DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2024 Páx. 50398

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria das axudas do fondo de acción social para o persoal da institución correspondentes ao exercicio 2024.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 11 de xullo, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro do fondo de acción social para o exercicio 2024: axudas para a atención a discapacