de patentes

As patentes deberán ser adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á entidade solicitante, coa condición de que a operación se realice en condicións de plena competencia e sen ningún elemento de colusión.

Quedan excluídas as patentes propias dos membros do consorcio.

Artigo 15. Subcontratacións

1. Considéranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade de desenvolvemento experimental que constitúe o obxecto da subvención. Estas contratacións deberán estar debidamente xustificadas e motivadas na memoria técnica.

Dentro deste concepto inclúense os servizos tecnolóxicos externos, que son aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes.

Quedan expresamente excluídos os custos correspondentes a calquera forma de consultoría asociada á xestión e tramitación do financiamento solicitado.

2. As entidades beneficiarias das axudas reguladas nesta resolución poderán subcontratar, como máximo, ata o 65 % do importe da actividade subvencionada.

3. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da subvención e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se realice por escrito.

b) Que a súa realización sexa autorizada previamente pola Axencia Galega de Innovación.

4. En ningún caso a entidade beneficiaria poderá subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes da axuda na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non acadaren a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades en que concorran algunhas das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009 (entidades vinculadas).

5. A entidade beneficiaria da axuda deberá prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio DNSH «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852. Neste sentido, a entidade beneficiaria da axuda exixiralles aos subcontratistas unha declaración responsable de cumprir co principio de non ocasionar un prexuízo significativo ao ambiente.

Tamén lles deberá exixir un compromiso por escrito para conceder os dereitos e o acceso necesarios para que o ordenador competente, a Fiscalía Europea, a OLAF, o Tribunal de Contas e, cando proceda, as autoridades nacionais e autonómicas competentes exerzan plenamente as súas respectivas competencias.

Artigo 16. Outros custos

1. O informe do auditor axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007 e deberá ser realizado por un mesmo auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. A súa designación corresponderá ao representante do consorcio.

O informe do auditor axustarase ás instrucións que se detallan no anexo X e comprobará a existencia da documentación e requisitos descritos no artigo 35 desta convocatoria.

Así mesmo, o auditor deberá comprobar que as entidades beneficiarias cumpren cos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como as modificacións posteriores ao dito artigo no Real decreto lei 5/2023 nos artigos 214 e 215.

A Axencia Galega de Innovación convocará, como mínimo, unha reunión cos auditores contratados polas entidades beneficiarias para facilitarlles as instrucións necesarias para cubrir correctamente o citado anexo X. Esta reunión terá carácter obrigatorio e a ausencia poderá dar lugar á inadmisión dos gastos xustificados en concepto de auditoría.

Naqueles casos en que a entidade beneficiaria estea obrigado a auditar as súas contas anuais por un auditor sometido á Lei 22/2015, do 20 de xullo, de auditoría de contas, a revisión levaraa a cabo o mesmo auditor, ou outro, sempre que estea inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

O custo derivado do informe do auditor, inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, non poderá superar os 1.500 euros por proxecto galego e por anualidade.

2. Así mesmo será subvencionable o custo derivado da contratación externa da execución do plan de comunicación e difusión do proxecto galego ata un 2 % do custo subvencionable que executa cada entidade beneficiaria, ata un máximo de 15.000 €.

Artigo 17. Ofertas

Conforme o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Esta excepción deberá xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Conforme o establecido na disposición adicional 54ª da Lei de contratos do sector público, terán a consideración de contratos menores os contratos de subministracións e de servizos dirixidos a proxectos de I+D de valor estimado inferior ou igual a 50.000 euros, sempre que non se destinen a servizos xerais ou de infraestrutura.

Non exime da obriga da solicitude de tres ofertas o feito de contar con provedores homologados, o feito de que se trate de provedores habituais ou a proximidade do provedor á entidade solicitante.

No caso de que algunha das entidades beneficiarias estea suxeita ao ámbito subxectivo de aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberá respectar, no que proceda, a normativa de contratación pública na adquisición dos bens e servizos obxecto da axuda de subvención.

Artigo 18. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Documentación xurídico-administrativa.

1º. Contrato/s de subcontratación subscrito con organismo/s e/ou empresa/s debidamente asinados por ambas as partes nos supostos en que o importe da subcontratación supere os 60.000 euros e que o dito importe exceda o 20 % da axuda concedida.

2º. Anexo de comprobación de datos das persoas representantes mancomunadas, no caso de representación mancomunada (anexo III).

3º. Anexo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo VII). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos pertinentes.

4º. Anexo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo IV).

5º. A empresa líder da parte galega do consorcio presentará o acordo de consorcio debidamente asinado por todos os membros, incluíndo o anexo do acordo específico da parte galega asinado polas entidades galegas participantes, co contido mínimo sinalado no artigo 5 desta resolución.

6º. Memoria xustificativa do cumprimento do principio DNSH conforme o Regulamento (UE) 2020/852, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088, segundo se detalla no anexo IX desta convocatoria.

7º. No caso das empresas, a acreditación sobre o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores, de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

A. Para sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

B. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por auditor/a rexistrado/a no Rexistro Oficial de Auditores de Contas do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

8º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude, verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

9º. A comunicación de conformidade do Secretariado de VInnovate en resposta ao formulario de adecuación da proposta interrexional (Project Fit Form).

b) Documentación técnica:

1º. Memoria técnica, en idioma galego ou castelán, segundo o índice que se inclúe como anexo VIII (en formato pdf) a presentar polo líder da parte galega do consorcio. Nesta memoria debe incluírse a información detallada sobre o persoal das entidades galegas dedicado ao proxecto: identificación do persoal propio da entidade, actividades que desenvolverá, porcentaxe de dedicación ao proxecto e motivación desta porcentaxe. Respecto do persoal de nova contratación, indicaranse o seu perfil e a duración do seu contrato. No referido aos custos de equipamento, deberá xustificarse na memoria a vida útil do equipamento e material instrumental de nova adquisición e o procedemento seguido para calcular os custos de amortización. Asemade, debe incluír tamén a coherencia do proxecto e as actividades de todos os socios cos criterios de priorización: excelencia, implementación e impacto.

De se posuír máis información sobre a participación dos outros participantes do consorcio interrexional, poderase presentar como anexo en inglés.

2º. Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da parte galega da agrupación.

c) Plan de comunicación e difusión do proxecto galego.

As entidades beneficiarias galegas deberán realizar un plan de comunicación e difusión dos seus resultados no proxecto interrexional para compartir aqueles non suxeitos a confidencialidade co ecosistema de I+D, coa sociedade e coas administracións, e maximizar así o seu impacto. Este plan deberá presentalo o líder da parte galega do proxecto e incluirá as actividades que debe realizar cada entidade beneficiaria galega en cada unha das anualidades.

Este plan de comunicación debe describir os obxectivos previstos, as actividades de comunicación propostas, os indicadores para medir os resultados destas e o público a que van dirixidas (comunidade científica, usuarios finais, sociedade en xeral...).

As accións de comunicación deben estenderse ao longo de toda a vida do proxecto, estar estratexicamente planificadas, con obxectivos claros e medibles, e ser proporcionais á escala do proxecto galego. Cómpre xustificar por que cada medida elixida é a máis adecuada para o público obxectivo a que vai dirixida.

As actividades de comunicación e difusión poden consistir na realización ou participación en eventos, xornadas; publicación en plataformas, web e redes sociais; elaboración de folletos, carteis ou vídeos; boletíns periódicos/novas e comunicados de prensa, entre outras. Porase de manifesto o apoio da Unión Europea e da Axencia Galega de Innovación nas actuacións do proxecto galego, mencionando expresamente estes apoios e amosando os logotipos destas entidades en todos os materiais empregados.

As actividades de difusión e comunicación que impliquen formación non serán subvencionables, así como as axudas de custo e viaxes.

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, todas as actividades do plan deberán respectar o disposto no artigo 50 e no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e no documento O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola 0persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De xeito excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 19. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica, comprobarase o NIF desta.

d) DNI/NIE das persoas representantes mancomunadas. No caso de entidades representada por unha persoa xurídica, comprobarase o NIF desta.

e) DNI/NIE das persoas do equipo investigador.

f) Títulos oficiais universitarios e títulos oficiais non universitarios das persoas que forman parte do equipo investigador.

g) Consulta de vida laboral (TXSS) dos últimos 12 meses das persoas que forman parte do equipo investigador.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente: certificado do grao de discapacidade das persoas que forman parte do equipo investigador.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e nos anexos III e IV segundo corresponda, e presentar os devanditos documentos.

Cando o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 20. Información e publicidade

A Axencia Galega de Innovación informará as entidades beneficiarias de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no punto 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

Asemade, a Vanguard Initiative poderá realizar publicidade da concesión da convocatoria, as entidades beneficiarias e os datos dos proxectos susceptibles de se faceren públicos.

Artigo 21. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo do requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 22. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 23. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) No teléfono: 981 95 73 03 da devandita axencia.

c) No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal

d) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo:

https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento poderá usarse o teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de Datos Nacional de Subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base ou o seu extracto no Diario Oficial de Galicia e a resolución de concesión.

Artigo 24. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán crear de oficio o indicado enderezo para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 25. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións prevista nesta resolución. Corresponderalle á directora da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, ou non se xunta a documentación exixida, requirirase o interesado para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achega dos documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, darase por desistido da súa petición, despois da correspondente resolución. Este requirimento remitirase exclusivamente ao coordinador do proxecto galego, que canaliza a relación de todos os participantes coa Axencia Galega de Innovación.

Non se considerará emendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da seguinte documentación: a solicitude de axuda (anexo I), a memoria técnica e a memoria DNSH.

No caso de discrepancias entre o contido da memoria técnica e a solicitude (anexo I) atenderase sempre ao contido da solicitude.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante para que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento e para o seguimento e avaliación da RIS3 de Galicia 2021-2027 en que se enmarcan estas axudas.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e realizadas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos/as e remitidos á Comisión de Selección.

5. Os expedientes que non cumpran as esixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión na que se indicarán as causas desta. A inadmisión dun dos membros do consorcio por non reunir algún dos requisitos establecidos na resolución de convocatoria suporá a inadmisión do proxecto galego.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 26. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes de acordo con a valoración realizada conforme ao procedemento e aos criterios establecidos no artigo 27.

2. A composición da Comisión de Selección será a seguinte:

a) O/a director/a da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación, ou a persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

b) O/a director/a da Área de Estratexias e Programas da Axencia Galega de Innovación, ou a persoa en quen delegue.

c) Un/unha xefe/a de departamento da Axencia Galega de Innovación ou as persoas en quen delegue.

d) Un/unha funcionario/a do Departamento de Xestión de Axudas da Axencia Galega de Innovación.

e) Un/unha funcionario/a da Axencia Galega de Innovación que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

3. A Comisión de Selección elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

4. Esta relación será a base para a fase de avaliación interrexional recollida no artigo 28 desta resolución.

Artigo 27. Criterios de valoración

A valoración de cada proxecto presentado á Axencia Galega de Innovación que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán atendendo a aspectos científico-técnicos, económico-financeiros e á potencialidade para xerar valor económico coa explotación dos seus resultados segundo os criterios de valoración que se indican a seguir coas súas puntuacións máximas:

1. Excelencia. Calidade científico-técnica do proxecto interrexional: 33 puntos.

a) Grao de innovación do proxecto en relación coa estado da arte (15 puntos). A puntuación asignarase da forma seguinte:

i) De 0 a 7 puntos, aos proxectos en que a tecnoloxía empregada foi validada nunha contorna relevante, operacional ou de simulación; sexa o sistema completo, un prototipo deste ou no nivel de compoñentes.

ii) De 8 a 15 puntos, aos proxectos en que a tecnoloxía empregada foi unicamente validada no nivel de sistema ou compoñente nunha contorna de laboratorio, ou existe unha proba de concepto experimental validada.

b) Obxectivos científico-tecnolóxicos do proxecto: valorarase a adecuación dos obxectivos aos ámbitos prioritarios da Vanguard Initiative indicados no artigo 3 da presente convocatoria. Nos proxectos deberán formularse uns obxectivos viables tecnicamente, alcanzables, enfocados á mellora dos procesos, produtos e/ou servizos dos seus socios, obxectivos que deberán ser descritos cualitativa y cuantitativamente. O grao de avance dos obxectivos tecnolóxicos do proxecto deberá poder ser monitorizable para poder realizar o seguimento da súa consecución. Cada proxecto deberá incluír, como mínimo, tres indicadores medibles que permitan recoller os avances obtidos (5 puntos).

c) Descrición detallada da contribución das entidades participantes no proxecto para a consecución dos obxectivos indicados na alínea anterior (3 puntos).

d) Credibilidade da formulación da proposta: valorarase o estudo do estado da arte, a existencia de resultados previos que soporten a proposta e a análise de puntos críticos e factores de risco (5 puntos).

e) Capacidade que ten a implantación das tecnoloxías propostas no proxecto galego para cumprir o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente e facilitar a realización de investimentos sostibles, en liña co descrito no punto 6 do artigo 3 da presente convocatoria (5 puntos).

2. Calidade e eficiencia da implementación do proxecto: 25 puntos.

a) Plan de traballo (10 puntos):

1. Coherencia: metodoloxía, plan de traballo, cronograma e entregables previstos. Valorarase a compatibilidade e coherencia cos obxectivos parciais e finais do proxecto (5 puntos).

2. Eficacia: a adecuada asignación dos recursos ás tarefas planificadas polas entidades galegas participantes no proxecto. Xustificación da necesidade das distintas partidas en que se distribúe o orzamento do proxecto, tendo en conta, ademais, a súa distribución entre os diferentes socios galegos (5 puntos).

b) Capacidade técnica dos socios galegos do proxecto (10 puntos):

1. Valorarase a capacidade técnica e a experiencia de cada unha das entidades galegas participantes no consorcio na execución de proxectos en cooperación, así como os desenvolvementos acadados nos ámbitos en que se centrará a súa participación no proxecto (5 puntos).

2. Capacidade do equipo humano que participa no proxecto: valorarase a adecuación técnica dos perfís do persoal propio ou de nova contratación das entidades galegas participantes no proxecto para desenvolver o plan de traballo incluído nel (5 puntos).

c) Procedementos de xestión previstos (5 puntos):

1. Estrutura organizativa do proxecto e mecanismo de xestión e seguimento: valorarase a participación activa na estrutura organizativa de membros das entidades galegas máis significativas participantes no proxecto (2 puntos).

2. Plan de continxencia: valorarase a existencia dun plan de análise das dificultades xurdidas na consecución dos fitos técnicos do proxecto e a existencia dun plan de continxencias para o caso de que un dos socios galegos do consorcio desista da súa participación no proxecto, cambie o lugar de execución das actividades do proxecto, e outros (3 puntos).

3. Impacto tecnolóxico e socioeconómico da participación galega no proxecto: 42 puntos.

a) Indicar o investimento privado e social que se vai mobilizar coa realización do proxecto tanto a nivel europeo como rexional, tendo en conta a capacidade do proxecto para xerar valor engadido en Galicia, mellorando a súa proxección internacional (3 puntos).

b) Mellora do posicionamento e proxección da nosa Comunidade cara ao exterior nos ámbitos prioritarios da RIS3 Galicia 2021-2027 a través do reforzo das capacidades dos axentes do seu ecosistema innovador. Indicar, se é o caso, as complementariedades e sinerxías que se producirán para Galicia, a través do proxecto, con outros apoios rexionais (3 puntos).

c) Atendendo en concreto ao impacto potencial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, valorarase se o proxecto solicitado ten lugar no marco da Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (3 puntos).

d) Explotación dos resultados esperados e orientación ao mercado: rendibilidade esperada dos resultados de I+D (4 puntos):

d.1. Eficiencia da estratexia de comercialización dos resultados: valorarase tanto a estratexia de comercialización dos novos ou mellorados produtos como a estratexia de protección dos resultados da propiedade industrial e intelectual, se os houbese (2 puntos).

d.2. Mercado potencial e capacidade para a apertura de mercados: (2 puntos).

e) Efecto de arrastre do proxecto: incorporación dos resultados tecnolóxicos do proxecto a cadeas de valor estratéxicas para Galicia, mellorando a competitividade a nivel internacional (5 puntos).

f) Integración de organismos de investigación de acordo coa definición do artigo 4.2 desta convocatoria, como socios ou como entidades subcontratadas no proxecto, tendo en conta o compoñente técnico das actividades que desenvolvan e o seu enfoque cara á transferencia de coñecemento (máximo 6 puntos).

g) Complementariedades e sinerxías con outras políticas. Consonancia e adecuación do proxecto co Plan estratéxico de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na sesión do 10 de marzo de 2022 (máximo 2 puntos).

h) Implicacións ambientais do proxecto: consonancia co Pacto Verde Europeo (3 puntos).

i) A Axencia Galega de Innovación, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030, a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples axentes e das persoas na investigación e na innovación, permitindo un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i e na educación científica formal e informal.

Neste sentido, outorgarase ata un máximo de 2 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos do proxecto con algún dos seguintes criterios:

i.1. A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

i.2. A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sostible entre a sociedade, a industria e o ambiente.

i.3. A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, da enxeñería e da tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

i.4. A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

i.5. A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

k) Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Aplicaranse os seguintes baremos para a suma do número de mulleres participantes en todas as entidades do consorcio sobre o total do equipo investigador:

k.1. Se a porcentaxe de mulleres está entre o 40 e o 60 %: 1 punto.

k.2. Se a porcentaxe de mulleres é superior ao 60 %: 2 puntos.

l) Para a suma de todo o persoal investigador das entidades participantes no proxecto, valorarase a participación de persoas con diversidade funcional da seguinte forma:

l.1. Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 5 % e inferior ou igual ao 10 %: 0,5 puntos.

l.2. Se a porcentaxe de persoas con diversidade funcional recoñecida é superior ao 10 %: 1 punto.

m) Concellos emprendedores: para cada socio do consorcio que desenvolva as súas actividades no proxecto nun concello emprendedor outorgaranse 0,5 puntos ata un máximo de 2 puntos. A catalogación como concello emprendedor tomarase como referencia na data de solicitude da axuda.

A relación de concellos emprendedores pode consultarse neste enderezo:

https://galiciaempresa.xunta.gal/concellos-emprendedores

n) Xeración de emprego: valorarase o número de empregos creados e a duración dos contratos (4 puntos).

o) Plan de comunicación e difusión do proxecto (2 puntos): valorarase especialmente a difusión dos resultados do proxecto en foros internacionais relevantes para o contido do proxecto ou vinculado coa innovación, en liña coa RIS3 2021-2027, que ten entre os seus fins a consolidación da Marca Galicia a nivel internacional, tamén no ámbito da I+D.

Concederase 1 punto se o plan de comunicación ten impacto no ecosistema galego de I+D e 2 puntos se ten impacto internacional.

Artigo 28. Procedemento de avaliación

O procedemento de avaliación terá dúas fases: fase rexional e fase interrexional.

Fase rexional:

1. O/a xestor/a técnico/a da Axencia Galega de Innovación a que se encomende o proxecto realizará a avaliación e emitirá un informe técnico de idoneidade no cal se determinará, co apoio de expertos externos/as, se for preciso, o custo subvencionable do proxecto galego e a intensidade de axuda que lle corresponde segundo o establecido no artigo 8. Finalmente, no informe técnico de idoneidade deixarase constar expresamente que en cada un dos proxectos avaliados concorren os requisitos para entender que se cumpre o efecto incentivador.

Deberán absterse de avaliar un proxecto aquelas persoas que estean vinculadas a el por calquera circunstancia e seranlles de aplicación, ademais, as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015.

No caso de contar con asesores/as científicos/as externos/as, faranse dúas avaliacións realizadas por diferentes asesores/as que sexan especialistas na materia a que se refira o proxecto. No caso de que a diferenza entre as puntuacións das avaliacións externas sexa inferior a 15 puntos, a puntuación final corresponderá á media aritmética das dúas avaliacións. De existir unha discrepancia de 15 puntos ou máis entre as dúas avaliacións externas, unha terceira avaliación deberá corrixir a dita puntuación e esta quedará sempre comprendida entre as notas inferior e superior outorgadas polos outros dous asesores/as científicos/as externos/as.

2. Será requisito necesario para que un proxecto poida ser subvencionado que obteña un mínimo de 60 puntos.

No caso de empate nas puntuacións, como criterio de desempate, terán preferencia as empresas que presentasen un plan de igualdade dos previstos no capítulo I do título III do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Fase interrexional:

Cada axencia rexional financiadora da convocatoria VInnovate avaliará individualmente cada proposta que conte con participantes da súa rexión no consorcio.

Unha vez rematadas todas as avaliacións rexionais, poranse en común as avaliacións realizadas por cada rexión e, atendendo ás limitacións orzamentarias da contribución de cada axencia rexional á convocatoria VInnovate, sinalaranse os proxectos que poderán ser financiados.

O proxecto galego só poderá ser financiado pola Axencia Galega de Innovación se todas as rexións financiadoras do proxecto interrexional o avalían favorablemente.

Artigo 29. Audiencia

1. Unha vez instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto ás entidades interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan presentar alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola entidade interesada.

Artigo 30. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, a Comisión de Selección emitirá o correspondente informe e o órgano instrutor elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar motivada.

A proposta de resolución incluirá de forma individualizada as solicitudes propostas para obter a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención concedida para cada unha delas ou, de ser o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se incluirá o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as entidades beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

2. En vista da proposta exposta e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non ser tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, a persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución definitiva de concesión ou denegación prevista nestas bases, que será motivada de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. A resolución prevista nestas bases expresará, como mínimo:

a) O título do proxecto e a entidade galega beneficiaria da axuda.

b) O importe global da axuda para a parte galega de cada proxecto, indicando a repartición da axuda entre os membros galegos do consorcio.

c) No caso de solicitudes denegadas, a causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberáselle notificar a cada entidade beneficiaria galega un documento que estableza as condicións da axuda para a operación (DECA), que deberá incluír, como mínimo, a identificación da entidade beneficiaria, a contía da subvención e as súas obrigas, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución. Dado que a convocatoria se financia con fondos do programa Feder Galicia 2021-2027, seranlles notificados aos interesados os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

5. O prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución ao interesado será antes do 15 de decembro de 2024.

Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, os interesados poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Con todo, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, da entidade beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 31. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e na forma que se determinen nas resolucións de concesión. Para realizar cambios no proxecto galego debe obterse autorización previa da Axencia Galega de Innovación.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, e en calquera caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión por parte do órgano que concede.

3. Poderá acordarse a modificación da resolución de concesión por instancia da entidade beneficiaria se cumpre os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada polo órgano que concede.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fose determinante para a concesión da axuda, a determinación da entidade beneficiaria, nin dane dereitos de terceiros.

Con todo, en relación coa determinación da entidade beneficiaria, poderase autorizar o cambio dunha entidade integrante do consorcio por outra debido á súa situación de insolvencia ou doutras circunstancias económicas que lle impidan afrontar o proxecto galego, sempre que se motiven suficientemente estas circunstancias, que a nova entidade cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiaria e os demais establecidos na convocatoria e se comprometa a manter a actividade obxecto da axuda.

A autorización requirirá un informe técnico dalgún dos avaliadores iniciais do proxecto, no cal se constante a idoneidade da nova entidade beneficiaria para garantir a viabilidade do proxecto e que, polo menos, teña unhas condicións equivalentes ao membro do consorcio substituído. Para realizar este informe técnico deberán aplicarse os mesmos criterios que se tiveron en conta para avaliar inicialmente a solicitude.

O líder da parte galega do consorcio non poderá ser substituído en ningún caso, dada a súa función de dirección e coordinación do proxecto galego.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supoñer a denegación da subvención; nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitirase, sen necesidade de autorización previa do órgano que concede, reducir ata o 10 % das partidas de gasto que figuren na resolución de concesión para cada unha das entidades beneficiarias, sempre que se compense con incrementos noutras partidas e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. Os cambios realizados deberán respectar as limitacións establecidas na convocatoria para persoal, subcontratación e outros custos. Así mesmo, a entidade beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. En relación coa solicitude de cambio nas partidas e/ou conceptos de gasto subvencionados, poderán solicitarse, como máximo, ata dous meses antes da finalización do prazo de execución da anualidade afectada.

5. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas a partir da anualidade 2025, cun límite do 40 % do custo concedido para cada anualidade, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada. O prazo para solicitar esta redistribución de anualidades remata o 30 de xuño da anualidade afectada.

6. Na solicitude de modificación, o líder da parte galega do consorcio expresará os motivos das modificacións que se propoñen, xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

7. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da dirección da Axencia Galega de Innovación, de ser o caso, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao/á interesado/a. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao/á interesado/a.

Artigo 32. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo (anexo VI) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e que se publicará na web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A persoa titular da dirección da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015.

Artigo 33. Obrigas das entidades beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daquelas específicos que se indican nesta convocatoria, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano que concede, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidas nas normas reguladoras, na presente convocatoria e na resolución de concesión e no documento no que se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nas bases desta convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.

c) Cooperar co persoal técnico da Administración nas visitas de seguimento e inspeccións, presentando toda a información que se requira, necesaria para verificar o cumprimento das condicións nas que foi outorgada a axuda, así como o correcto desenvolvemento técnico e económico do proxecto.

d) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto dos casos previstos na Lei 9/2007.

e) Subministrarlle á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, que regula a transparencia e o bo goberno no ámbito da Administración pública de Galicia.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. A tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria (artigo 82 RDC).

g) Comunicarlle ao órgano que concede a obtención de subvencións, de axudas, ingresos ou de recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Ter o seu domicilio social ou un centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia e realizar nesta comunidade autónoma as actividades subvencionadas.

i) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización previa para realizar modificacións no desenvolvemento dos proxectos galegos aprobados. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a inadmisión das cantidades desviadas.

k) Dar publicidade á axuda recibida nos contratos de subcontratación e no equipamento e material instrumental, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na súa páxina web e mantela actualizada. Na web deberán figurar, como mínimo, as entidades beneficiarias, os obxectivos e os principais avances do proxecto, que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, nos carteis, ou nas publicacións que se elaboren para a súa difusión pública, deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia, respectando o manual de identidade corporativa (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/descarga-do-manual), e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea».

l) Cumprir co plan de comunicación e difusión establecido no artigo 18 desta convocatoria.

m) Ao se tratar de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027, en relación coa publicidade de financiamento, segundo o previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a entidade beneficiaria deberá, durante a realización da operación:

1. Na súa páxina web oficial, cando exista a dita web, e nas súas contas de redes sociais fará unha breve descrición da operación, de forma proporcionada en relación co nivel da axuda, cos seus obxectivos e resultados e destacará a axuda económica da Unión Europea.

2. Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación debe destacar de forma visible as axudas da Unión Europea.

3. Exhibirá unha placa ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público, en que figure o emblema da Unión Europea, tan pronto como comece a execución física das operacións que impliquen investimentos físicos ou se instalen os equipos adquiridos e que teñan un custo total superior a 500.000 euros.

4. Para as operacións non encadradas no punto anterior, exporá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño A3, como mínimo, ou unha pantalla electrónica equivalente con información de actuación, en que se destaque o cofinanciamento da Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027.

As entidades beneficiarias deberán conservar, en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elaboren no marco da actuación. Este material deberase poñer á disposición da Xunta de Galicia ou das institucións da Unión Europea se así o solicitan.

Respectaranse en todo caso as directrices contidas no documento sobre O uso do emblema europeo no contexto dos programas da UE 2021-2027 e as características técnicas descritas no anexo IX do RDC.

No caso de persoal de nova contratación para o proxecto galego, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento pola Unión Europea, ao acrónimo do proxecto e a esta convocatoria. Para o resto de persoal dedicado ao proxecto, a entidade beneficiara deberá comunicar por escrito que parte do seu salario está a ser cofinanciado pola Unión Europea nos mesmos termos.

m) Manter un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados pola Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027.

n) A empresa líder do consorcio galego deberá informar do nivel de logro dos indicadores asociados á actuación que lles sexan de aplicación, ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos. Estes indicadores son:

– Indicador de resultado :

RCR02 Investimentos privados que acompañan ao apoio público (euros).

– Indicadores de realización:

RCO01 Empresas apoiadas (empresas).

RCO02 Empresas apoiadas a través de subvencións (empresas).

RCO07 Organizacións de investigación que participan en proxectos conxuntos de investigación (institucións de investigación).

o) Facilitar cantos datos resulten necesarios para o seguimento e a avaliación destas axudas no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da I+D, entre outros, as enquisas do INE. Tendo en conta que a localización do proxecto financiado ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar rexistrados na Comunidade Autónoma de Galicia.

No marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias, así como o seu nivel de satisfacción co apoio recibido. Para tales efectos, e por indicación da Axencia Galega de innovación, durante a execución e ao finalizar o proxecto, as entidades beneficiarias deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D.

p) No caso de proxectos seleccionados pola aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, este deberá manterse vixente durante o período de execución do proxecto.

q) Os organismos de investigación deberán contar cun sistema de contabilidade separada de actividades económicas e non económicas.

r) Comprometerse a evitar os impactos negativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar un prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

s) Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda para a cal serán convocados expresamente con antelación. Á devandita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa por cada unha das entidades participantes no proxecto galego.

t) En toda a documentación xerada en relación coa participación galega subvencionada e nos materiais de difusión da parte galega, utilizarase unha linguaxe inclusiva e non sexista, e velarase pola transmisión dunha imaxe igualitaria, non asociada a roles de xénero e que ofreza unha imaxe diversa tanto das mulleres coma dos homes.

En todos os actos de difusión que se realicen procurarase unha composición equilibrada entre mulleres e homes.

u) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa ás entidades beneficiarias na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

v) Manter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos da participación galega no proxecto para o que concede a axuda. A Axencia Galega de Innovación verificará o cumprimento desta obriga.

w) A entidade beneficiaria está obrigada a facilitar os datos do titular real dos perceptores de financiamento da unión, no caso de que, requirida dita información, non poida dispoñer dela.

x) A entidade beneficiaria cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade que resulte de aplicación.

Artigo 34. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda, a empresa líder do consorcio galego, como representante do proxecto galego, deberá presentar electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

2. Prazos de execución e de xustificación:

a) Prazos de execución:

Períodos de emisións das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade

Desde

Data de presentación da solicitude

Ata

30 de novembro de 2024

Segunda anualidade

Desde

1 de decembro de 2024

Ata

30 de setembro de 2025

Terceira anualidade

Desde

1 de outubro de 2025

Ata

30 de setembro de 2026

Cuarta anualidade

Desde

1 de outubro de 2026

Ata

30 de setembro de 2027

En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do prazo de execución. Exceptúanse desta regra xeral os gastos cuxos pagamentos se deban efectuar nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos a conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de execución. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que á entidade beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

Non serán subvencionables aqueles custos que non se correspondan cos conceptos indicados no DECA, salvo que se solicitase e aprobase por parte da Axencia Galega de Innovación a modificación oportuna da resolución de concesión.

b) Prazos de xustificación (presentación da documentación):

Presentación da documentación xustificativa

Primeira anualidade

Ata

26 de decembro de 2024

Segunda anualidade

Ata

15 de decembro de 2025

Terceira anualidade

Ata

15 de decembro de 2026

Cuarta anualidade

Ata

15 de decembro de 2027

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación económica xustificativa do custo das actividades e a documentación técnica.

As instrucións detalladas e os formularios para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal). A documentación presentarase de forma ordenada seguindo a orde establecida nas instrucións e nun formato que permita editar e tratar o texto.

Artigo 35. Documentación xustificativa económica

O líder da parte galega do consorcio deberá presentar un resumo global de execución para a totalidade do proxecto galego, así como o resto de documentación por cada un dos membros da parte galega do consorcio, que se sinala a continuación:

1. Conforme o artigo 16 desta convocatoria, a xustificación económica realizarase a través de informe de auditor. Este informe deberá axustarse ás instrucións incluídas no anexo X, verificando a existencia da documentación correspondente e revisando, ademais, o cumprimento dos requisitos que se exixen en cada concepto de gasto.

2. Deberá presentarse un resumo global de execución da parte galega para a totalidade do proxecto, así como o resto de documentación que se sinala a continuación. Este resumo global será responsabilidade do líder da parte galega da agrupación e o resto de documentación xustificativa deberá presentala cada un dos socios galegos do proxecto:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, utilizando o modelo que aparece como anexo V esta resolución e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal. Se for o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desoutras axudas.

b) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, conforme as entidades beneficiarias están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan á súa consulta por parte do órgano xestor.

c) Un resumo da execución do proxecto galego, no cal consten o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por partida e por concepto de gasto.

d) Se for o caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzadas e as súas desviacións de forma xustificada, seguindo o modelo do informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

e) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas ou documentos contables xustificativos do gasto deberán incluír, ademais de todos os requisitos exixidos pola normativa de facturación, unha descrición suficiente dos conceptos facturados que permita unha análise de coherencia coa documentación técnica.

f) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, que deberán ser o emisor da factura e a entidade beneficiaria da axuda, respectivamente, o número e o importe total da factura satisfeito. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos, o gasto non será subvencionable.

En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento. Non se aceptarán documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas ao proxecto.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas ditas facturas. En caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario presentar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da entidade, selada polo banco, coa relación detallada das facturas.

No suposto de pagamentos realizados mediante confirming ou cesión de pagamentos a provedores, a entidade beneficiaria deberá presentar o xustificante de pagamento á entidade financeira mediante cargo na súa conta bancaria e o xustificante de pagamento da entidade financeira ao provedor. Ambos os xustificantes deberán estar efectivamente pagados dentro do período de execución da anualidade. Con carácter excepcional, o xustificante de pagamento á entidade financeira mediante cargo na conta bancaria da entidade beneficiaria poderá achegarse dentro do prazo de xustificación da anualidade afectada.

A data das facturas dos gastos xustificados debe atoparse sempre dentro do período establecido de execución do proxecto galego. A única excepción admisible é a factura do auditor polo seu traballo de revisión da conta xustificativa de gastos, que poderá ser posterior, pero sempre dentro do prazo de xustificación de gastos da anualidade afectada.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados de acordo co establecido nos parágrafos anteriores.

Respecto da documentación xustificativa, cando non sexa posible a presentación de copia auténtica electrónica poderase presentar unha copia en formato pdf dos documentos indicados, realizada pola entidade beneficiaria e acompañada dunha declaración responsable da autenticidade deses documentos achegados, así como o compromiso de presentar os orixinais cando a Axencia Galega de Innovación llos requira.

g) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto galego, deberá dispoñerse de:

1. Certificación emitida polo responsable de persoal, co visto e prace da xerencia ou dirección da entidade, que consistirá nunha relación detallada por traballador/a do persoal dedicado ao proxecto, que deberá incluír os seguintes datos: DNI/NIE, nome, apelidos, posto na entidade, salarios fixados nun contrato de traballo, nun acordo laboral ou na lei (agás os custos de viaxes e indemnizacións ou axudas de custo), data de pagamento das nóminas, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado, grupo de cotización polo que está contratado, titulación e dedicación ao proxecto. Declaración da dedicación do persoal ao proxecto, no cal deben figurar as actividades en que participa mensualmente o/a traballador/a coa súa sinatura e a sinatura do/da xefe/a técnico/a do proxecto, conforme o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

2. Xustificación da comunicación por escrito ao persoal traballador de que parte do seu salario está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

3. Informe de vida laboral dos membros do equipo investigado, no caso de que se opoñan á súa consulta por parte do órgano xestor, referido á data de finalización do prazo de execución, e que comprenda toda a anualidade. No caso de persoal autónomo, certificado de vida laboral referido á data de finalización do prazo de execución. Para o persoal de nova contratación, deberá achegarse a copia do contrato en que se poidan verificar que o/a traballador/a se dedica exclusivamente ao proxecto e o resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica e o curriculum vitae.

4. Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades do proxecto e dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores e as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a orde de transferencia en que se detallen os traballadores incluídos.

5. Modelos 111 de retencións e ingresos de IRPF e os seus xustificantes bancarios de pagamento.

6. Relación nominal de trabajadores (RNT) e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os xustificantes bancarios de pagamento.

No caso de traballadores autónomos socios da empresa, deberase achegar o certificado de retencións ou ingresos á conta do IRPF, as nóminas e, se for o caso, as correspondentes facturas e documentos de pagamento. Unicamente será subvencionable o custo de Seguridade Social deste persoal cando se acredite que o importe é aboado pola empresa.

7. Informe de datos para a cotización-traballadores por conta allea da Seguridade Social (IDC) relativo ao período de execución de cada anualidade.

8. Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas desta convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %, utilizando o modelo que estará dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados por caixa ou en efectivo.

h) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado a entidade beneficiaria, de acordo co establecido no artigo 17 das bases reguladoras, no caso de non as ter achegado coa solicitude de axuda.

i) Declaración asinada polo/a representante legal, na cal se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no seu orzamento, calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá ir acompañada dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e do pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

k) No caso de leasing, será necesario presentar o contrato, as facturas e os documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución do proxecto galego.

l) En caso de subcontratacións, deberá achegarse a seguinte documentación:

1. Factura emitida pola entidade subcontratada á entidade beneficiaria, en que se especifique claramente o título do proxecto financiado. No caso de que sexan varias facturas, todas elas deberán especificar o título do proxecto.

2. Xustificante bancario de pagamento da factura da subcontratación.

3. Memoria técnica realizada polo/a subcontratista, datada e asinada, en que se describan os servizos e as actividades realizadas no proxecto galego, coa desagregación dos custos e os medios persoais e materiais empregados na súa realización.

4. A documentación que deberán achegar os/as subcontratistas segundo o indicado no artigo 15 desta convocatoria.

Artigo 36. Documentación xustificativa técnica

1. A documentación xustificativa técnica para o proxecto galego constará de:

a) Informe técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación. Este informe incluirá un apartado relativo ás actividades do plan de comunicación e difusión do proxecto galego. No informe indicaranse con exactitude e detalle as actividades do proxecto galego, detalladas por paquetes de traballo, así como calquera modificación do orzamento indicado na solicitude dos paquetes de traballo e conceptos de gasto, no caso de que houbera.

b) Memoria libre sobre a evolución do proxecto na que se deberá incluír a xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 33.

Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade de conformidade co Regulamento (UE) nº 2021/1060.

c) Á finalización do proxecto, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, deberá cubrirse a epígrafe relativa aos indicadores de seguimento do proxecto no informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

2. Sen prexuízo da documentación anteriormente indicada, poderá requirirse á entidade beneficiaria que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, as entidades beneficiarias non presentan a documentación xustificativa segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requiriraas para que a presenten no prazo improrrogable de dez días, advertíndolles de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 37. Pagamento

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e a conta das subvencións recollidas nesta resolución de acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tras a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

2. Pagamentos anticipados: as entidades beneficiarias poderán solicitar o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:

– Primeira anualidade: ata o 100 % da subvención concedida desta anualidade.

– Anualidades sucesivas: ata o 50 % da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida.

No caso de que a xustificación dunha anualidade sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe da seguinte anualidade.

A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención.

3. Pagamentos á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto galego sen necesidade de achegar ningún tipo de garantías.

A suma dos pagamentos anticipados e á conta non poderá superar o 90 % da subvención total concedida.

4. O pagamento efectuarase a cada un dos membros da parte galega do consorcio de empresas que participan no proxecto.

5. Antes de proceder ao pagamento da subvención en cada anualidade, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a xustificación adecuada da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención. É obrigatoria a realización, como mínimo, dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación a cada unha das entidades beneficiarias da parte galega do consorcio en cada anualidade. En todas as inspeccións deberá estar presente nas instalacións da entidade todo o persoal implicado no desenvolvemento das actividades realizadas do proxecto galego.

Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá realizar ao longo do proxecto as accións de comprobación que considere adecuadas para verificar o cumprimento das condicións técnicas e económicas exixidas á entidade beneficiaria, incluídas as visitas presenciais de xeito aleatorio, e cando se considere oportuno.

Tras a inspección final previa ao último pagamento da subvención efectuarase unha avaliación do proxecto presentado e valorado na solicitude, e emitirase un informe no que se indique o grao de cumprimento por parte das entidades beneficiarias galegas das tarefas, compromisos, obxectivos e condicións do proxecto.

6. Nas visitas de inspección, en caso de dúbida sobre o adecuado desenvolvemento do proxecto, poderá requirirse á entidade beneficiaria que presente cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para poder verificar o cumprimento das súas obrigas e a adecuada realización efectiva do proxecto.

7. A Axencia Galega de Innovación poderá solicitar un informe que acredite que se respecta o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) número 2020/852, co fin de verificar que se respectou este principio durante a execución da actividade financiada.

Artigo 38. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da entidade beneficiaria de estar ao día das obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro, se non se aboou a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 39. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da devandita axuda. De non ser así, perderá o dereito ao cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o procedemento de reintegro previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos proporcionados pola entidade beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda ou a ocultación dos datos que a impedisen.

b) Non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

c) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, das tarefas, dos compromisos ou das condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal se concedeu a axuda.

d) O incumprimento da obriga de xustificación, a xustificación insuficiente ou fóra do prazo establecido, a falsidade, a terxiversación ou a ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

e) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 33 desta resolución.

f) A resistencia, a escusa, a obstrución ou a negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou da conservación de documentos, cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) O incumprimento dos prazos de mantemento da actividade, do emprego ou do investimento, así como do plan de igualdade do centro no caso da aplicación como criterio de desempate, de acordo co establecido no artigo 28 desta resolución.

h) Non acreditar o cumprimento da normativa en materia de prazos a provedores, para subvencións por importe superior a 30.000 €.

i) O incumprimento de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido do artigo 17 de Regulamento (UE) 2020/852 dará lugar ao reintegro total da axuda.

k) Non facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos relacionados coa medición da innovación nos termos e condicións establecidos no artigo 33 desta convocatoria.

l) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 40. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento dos obxectivos da axuda, das actividades previstas no proxecto ou das condicións establecidas na resolución de concesión da axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e comprobación da xustificación, será causa de reintegro total da subvención.

En particular, serán causa de reintegro total da axuda e, de ser o caso, da perda do dereito ao cobramento, os seguintes supostos:

a) Se as tarefas, os compromisos, os obxectivos ou as condicións do proxecto dan lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a minoración da subvención segundo a porcentaxe de incumprimento sinalado no informe técnico. Se esta porcentaxe é superior ao 60 %, considerarase como incumprimento total e dará lugar ao reintegro da totalidade da axuda.

b) O incumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 dará lugar ao reintegro total da axuda.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro, que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, as verificacións previstas no artigo 74 do RDC, as auditorías do organismo de auditoría do programa Galicia Feder 2021-2027 ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto galego, de acordo co establecido nestas bases.

e) Non comunicar á Axencia Galega de Innovación a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

f) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable apropiado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

g) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

h) O incumprimento da normativa en materia de prazos a provedores.

i) O incumprimento da obriga de comunicar a obtención doutras axudas, para a mesma finalidade ou proxecto, ou para as mesmas partidas de gasto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

k) A xustificación dun custo inferior ao orzamento mínimo subvencionable.

2. O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes.

Tratándose de condicións referentes á contía do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao investimento deixado de xustificar ou xustificada indebidamente, minorando a subvención proporcionalmente.

Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda da seguinte maneira:

a) No caso de proxectos galegos en colaboración entre empresas cando na execución unha delas asuma máis do 70 % dos custos subvencionables ou a súa colaboración deixe de ser unha colaboración efectiva, segundo o punto 10 do anexo II, descontarase unha porcentaxe do 15 % de axuda ao non cumprir os requisitos do artigo 25.6.b) do Regulamento (UE) nº 651/2014.

b) No caso de proxectos galegos en colaboración efectiva entre empresas e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecementos, cando na execución:

– A súa colaboración deixe de ser unha colaboración efectiva (ver punto 10 do anexo II).

– O/os organismo/s asuma/n menos do 10 % dos custos subvencionables e non teña dereito a publicar os resultados da súa propia investigación.

Descontarase unha porcentaxe do 15 % de axuda ao non cumpriren os requisitos do artigo 25.6.b) do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Se o custo xustificado finalmente na partida de persoal de nova contratación fose inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a axuda aplicando unha porcentaxe do 10 % do custo deixado de xustificar.

d) O incumprimento da obriga de dar publicidade ao financiamento do proxecto galego conforme o establecido nesta resolución, e se non se adoptaron medidas correctoras, suporá a perda de ata un 3 % da subvención concedida. Esta penalización aplicarase aos supostos de incumprimento das actividades previstas no plan de comunicación e difusión do proxecto galego.

e) O incumprimento da obriga de presentar tres ofertas segundo o disposto no artigo 17 desta convocatoria, sen que concorran as circunstancias eximentes previstas no artigo 29.3 da Lei 9/2007, dará lugar á minoración do 10 % do custo subvencionable do gasto respecto do cal non se achegan as tres ofertas.

A aplicación destas penalizacións realizarase na última anualidade e o importe minorado detraerase desta. No caso de que o importe aprobado para a última anualidade resulte insuficiente para cubrir esta diferenza, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación dun expediente de reintegro nos termos recolleitos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

3. Excepcionalmente, se o incumprimento derivase de causas de forza maior, causas non imputables á entidade beneficiaria ou non previsibles ao longo do desenvolvemento do proxecto, a Axencia Galega de Innovación poderá revisar a aplicación das penalizacións en función do grao e da entidade da condición incumprida e sempre que se cumpriron as actividades e os obxectivos do proxecto e se alcanzase un informe final positivo.

4. Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

Artigo 41. Procedemento de reintegro

1. Se abonada unha parte ou a totalidade da axuda acaecesen os motivos que se indican no artigo 39 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro que se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano que concede estas axudas e comunicarase á entidade beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito á cobranza ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 42. Prescrición

1. O dereito da Administración para recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro (4) anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de Estado.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte da entidade beneficiaria.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no número 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No caso de que se estableceran condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte da entidade beneficiaria durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o devandito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración, realizada con coñecemento formal da entidade beneficiaria, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal da entidade beneficiaria ou da entidade colaboradora no curso dos devanditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna da entidade beneficiaria conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 43. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 €, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano que concede e quedará constancia no expediente mediante a acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como pola entidade beneficiaria. A comprobación material definida no parágrafo anterior poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións ás entidades beneficiarias que considere necesarias para o correcto desenvolvemento do proxecto, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da orixe dos fondos. Se na obrigatoria actividade de inspección previa ao pagamento final da subvención se constatase unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia Galega de Innovación, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

4. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar a entidade beneficiaria, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos.

5. As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular, ás verificacións previstas no artigo 74 do RDC e ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos. Para o exercicio destas actuacións, as entidades beneficiarias deberán achegar canta información lles sexa requirida. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco (5) anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á entidade beneficiaria (artigo 82 RDC).

Artigo 44. Publicación

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 45. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 46. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución ante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte ao que se produzan os efectos do silencio administrativo, ante a Dirección da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 47. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado.

Por outra banda, de acordo co disposto no artigo 2.1.1 da comunicación da Comisión sobre o Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01), non se aplicará o disposto no artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas que se concedan a organismos de investigación para actividades non económicas. As entidades beneficiarias, que ademais de actividades non económicas, realicen tamén actividades económicas, deberán consignar por separado o cofinanciamento, os custos e os ingresos respectivos.

b) Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados.

c) Regulamento (UE) nº 2021/1058, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2022/C 414/01).

f) Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, pola que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e demais normativa en materia que sexa de aplicación.

g) Regulamento (UE) 2020/852, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Supletoriamente, será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións que resulten de aplicación.

h) Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Transición Xusta para o período 2021-2027.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2024

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

DEFINICIÓNS

IN848G-AXUDAS VINNOVATE GALICIA

1. Vanguard Initiative: rede europea composta por 38 rexións co obxectivo común de estimular a I+D relacionada coas cadeas de valor de maior interese para estas rexións aliñadas coas súas respectivas RIS3. Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), forma parte desta alianza desde 2015.

2. Mecanismo interrexional Vinnovate: instrumento conxunto de financiamento da I+D+i interrexional posto en marcha ao abeiro da Vanguard Initiative. Ten como obxectivo facilitar a creación de consorcios para o impulso de proxectos estratéxicos de I+D+i entre os axentes dos ecosistemas das rexións que o integran. A través de Vinnovate facilítanse os recursos necesarios para o financiamento e execución destes proxectos. Cada unha das administracións rexionais participantes financia a participación dos seus axentes a través de convocatorias rexionais que se coordinan no marco deste novo mecanismo. A participación de Galicia realízase a través da Axencia Galega de Innovación. Pódese obter máis información sobre esta convocatoria interrexional na ligazón:

https://www.s3vanguardinitiative.eu/multipurpose-page/call-2024

As rexións adheridas, xunto con Galicia, a esta primeira convocatoria son:

– Leste dos Países Baixos (Países Baixos).

– Sur dos Países Baixos (Países Baixos).

– Emilia Romaña (Italia).

– Flandres (Bélxica).

– Valonia (Bélxica).

– Gales (Reino Unido).

– Galicia (España).

– Baixa Austria (Austria).

– Baixa Saxonia (Alemaña).

– Norte de Portugal (Portugal).

– Nordeste de Romanía (Romanía).

3. Memorandum of Understanding (MoU): documento asinado polas rexións europeas membros da Vanguard Initiative que participan na primeira convocatoria do novo mecanismo interrexional Vinnovate. Este documento formaliza os seus compromisos para posta en marcha desta convocatoria asegurando unha axeitada xestión desta.

4. VInnovate Galicia: axudas que se convocan mediante esta resolución canalizando a participación galega no mecanismo interrexional VInnovate. A través destas axudas articúlase o financiamento dos axentes galegos participantes nos proxectos interrexionais seleccionados ao abeiro da primeira convocatoria de VInnovate.

5. Pilots Vanguard Initiative: áreas temáticas compartidas polas rexións participantes no mecanismo VInnovate no marco das prioridades das súas respectivas RIS3. Os proxectos beneficiarios da primeira convocatoria deste mecanismo, onde se enmarcan estas axudas da Axencia Galega de Innovación, deberán focalizarse nun ou en varios dos seguintes ámbitos de especialización:

– Bioeconomía.

– Intelixencia artificial.

– Hidróxeno.

– Saúde intelixente / Medicina personalizada.

– Fabricación avanzada para aplicacións enerxéticas offshore.

– Produción de alto rendemento a través da impresión 3D.

– Novos produtos de base nanotecnolóxica.

– Fabricación eficiente e sustentable.

6. Secretariado de VInnovate: unidade que forma parte da Vanguard Initiative que se encarga de coordinar e implementar o mecanismo interrexional VInnovate. Será o encargado de dar soporte ás axencias rexionais no desenvolvemento da primeira convocatoria do mecanismo, validando a elixibilidade inicial das propostas a través do Formulario de adecuación (ver punto 7), comunicando ademais os proxectos interrexionais finalmente seleccionados e que cada axencia rexional deberá financiar na medida en que participen neles os seus axentes.

7. Formulario de adecuación da proposta (Project Fit Form-PFF): de xeito previo á presentación da solicitude do proxecto interrexional por cada un dos membros do consorcio á súa administración rexional correspondente, o líder do proxecto interrexional deberá remitir este formulario ao Secretariado de VInnovate. Este formulario consiste nunha autodeclaración e contén a información necesaria para que o Secretariado de VInnovate poida validar a elixibilidade dos proxectos segundo os requirimentos desta primeira convocatoria do mecanismo. Na valoración desta elixibilidade tense en conta o encaixe da proposta nos Pilots (punto 5 anterior), así como as características das distintas convocatorias rexionais, coordinadas ao abeiro do mecanismo VInnovate, a través das cales as diferentes administracións rexionais financian os seus axentes.

Esta validación da proposta do proxecto interrexional por parte do Secretariado de VInnovate é imprescindible para que cada membro do consorcio poida solicitar a axuda correspondente á súa administración rexional no marco da convocatoria que esta teña habilitada. Só as propostas que superen este paso previo serán elixibles e poderán optar ao financiamento rexional.

8. Proxecto interrexional: proxecto desenvolvido por entidades de dúas ou máis rexións cuxas administracións están adheridas á convocatoria de 2024 do mecanismo interrexional VInnovate. En liña cos seus requirimentos, estes proxectos deberán centrarse no desenvolvemento e despregamento de solucións (TRL 6-TRL8) orientadas a pemes (TRL 6-TRL8). É preciso que no consorcio do proxecto participe sempre unha peme que poderá colaborar con outras ou/e tamén con grandes empresas ou organismos de investigación (universidades, centros públicos ou privados de I+D, infraestruturas de investigación ou tecnolóxicas etc).

É preciso tamén que os proxectos se centren nalgún dos ámbitos temáticos dos oito pilotos (ver punto 5 anterior) e que contribúan de xeito directo ás transicións cara a unha industria máis sustentable e intelixente e menos dependente.

Ademais de entidades que pertenzan ás rexións con administracións vinculadas a esta primeira convocatoria do mecanismo Vinnovate, no consorcio do proxecto interrexional poderán participar axentes doutras rexións pero sen financiamento.

9. Participación galega no proxecto interrexional (proxecto galego): actividades que desenvolven os socios do consorcio galego no marco do proxecto interrexional (punto 8 anterior) en que colaboran varias rexións europeas participantes no mecanismo VInnovate. É preciso que a participación galega se leve a cabo en Galicia e sexa desenvolvida polo menos por unha peme en colaboración cunha ou con varias entidades das incluídas como posibles entidades beneficiarias no artigo 4 desta resolución. O consorcio galego deberá estar integrado por, como mínimo, dúas entidades independentes entre si e a súa participación debe centrarse en actividades de desenvolvemento experimental de TRL 6 e 7 (ver punto 11).

Dentro da participación galega unha das entidades desenvolverá o papel de líder fronte á Axencia Galega de Innovación. O líder do proxecto galego non ten por que coincidir co líder do proxecto interrexional no seu conxunto, encargado do envío do formulario de adecuación da proposta ao Secretariado de Vinnovate.

10. Colaboración efectiva: tal e como se recolle no artigo 2, punto 90, do Regulamento (UE) nº 651/2014, é a colaboración entre, polo menos, dúas partes independentes para o intercambio de coñecementos ou tecnoloxía, ou para lograr un obxectivo común sobre a base da división do traballo, en que as partes implicadas definen conxuntamente o ámbito do proxecto en colaboración, contribúen á súa aplicación e comparten os seus riscos e os seus resultados; unha ou varias das partes poden soportar a totalidade dos custos do proxecto e liberar así a outras partes dos seus riscos financeiros. A investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación non se consideran formas de colaboración.

11. Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, incluídos os dixitais, en calquera ámbito, tecnoloxía ou sector. Pode incluír, de forma non exhaustiva, as industrias e as tecnoloxías dixitais, por exemplo, a supercomputación, as tecnoloxías cuánticas, as tecnoloxías de cadeas de bloques, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, os macrodatos e as tecnoloxías na nube ou na fronteira. Isto pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornos representativos de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa alcanzar melloras técnicas para produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados. Pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que se poidan utilizar comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda que as ditas modificacións poidan representar melloras.

12. TRL ou Technology Readiness Levels: refírese aos niveis de madurez dunha tecnoloxía. Segundo o sistema TRL, considéranse nove niveis que abranguen desde os principios básicos da nova tecnoloxía ata as súas probas con éxito nunha contorna real. Para o que afecta esta convocatoria:

• TRL6: cóntase con prototipos piloto capaces de desenvolver todas as funcións necesarias dentro dun sistema determinado, tendo superado probas de factibilidade en condicións de operación ou funcionamento real. A tecnoloxía ou prototipo pode ser capaz de funcionar nas condicións reais en que se pretende que funcione, por exemplo, a nivel industrial.

• TRL7: o sistema atópase ou está próximo a operar en escala precomercial. É posible levar a cabo a fase de identificación de aspectos relacionados coa fabricación, a avaliación do ciclo de vida e a avaliación económica das tecnoloxías, contando coa maior parte de funcións dispoñibles para probas. A tecnoloxía perfeccionouse e cóntase con datos relacionados coas valoracións financeiras, validacións de prototipos en contorno real e de ciclo de vida.

13. Contorno de laboratorio: aquel contorno en que se realizan a análise e a experimentación das funcións máis críticas da tecnoloxía. A validación das predicións analíticas sobre os diferentes elementos que compoñen a dita tecnoloxía, e que foron realizadas na investigación básica, efectúase mediante estudos analíticos e de laboratorio. Neste mesmo contorno controlado empézanse a integrar os ditos compoñentes e a traballar de forma conxunta con eles. As probas son realizadas no nivel de sistema ou compoñente, así como mediante probas de concepto experimental validadas, pero sempre cunha baixa fidelidade.

14. Contorno relevante, operacional ou de simulación: aquel contorno en que xa os compoñentes básicos da tecnoloxía están integrados dunha forma razoablemente realista e a maioría das funcións están dispoñibles para demostración e proba. O sistema está parcialmente integrado con outros sistemas auxiliares mediante o uso dunhas interfaces iniciais. Empézase a traballar cun modelo representativo ou prototipo que se atopa preto da configuración final desexada en termos de rendemento, peso e volume. No dito prototipo empézanse a implantar problemas reais a grande escala e con características similares ao contorno real (o contorno previsto) proporcionando alta fidelidade.

15. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

16. Actividade económica: oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado, con independencia da forma xurídica das entidades (constituída de acordo co dereito público ou privado) ou da súa forma de financiamento. Non é relevante para estes efectos a finalidade da entidade (con ou sen ánimo de lucro).

17. Organismos de investigación e difusión de coñecementos: son organismos de investigación e difusión de coñecementos (en diante, organismos de investigación), segundo a definición do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou da súa forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de xeito independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental, ou difundir amplamente os resultados delas mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas ou financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberanse contabilizar por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xeren.

No caso en que o organismo de investigación realice case exclusivamente actividades non económicas, poderá quedar excluído na súa totalidade do ámbito de aplicación do artigo 107.1 do Tratado de funcionamento da Unión Europea sempre que as súas actividades económicas sexan puramente accesorias; é dicir, que correspondan a unha actividade que estea relacionada directamente co seu funcionamento, ou sexa necesaria para o seu funcionamento ou estea estreitamente vinculada ao seu principal uso non económico, e teña un alcance limitado. Considerarase que isto é así cando as actividades económicas consumen exactamente os mesmos insumos (como material, equipamento, man de obra e capital fixo) que as actividades non económicas e a capacidade asignada cada ano ás ditas actividades económicas non supera o 20 % da capacidade anual total da entidade de que se trate.

18. Actividades non económicas: son as actividades primarias dos organismos de investigación e infraestruturas de investigación, en particular:

a) A educación para lograr máis e mellor persoal cualificado; a educación pública organizada dentro do sistema nacional de educación, financiada predominantemente ou enteiramente polo Estado e supervisada por este pode considerarse unha actividade non económica.

b) A I+D independente para mellorar os coñecementos e a comprensión cando o organismo de investigación emprenda unha colaboración efectiva. A prestación de servizos de I+D e a I+D realizada por conta de empresas non se consideran I+D independente.

c) A ampla difusión de resultados das investigacións de forma non discriminatoria e non exclusiva, por exemplo, mediante o ensino, bases de datos de acceso aberto, publicacións abertas ou programas informáticos abertos.

d) As actividades de transferencia de coñecementos, cando son levadas a cabo polo organismo de investigación (incluídos os seus departamentos ou filiais) ou de forma conxunta, ou pola conta das devanditas entidades, e cando todos os beneficios xerados por elas volven a investirse en actividades primarias do organismo de investigación; o carácter non económico desas actividades non se ve afectado polo feito de contratar con terceiros a prestación dos servizos correspondentes mediante licitación pública.

19. Grande empresa: enténdese toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

20. Pequena e mediana empresa: segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considérase pequena empresa a que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

21. Entidade vinculada: son empresas vinculadas, segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, aquelas empresas entre as cales exista algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato subscrito con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo subscrito con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presúmese que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 non teñen implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións previstas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou doutras empresas, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos, considerándose mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior ao do mercado en cuestión.

22. Empresa en crise: tal e como se recolle no artigo 2, punto 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014, unha empresa en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) De se tratar dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para os efectos dos criterios para optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado), cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito; para os efectos desta disposición, «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva 2013/34/UE e «capital social» inclúe, cando cumpra, toda prima de emisión.

b) De se tratar dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para os efectos dos criterios para poder optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade; para efectos desta disposición, «sociedade en que polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa se encontre nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1°. O cociente débeda/capital da empresa sexa superior a 7,5.

2°. O cociente de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, se situase por debaixo de 1,0.

23. Efecto incentivador: de acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considérase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo do proxecto.

Para estes efectos, considérase un inicio posterior dos traballos cando estes teñen lugar con posterioridade á presentación da solicitude de axuda do proxecto galego á Axencia Galega de Innovación. No caso de detectarse que calquera actividade da participación galega no proxecto foi iniciada antes da devandita data, a totalidade dela será inadmisible, e non será suficiente a eliminación do custo subvencionable do gasto correspondente á actividade.

Pola súa natureza de proxecto colaborativo, para os efectos de presentación da solicitude, só se terá en conta a data de presentación da empresa líder da parte galega do consorcio.

Considérase que as axudas ad hoc concedidas a grandes empresas teñen efecto incentivador se, ademais de garantir que as actividades do proxecto non comezaron antes da presentación da solicitude, a entidade solicitante acredita na memoria técnica que a axuda dará lugar a un aumento substancial do alcance do proxecto ou, grazas a esta, un incremento substancial do importe total investido pola entidade beneficiaria no proxecto ou unha aceleración substancial do ritmo de execución do proxecto.

24. Reto da RIS3: cada un dos tres grandes retos estratéxicos de natureza económica e social da sociedade galega, identificados a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice, que a RIS3 aborda a través da I+D, co obxectivo de conseguir un impacto transformador sobre a economía e a sociedade galega. Os retos son:

– Reto 1: modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación. Modernización dos sectores primarios galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e do rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, agrarias, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– Reto 2: un modelo industrial baseado na competitividade e o coñecemento. Incrementar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia a través das tecnoloxías facilitadoras esenciais e a evolución das cadeas de valor.

– Reto 3: un modelo de vida saudable e baseado no envellecemento activo da poboación. Posicionar Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable e de envellecemento activo.

25. Prioridade da RIS3: cada unha das tres grandes temáticas transversais identificadas a través dun amplo proceso participativo cos axentes da cuádrupla hélice cara ás que a RIS3 orienta as capacidades e os esforzos do ecosistema galego de innovación para dar resposta aos tres grandes retos estratéxicos. As prioridades, polo seu carácter horizontal, teñen incidencia en todas as cadeas de valor e favorecen a colaboración entre sectores e as diferentes áreas de coñecemento e tecnolóxicas, constituíndo unha oportunidade de desenvolver novas cadeas de valor e novos mercados. Así mesmo, están plenamente aliñadas coas prioridades da Unión Europea e o Estado español. As prioridades son:

– Prioridade 1: desenvolvemento e aplicación das diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentabilidade dos recursos naturais (terra e mar) e patrimoniais de Galicia, xerando, ademais, oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables competitivos internacionalmente, e mellorando o benestar das persoas.

– Prioridade 2: apoio á dixitalización (desenvolvemento e/ou incorporación de tecnoloxías) para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e a prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais, como panca para a transformación resiliente de Galicia.

– Prioridade 3: orientación dos esforzos en I+D cara ás necesidades e o benestar das persoas, e consolidación de Galicia como un contorno de referencia mundial para o desenvolvemento e a testaxe de novas oportunidades e solucións científico-tecnolóxicas e empresariais dirixidas a elas.

26. Ámbito de priorización da RIS3: para precisar de forma máis detallada como cada prioridade aborda os tres retos, a RIS3 selecciona 29 temáticas máis delimitadas, denominadas ámbitos de priorización, que concretan e detallan o perfil de especialización para Galicia e nos cales se focalizan os investimentos e esforzos da estratexia.

Estes ámbitos de priorización caracterízanse pola súa transversalidade sectorial, abrindo oportunidades a diferentes cadeas de valor, así como novas formas de colaboración entre elas, no nivel tanto de mercados como de tecnoloxías ou procesos. Os ámbitos de priorización definíronse cos axentes da cuádrupla hélice durante o proceso de descubrimento emprendedor na fase de elaboración da RIS3.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VIII

ÍNDICE DA MEMORIA TÉCNICA

IN848G AXUDAS PARA VINNOVATE GALICIA

1. CONTIDO CIENTÍFICO-TÉCNICO DO PROXECTO INTERREXIONAL

1.1. Descrición da/s entidade/s solicitante/s

a) Breve historial da entidade.

b) Capacidade investigadora da entidade (medios materiais e instalacións de I+D que utilizarán no proxecto e traxectoria investigadora).

c) Para as entidades solicitantes que sexan empresas: medios produtivos dispoñibles, produtos/servizos que comercializan e breve descrición da súa organización comercial e do seu posicionamento no mercado.

d) Descrición da capacidade técnica do equipo humano que participa no proxecto, de acordo coa súa formación e experiencia.

e) Relación de proxectos de I+D relacionados levados a cabo previamente pola entidade e cuxos resultados son útiles para o desenvolvemento das tarefas do proxecto que se solicita.

1.2. Grao de innovación do proxecto

a) Antecedentes e estado da arte nacional e internacional. Xustificación da novidade que supón respecto destes antecedentes.

b) Xustificación da necesidade de abordar o proxecto.

c) Descrición das tecnoloxías ou innovacións que se pretenden empregar ou implantar no proxecto indicando as probas, validacións ou certificacións coN que conta e as contornas e sectores EN que foron empregadas, de ser o caso.

d) Obxectivos científico-tecnolóxicos do proxecto: adecuación dos obxectivos aos ámbitos prioritarios da Vanguard Initiative indicados no artigo 3 da presente convocatoria.

Nos proxectos deberán incuirse uns obxectivos viables tecnicamente, alcanzables, enfocados á mellora dos procesos, produtos e/ou servizos dos socios destes. Deberán ser descritos cualitativa e cuantitativamente. O grao de avance destes obxectivos tecnolóxicos deberá poder ser monitorizable para realizar o seguimento da súa consecución. Incluír, como mínimo, tres indicadores / proxecto medibles que permitan recoller os avances obtidos.

e) Descrición detallada da contribución das entidades participantes no proxecto para a consecución dos obxectivos indicados no punto anterior.

f) No caso so da participación galega no proxecto, capacidade que ten a implantación das tecnoloxías propostas para cumprir o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente e facilitar a realización de investimentos sustentables, en liña co descrito nesta convocatoria.

2. IMPLEMENTACIÓN DO PROXECTO

2.1. Descrición do plan de traballo.

a) Plan de traballo do proxecto interrexional segundo a táboa incluída no anexo I: descrición das diferentes actividades incluíndo a contribución técnica das entidades participantes en cada unha.

Para a participación galega: identificación e descrición detallada das principais fases/actividades técnicas (paquetes de traballo con tarefas e subtarefas asociadas), indicando para cada unha os seus obxectivos científico-técnicos específicos, as entidades participantes, os resultados esperados e o seu orzamento. No caso de que exista colaboración con algún organismo de investigación e difusión, describir con detalle o seu contido.

b) Cronograma das fases/actividades previstas (Gantt, PERT) no proxecto interrexional e, dun xeito máis detallado, cronograma da participación galega nnel. Só no caso do proxecto galego, metodoloxía de execución das distintas tarefas e subtarefas descritas, indicando a súa interrelación.

c) Só para a participación galega no proxecto:

– Estrutura organizativa do proxecto e mecanismo de xestión e seguimento proposto para este.

– Avaliación dos puntos críticos e factores de risco. Plan de continxencias.

2.2. Descrición detallada do orzamento da participación galega.

Para cada unha das entidades que participan no proxecto, xustificación das distintas partidas en que se distribúe o orzamento para a súa participación nel. Descrición dos aparellos e equipamentos de investigación que se van adquirir, dos materiais, das subcontratacións e de todo tipo de colaboracións técnicas, así como dos custos de persoal, xustificando detalladamente a súa necesidade e adecuación ás tarefas do proxecto.

2.3. Efecto incentivador.

Xustificación de como a axuda fará que a entidade solicitante emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que realizaría dunha maneira limitada ou diferente, de forma que a axuda supoña un aumento substancial dalgún/s dos seguintes puntos:

– Do alcance do proxecto.

– Da cantidade total investida.

– Da súa velocidade de execución.

3. IMPACTO SOCIOECONÓMICO DA PARTICIPACIÓN GALEGA NO PROXECTO

3.1. Explotación dos resultados esperados e orientación ao mercado do proxecto.

Analizarase a viabilidade económica do proxecto en termos de rendibilidade esperada, a través da descrición do mercado potencial e do plan de negocio definido para a comercialización dos resultados de investigación conseguidos. Incluirase:

a) Investimento privado e social que se vai mobilizar coa realización do proxecto tanto a nivel europeo como rexional, tendo en conta a capacidade do proxecto para xerar valor engadido en Galicia, mellorando a súa proxección internacional.

b) Xustificación da mellora do posicionamento e proxección da nosa comunidade cara ao exterior nos ámbitos prioritarios da RIS3 Galicia 2021-2027 a través do reforzo das capacidades dos axentes do seu ecosistema innovador. Indicar, se é o caso, as complementariedades e sinerxías que se producirán para Galicia, a través do proxecto, con outros apoios rexionais.

c) Impacto potencial, de ser o caso, na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: xustificación do encaixe do proxecto solicitado no marco da Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal.

d) Explotación dos resultados esperados e orientación ao mercado: rendibilidade esperada dos resultados de I+D:

d.1. Estratexia de comercialización dos resultados: comercialización dos novos ou mellorados produtos e protección dos resultados da propiedade industrial e intelectual, se os houber (2 puntos).

d.2. Mercado potencial e capacidade para a apertura de mercados

e) Efecto de arrastre do proxecto: incorporación dos resultados tecnolóxicos do proxecto a cadeas de valor estratéxicas para Galicia mellorando a competitividade a nivel internacional.

f) Integración de organismos de investigación como socios ou como entidades subcontratadas no proxecto, tendo en conta o compoñente técnico das actividades que desenvolvan e o seu enfoque cara á transferencia de coñecemento.

g) Complementariedades e sinerxias con outras políticas. Xustificación da adecuación do proxecto co Plan estratéxico de Galicia.

h) Implicacións ambientais do proxecto: consonancia co Pacto verde europeo.

i) Xustificación da adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i no ecosistema galego. Aliñamento dos obxectivos do proxecto con algún dos seguintes criterios:

i.1. A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde da cidadanía.

i.2. A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/o dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

i.3. A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, da enxeñaría e da tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

i.4. A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

i.5. A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

k) Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto.

l) Participación de persoas con diversidade funcional no equipo de traballo.

m) Xeración de emprego: número de empregos creados e a duración dos contratos.

ANEXO IX

Memoria xustificativa do cumprimento do principio de non causar
prexuízo significativo ao ambiente (DNSH)

IN848G-AXUDAS VINNOVATE GALICIA

A memoria deberá conter as seguintes epígrafes:

1. Resumo do proxecto

a) Detallaranse e especificaranse as actividades, os métodos e os procedementos para seguir coa indicación da responsabilidade e a participación de cada unha das entidades nas actividades.

b) Describiranse os obxectivos técnicos, especificando as implicacións ambientais que comporta a súa realización (utilización de recursos, xeración de residuos, emisións de gases de efecto invernadoiro, tratamentos de augas etc.)

c) Describiranse os resultados esperados no proxecto e por cada socio especificando o posible beneficio ambiental que se achega na súa realización.

2. Consideración dos efectos ambientais directos ou indirectos na execución do proxecto e na súa posible vida útil

Considérase un efecto indirecto aquel que se produce con posterioridade á execución do proxecto e que sexa efecto da utilización/explotación do produto desenvolvido.

Detallaranse os efectos ao ambiente, tanto directos como indirectos, provocados no proceso de desenvolvemento do proxecto e a súa posterior utilización.

Se no desenvolvemento do proxecto e na súa vida útil se identifica un efecto prexudicial para o ambiente con base nos obxectivos ambientais, débese propoñer unha alternativa de utilización/ produción. Se non hai alternativa posible, deberase argumentar e xustificar a súa necesidade de uso ou produción.

3. Xustificación do proxecto como actividade de baixo impacto ambiental

Nesta epígrafe débese xustificar e argumentar que:

a) Non existen alternativas viables de baixo impacto ambiental desde o punto de vista técnico e/ou económico para a realización do proxecto;

b) se adoptan os mellores niveis de desempeño ambiental no sector para a execución do proxecto;

c) a actividade conduce a un desempeño ambiental significativamente mellor que as alternativas dispoñibles no sector.

Os tres puntos deben ser argumentados e xustificados tendo en conta os procesos ou tecnoloxías de utilización e/ou desenvolvemento do proxecto.

4. Obxectivos ambientais

Para cubrir este punto débese explicar o proceso de produción ou desenvolvemento do proxecto e se interfire ou compromete algúns dos obxectivos ambientais. Aínda que non sexa de aplicación algún dos obxectivos ambientais no desenvolvemento do proxecto, débese xustificar igualmente. Con carácter xeral, cada obxectivo ambiental debe conter:

a) Unha explicación do obxectivo técnico e do proceso (actividades do proxecto e materias primas utilizadas) de desenvolvemento do proxecto enfocada a cada obxectivo ambiental.

b) A argumentación e/ou xustificación á pregunta formulada debe incluír referencias á lexislación ambiental nacional e/ou da UE aplicable.

c) Facilitar, cando for posible, datos cuantitativos de referencia e valores cuxa meta se pretende alcanzar.

d) No caso de se identificar un impacto, indicar mecanismos de control e seguimento para previlo. Incluír referencias á aplicación ou utilización de sistemas de xestión ambiental, utilización de bens ou servizos con etiqueta ecolóxica da UE.

En cada obxectivo ambiental débese responder á pregunta formulada coas indicacións específicas descritas para cada un deles:

1. Contribución substancial para a mitigación do cambio climático

Espérase que o proxecto xere emisións importantes de gases de efecto invernadoiro?

Segundo o artigo 10 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade contribúe de forma substancial a estabilizar as concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera a un nivel que impida interferencias antropoxénicas perigosas no sistema climático compatible co obxectivo de longo prazo en materia de temperatura do Acordo de París, a través da prevención ou redución das emisións dos ditos gases ou do incremento da súa absorción, sinaladamente a través da innovación de procesos ou produtos por algún dos medios seguintes:

a) a xeración, a transmisión, o almacenamento, a distribución ou o uso de enerxías renovables, en particular utilizando tecnoloxías innovadoras cun potencial de aforro futuro significativo ou mediante os reforzos ou ampliacións da rede que fosen necesarios;

b) a mellora da eficiencia enerxética, excepto para as actividades de xeración de electricidade a que se refire o artigo 19, punto 3;

c) o aumento da mobilidade limpa ou climaticamente neutra;

d) o paso para a utilización de materiais renovables procedentes de fontes sustentables;

e) o aumento do uso de tecnoloxías de captura e utilización de carbono e de captura e almacenamento de carbono seguros para o ambiente que xeren unha redución neta das emisións de gases de efecto invernadoiro;

f) o reforzo dos sumidoiros de carbono, en particular mediante a prevención da deforestación e da degradación dos bosques, a recuperación dos bosques, a xestión sustentable e a recuperación das terras agrícolas, dos prados e das zonas húmidas, a forestación e a agricultura rexenerativa;

g) a implantación da infraestrutura enerxética necesaria para posibilitar a descarbonización dos sistemas de enerxía;

h) a produción de combustibles limpos e eficientes a partir de fontes renovables ou neutras en carbono ou

i) facilitar calquera das actividades mencionadas nas letras a) e h) do presente punto conforme o disposto no artigo 16.

Deberase facer referencia á compatibilidade co obxectivo de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro para o ano 2030 e co obxectivo de neutralidade climática para o ano 2050.

Para accións relacionadas con electrificación, farase referencia á complementación con medidas dirixidas á descarbonización e ao aumento da capacidade de xeración de enerxías renovables a nivel nacional.

2. Contribución substancial para a adaptación ao cambio climático

Espérase que o proxecto dea lugar a un aumento dos efectos adversos das condicións climáticas actuais e das previstas no futuro, sobre si mesma ou nas persoas, a natureza ou os activos?

Segundo o artigo 11 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade económica contribúe de forma substancial á adaptación ao cambio climático cando esta actividade:

a) inclúa solucións de adaptación que ou ben reduzan de forma substancial o risco de efectos adversos do clima actual e do clima previsto no futuro sobre esa actividade económica ou ben reduzan de forma substancial eses efectos adversos, sen aumentar o risco de efectos adversos sobre as persoas, a natureza ou os activos, ou

b) prevexa solucións de adaptación que, ademais de cumprir as condicións establecidas no artigo 16, contribúen de forma substancial para previr ou reducir o risco de efectos adversos do clima actual e do clima previsto no futuro ou reduzan de forma substancial eses efectos adversos sobre as persoas, a natureza ou os activos, sen aumentar o risco de efectos adversos sobre outras persoas, outras partes da natureza ou outros activos.

Débese referenciar a valoración de realizar unha avaliación do risco climático, e realizala, se for de aplicación.

3. Contribución substancial para o uso sustentable e para a protección sustentable dos recursos hídricos e mariños

Espérase que o proxecto prexudique o bo estado ou o bo potencial ecolóxico das masas de augas (superficiais e subterráneas) ou o bo estado ecolóxico das augas mariñas?

Segundo o artigo 12 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade económica contribúe de forma substancial para o uso sustentable e para a protección dos recursos hídricos e mariños cando contribúa substancialmente para alcanzar o bo estado das masas de augas, incluídas as augas superficiais e as augas subterráneas, ou a previr a súa deterioración cando están xa en bo estado, ou ben cando contribúa substancialmente a acadar o bo estado ambiental das augas mariñas ou para previr a súa deterioración cando estean en bo estado ambiental por algún dos medios seguintes:

a) protexer o ambiente dos efectos adversos das verteduras de augas residuais urbanas e industriais, en especial, de contaminantes que son obxecto de preocupación crecente como os produtos farmacéuticos e os microplásticos, garantindo a recollida, o tratamento e a vertedura adecuados das augas residuais urbanas e industriais;

b) protexer a saúde humana dos efectos adversos de toda a contaminación das augas destinadas ao consumo humano garantindo que estas estean libres de calquera microorganismo, parasito ou substancia que poida representar un perigo para a saúde humana e mellorando o acceso da poboación á auga potable limpa;

c) mellorar a xestión e a eficiencia da auga, en particular, protexendo e mellorando o estado dos ecosistemas acuáticos, fomentando o uso sustentable da auga mediante a protección no longo prazo dos recursos hídricos dispoñibles, por exemplo, con medidas como a reutilización da auga, reducindo progresivamente os contaminantes nas augas superficiais e subterráneas, contribuíndo para reducir os efectos de inundacións e secas, ou mediante calquera outra actividade que protexa ou mellore o estado cualitativo e cuantitativo das masas de auga;

d) velar pola utilización sustentable dos servizos dos ecosistemas mariños ou contribuír para o bo estado ambiental das augas mariñas, en particular, protexendo, conservando e restaurando o medio mariño e evitando ou reducindo as verteduras no medio mariño, ou

e) facilitar calquera das actividades enumeradas nas letras a) a d) do presente punto conforme o disposto no artigo 16.

Con base na execución do proxecto, débense identificar e considerar os posibles riscos de degradación ambiental da calidade das augas e prevención da tensión hídrica en virtude do Directiva marco da auga e os plans hidrolóxicos de conca.

No caso de actuacións no medio mariño e costeiro, non impedir nin comprometer de forma permanente a consecución dun bo estado ambiental, tal como se define no Directiva marco sobre a estratexia mariña, a nivel da rexión ou subrexión mariña de que se trate ou nas augas mariñas doutros Estados.

Débese referenciar non ter un impacto significativo sobre: i) as masas de auga afectadas ou ii) hábitats e especies protexidos que dependen directamente da auga.

Débese respectar a xerarquía de mitigación e outros requisitos pertinentes en virtude da Directiva de aves silvestres e a Directiva de conservación dos hábitat naturais e de flora e fauna silvestres.

4. Contribución substancial para a transición para unha economía circular

Espérase que o proxecto dea lugar a un aumento significativo da xeración, incineración ou eliminación de residuos, excepto a incineración de residuos perigosos non reciclables, ou que xere importantes ineficiencias no uso directo ou indirecto de recursos naturais en calquera das fases do seu ciclo de vida, que non se minimicen con medidas adecuadas ou que dea lugar a un prexuízo significativo e a longo prazo para o ambiente en relación coa economía circular?

Segundo o artigo 13 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade contribúe de forma substancial á transición cara á economía circular, en particular a prevención, a reutilización e a reciclaxe de residuos, cando a dita actividade:

a) use os recursos naturais, sinaladamente materiais sustentables de orixe biolóxica e outras materias primas, na produción de modo máis eficiente, a través da redución do uso de materias primas primarias ou o aumento do uso de subprodutos e de materias primas secundarias ou use medidas de eficiencia enerxética e dos recursos;

b) aumente a durabilidade, a reparabilidade ou as posibilidades de actualización ou reutilizacIón dos produtos, especialmente nas actividades de deseño e fabricación;

c) aumente a reciclabilidade dos produtos e a reciclabilidade dos materiais contidos nos ditos produtos, entre outras maneiras a través da substitución dos produtos e materiais non reciclables ou a súa menor utilización, especialmente nas actividades de deseño e fabricación;

d) reduza de forma substancial o contido de sustancias perigosas e substitúa as substancias extremadamente preocupantes en materiais e produtos ao longo de todo o seu ciclo de vida, consonte os obxectivos establecidos no dereito da Unión, en particular substituíndo as ditas substancias por alternativas máis seguras e garantindo a súa rastrexabilidade;

e) prolongue o uso de produtos, concretamente a través da reutilización, o deseño para a súa durabilidade, novas orientacións, a desmontaxe, as actualizacións, a reparación e o uso compartido;

f) aumente o uso de materias primas secundarias e a calidade destas, en particular a través da reciclaxe de residuos de alta calidade;

g) preveña ou reduza a xeración de residuos, especialmente a procedente da extracción de minerais e os residuos da construción e demolición de edificios;

h) incremente a preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos;

i) aumente o desenvolvemento da infraestrutura de xestión de residuos necesaria para a prevención, para a preparación para a reutilización e para a reciclaxe, ao tempo que se garanta que os materiais recuperados resultantes se reciclan como materias primas secundarias de alta calidade na produción, evitando o ciclo de degradación;

j) reduza ao mínimo a incineración e evite a vertedura dos residuos, incluída a descarga en vertedoiros, de conformidade cos principios da xerarquía de residuos;

k) evite ou reduza a dispersión de residuos no ambiente;

l) facilite as actividades mencionadas nas letras a) a k) deste punto conforme o disposto no artigo 16.

Débese garantir a utilización eficiente para os principais recursos utilizados. Débense abordar as ineficiencias no uso dos recursos e garantir a recollida separada eficaz e eficiente dos residuos en orixe, así como que as fraccións separadas en orixe se envían para a preparación para a súa reutilización ou reciclaxe.

Todo iso consonte o plan de xestión de residuos e o programa de prevención de residuos nacionais ou rexionais pertinentes, de conformidade co artigo 28 da Directiva 2008/98/CE modificada pola Directiva 2018/851/UE e, cando exista, coa estratexia nacional, rexional ou local de economía circular e cos principios de produtos sustentables e coa xerarquía de residuos, priorizando a prevención de residuos.

5. Contribución substancial para a prevención e o control da contaminación

Espérase que o proxecto dea lugar a un aumento significativo das emisións de contaminantes á atmosfera, á auga ou ao solo?

Segundo o artigo 14 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade contribúe de forma substancial á prevención e o control da contaminación cando contribúa á protección fronte á contaminación do ambiente por algún dos medios seguintes:

a) previr ou, cando isto non for posible, reducir as emisións contaminantes para atmosfera, a auga ou a terra, distintas dos gases de efecto invernadoiro;

b) mellorar os niveis de calidade do aire, a auga ou o solo nas zonas en que a actividade económica se realiza e minimizar ao mesmo tempo os efectos adversos para a saúde humana e o ambiente, ou o risco de os xerar;

c) previr ou reducir ao mínimo calquera efecto adverso para a saúde humana e o ambiente provocado pola produción, o uso e a eliminación de produtos químicos;

d) realizar tarefas de limpeza dos residuos abandonados e de calquera outra contaminación ou

e) facilitar calquera das actividades mencionadas nas letras a) a d) deste punto conforme o artigo 16.

Todo iso facendo referencia aos plans de redución da contaminación existentes a nivel mundial, nacional, rexional ou local. Se for de aplicación, identificar, propoñer e incluír solucións alternativas ao uso de substancias perigosas.

Se for de aplicación, xustificar a metodoloxía de uso sustentable dos praguicidas.

Se for de aplicación, xustificar a utilización das mellores prácticas para combater a resistencia aos antimicrobianos.

6. Contribución substancial para a protección e a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas

Espérase que o proxecto vaia en gran medida en detrimento das boas condicións e a resiliencia dos ecosistemas ou en detrimento do estado da conservación dos hábitats e das especies, en particular daqueles de interese para a Unión Europea?

Segundo o artigo 15 do Regulamento 2020/852, considérase que unha actividade contribúe de forma substancial á protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas cando esta actividade contribúa de forma substancial a protexer, conservar ou recuperar a biodiversidade ou a lograr as boas condicións dos ecosistemas, ou a protexer os ecosistemas que xa están en boas condicións por medio:

a) da conservación da natureza e a biodiversidade, en particular, logrando un estado de conservación favorable dos hábitats naturais e seminaturais e das especies ou evitando a súa deterioración se o seu estado e conservación xa é favorable, e protexendo e restaurando os ecosistemas terrestres, mariños e outros ecosistemas acuáticos co fin de mellorar o seu estado e capacidade de prestar servizos ecosistémicos;

b) do uso e a xestión sustentables da terra, en particular, a protección adecuada da biodiversidade do solo, a neutralidade na degradación das terras e o saneamento dos terreos contaminados;

c) dunhas prácticas agrícolas sustentables, en particular, aquelas que contribúan para mellorar a biodiversidade ou a frear ou evitar a degradación dos solos e outros ecosistemas, a deforestación e a perda de hábitats;

d) dunha xestión forestal sustentable, cunhas prácticas e unha utilización dos bosques e dos terreos forestais que contribúan a mellorar a biodiversidade ou que freen ou eviten a degradación dos ecosistemas, a deforestación e a perda de hábitats

e) de facilitar calquera das actividades mencionadas nas letras a) a d) deste punto conforme o disposto no artigo 16.

Confirmar e xustificar que a actuación respecta a xerarquía de mitigación e outros requisitos pertinentes en virtude da Directiva de aves silvestres e a Directiva de conservación dos hábitats naturais.

Cando cumpra, confirmar o compromiso de realización dunha avaliación do impacto ambiental e aplicación das súas conclusións.

ANEXO X

IN848G-AXUDAS VINNOVATE GALICIA

Informe de revisión de memoria económica que realizará o auditor

O obxecto deste informe é tanto a validación da correcta xustificación dos gastos vinculados ao orzamento do proxecto que corresponde aos beneficiarios galegos como a verificación do cumprimento doutras condicións requiridas pola normativa aplicable.

O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, e deberá ser realizado por un mesmo auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, cuxa designación corresponderá ao líder da participación galega no proxecto interrexional

Ademais, terá en conta as bases reguladoras e as instrucións que se detallan neste anexo.

1. Análise e comprobacións que efectuará o auditor

O auditor, na súa análise, deberá verificar a memoria económica e ter en conta:

1. As condicións da resolución de concesión.

2. O orzamento susceptible de financiamento establecido na resolución de concesión e, se é o caso, nas resolucións posteriores que impliquen modificacións autorizadas pola Axencia Galega de Innovación.

3. Que a información económica contida na memoria económica está soportada por unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade financiada, con identificación do acredor e do documento (factura ou documento de valor probatorio equivalente segundo a normativa nacional e comunitaria aplicable á subvención), o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, tal e como se describe de forma detallada no artigo 35 para cada tipoloxía de gasto. As facturas ou os documentos contables xustificativos do gasto deberán incluír, ademais de todos os requisitos exixidos pola normativa de facturación, unha descrición suficiente dos conceptos facturados que permita unha análise de coherencia coa documentación técnica.

4. Que a entidade dispón de documentos orixinais acreditativos dos gastos xustificados e do seu pagamento e que os devanditos documentos foron reflectidos nos rexistros contables, tal e como se indica de forma detallada no artigo 35 para cada tipoloxía de gasto.

5. Que os gastos e investimentos que integran a relación cumpren os requisitos para teren a consideración de gasto susceptible de financiamento.

6. Que todos os pagamentos dos gastos executados están realizados dentro dos prazos establecidos no artigo 34.

7. Verificar que a entidade mantén un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes aos investimentos realizados no proxecto.

8. Verificar, no caso de organismos de investigación, que contan cunha contabilidade separada de actividades económicas e non económicas. No caso en que sexa aplicable, verificar que o organismo realiza case exclusivamente actividades non económicas, é dicir, que as súas actividades económicas son puramente accesorias (segundo a definición do punto 17 do anexo II).

Coa xustificación de cada anualidade, os beneficiarios presentarán un resumo de execución da subvención agrupado por custos directos e indirectos:

A. Custos directos

Os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente vinculados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade pode demostrarse. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1. Persoal

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 35 e comprobar:

a. Se o persoal está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b. Que o persoal cumpre os requisitos establecidos no artigo 11 da convocatoria para os custos de persoal.

c. Comprobación das retribucións satisfeitas das persoas que imputaron dedicación de acordo coa documentación xustificativa (nóminas e xustificantes de pagamento e certificado de retencións de IRPF).

d. Comprobación do custo da Seguridade Social imputable a cada beneficiario mediante os modelos RNT e RLC de cotización á Seguridade Social e documento de pagamento de todos os meses de actividade do proxecto.

e. Se o persoal está incluído no informe de vida laboral da empresa, se o tipo de contrato é subvencionable e se o grupo de cotización se corresponde co que figura na resolución de concesión.

f. No caso de que se imputen custos de persoal autónomo contratado en concepto de persoal propio, o auditor verificará, ademais:

– Que o devandito persoal traballa regularmente na entidade que imputa os gastos e que non se trata dunha contratación esporádica, e que a súa dedicación ao proxecto non supera o establecido no artigo 11 da convocatoria.

– Que se realizaron efectivamente os pagamentos ao persoal autónomo contratado pola contía imputada.

g. Comprobación, no caso de persoal de nova contratación, da dedicación exclusiva ao proxecto, de que non tivo vinculación laboral coa empresa nos 6 meses anteriores ao inicio do seu contrato e de que este fai mención expresa ao cofinanciamento pola Unión Europea, ao acrónimo do proxecto e á convocatoria.

h. Comprobación da comunicación por escrito ao traballador ou traballadora de que parte do seu salario está a ser cofinanciado pola Unión Europea.

i. Comprobación de que toda a documentación xustificativa é coherente co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

j. Verificar que se cumpren o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

2. Equipamento e material instrumental de nova adquisición

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 35 comprobando:

a. Se este concepto está incluído dentro do orzamento financiable que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b. Se a cota anual de amortización, a data de inicio da amortización e o importe de adquisición de cada equipo é a reflectida nos rexistros contables da sociedade e se corresponde co indicado na documentación de solicitude do proxecto.

c. Debe verificar que os equipos que se están a amortizar non recibiron calquera outra axuda pública para a súa adquisición.

d. Verificar que se achegaron un mínimo de tres ofertas para os gastos establecidos no artigo 17 da convocatoria.

e. Verificar que se cumpre o resto de requisitos e se conta con toda a documentación xustificativa indicada na convocatoria para este concepto subvencionable.

3. Materiais, subministracións e produtos similares

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 35, comprobando:

a. Se este concepto está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b. Verificar que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

c. Verificar que se achegaron un mínimo de tres ofertas para os gastos establecidos no artigo 17 da convocatoria.

d. Verificar que se cumpren o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

4. Adquisición de patentes

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 35, comprobando:

a. Se este concepto está incluído dentro do orzamento financiable que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b. Verificar que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas por la Axencia Galega de Innovación.

c. Verificar que as patentes foron adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á entidade solicitante e que a operación se realizou en condicións de plena competencia.

d. Verificar que se achegaron un mínimo de tres ofertas para os gastos establecidos no artigo 17 da convocatoria.

e. Verificar que se cumpren o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

5. Subcontratacións

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 35, comprobando:

a. Se este concepto está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b. Verificar que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

c. Verificar que se achegaron un mínimo de tres ofertas para os gastos establecidos no artigo 17 da convocatoria.

d. Verificar a subscrición do contrato entre o beneficiario e a entidade subcontratista nos casos que establece o artigo 15 das bases reguladoras.

e. Verificar que se achega a documentación que se indica no artigo 15.3 e 15.5 da convocatoria.

f. Verificar que se cumpren o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

6. Outros custos

– O custo derivado do informe realizado polo auditor.

– O custo derivado do plan de comunicación e difusión do proxecto.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 35 para cada un destes custos comprobando:

a. Se o concepto está incluído no orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b. As datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento deberán ser coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

c. Deberá verificar que o custo do informe de auditoría e o custo derivado do plan de comunicación e difusión do proxecto non superan os límites establecidos no artigo 16.

d. Verificar que se cumpren o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada nesta convocatoria para este concepto subvencionable.

B. Custos de carácter indirecto

Os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por teren carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización. Inclúense os gastos administrativos tales como xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade, subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono, seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

O auditor, conforme as bases reguladoras, verificará que os custos indirectos se corresponden co importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 15 % aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto (artigo 10 das bases reguladoras).

2. Outras obrigas e comprobacións que efectuará o auditor

a. Deberá comprobar no caso de empresas o cumprimento dos prazos de pagamento a provedores de conformidade co previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

b. Deberá conservar copia de toda a documentación utilizada para a análise e verificación dos conceptos incluídos na memoria económica durante o prazo que sexa legalmente exixible.

c. Comprobará, no lugar de desenvolvemento do proxecto, a existencia de indicación visible do financiamento por parte da Axencia Galega de Innovación e que se cumpren o resto de requisitos en materia de publicidade e información recollidos no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, e nas bases reguladoras desta convocatoria.

d. O auditor deberá asistir á reunión que convocará a Axencia Galega de Innovación para facilitarlle a revisión conforme as instrucións recollidas neste anexo. Esta reunión terá carácter obrigatorio e a ausencia poderá dar lugar á inadmisión dos gastos xustificados en concepto de auditoría (artigo 16 das bases reguladoras).

e. Calquera outra que derive da verificación dos requisitos indicados nesta convocatoria e no resto de normativa que lle é de aplicación (artigo 47 das bases reguladoras).

ANEXO XI

RETOS E PRIORIDADES DA RIS3 PARA GALICIA NO PERÍODO 2021-2027

IN848G-AXUDAS VINNOVATE GALICIA

RETOS PARA TRANSFORMAR A ECONOMÍA E SOCIEDADE GALEGAS

RETO 1. Modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseados na innovación

RETO 2. Modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento

RETO 3. Modelo de vida saudable e envellecemento activo da poboación

PRIORIDADES EN QUE ORIENTAR A INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN

Prioridade 1

SUSTENTABILIDADE

Desenvolver e aplicar diferentes solucións científico-tecnolóxicas e de innovación para avanzar na descarbonización das cadeas de valor, a sustentatibilidade dos recursos naturais e patrimoniais de Galicia.

Xerar oportunidades para a diversificación cara a produtos sustentables, competitivos internacionalmente, e que melloren o benestar das persoas.

Prioridade 2

DIXITALIZACIÓN

Apoiar o desenvolvemento de tecnoloxías dixitais para impulsar o modelo industrial galego, a xestión e prestación de servizos sanitarios e sociais de calidade, así como a xestión de recursos naturais e culturais.

Prioridade 3

ENFOQUE CARA ÁS PERSOAS

Orientar os esforzos en I+D+i cara ás necesidades e o benestar das persoas. Consolidar Galicia como unha contorna de referencia mundial para o desenvolvemento e testaxe de novas oportunidades e solucións innovadoras.

ÁMBITOS DE PRIORIZACIÓN

Prioridade 1

Ámbito de priorización

Eficiencia enerxética en procesos produtivos, en construción e en mobilidade

Economía circular e simbiose industrial

Desenvolvemento de téxtiles sustentables

Descarbonización das cadeas de valor

Biocombustible e enerxías renovables

Biotecnoloxía agraria, mariña, industrial e ecolóxica

Construción sustentable

Materias primas, produtos, envases e embalaxes máis sustentables na cadea de valor alimentaria

Mellora, preservación, xestión sustentable e posta en valor da biodiversidade

Mobilidade urbana e rural

Turismo e patrimonio cultural sustentable

Prioridade 2

Ámbito de priorización

Administración pública dixital

Desenvolvemento de competencias dixitais e educación dixital

Desenvolvemento de propostas de valor ao redor dos recursos naturais, patrimoniais, culturais e turísticos

Fabricación avanzada e intelixente

Soberanía tecnolóxica (desenvolvemento de coñecemento, tecnoloxías e aplicacións innovadoras propias)

Redes intelixentes, flexibilidade e almacenamento enerxético

Saúde dixital

Tecnificación e dixitalización do sector primario (agricultura, gandaría e forestal, pesca e acuicultura) e da industria mineira

Xerontotecnoloxías

Prioridade 3

Ámbito de priorización

Alimentación humana saudable e funcional

Deporte, para a promoción da autonomía persoal e mellora da calidade de vida

Desenvolvemento de téxtiles intelixentes para saúde e deporte

Economía prateada e dos coidados

Medicina de prevención, rexenerativa e de precisión

Novas solucións de hábitat e modelos de convivencia

Saúde animal: veterinaria e alimentación de precisión

Turismo saudable baseado en recursos naturais

Investigación básica de excelencia e na fronteira do coñecemento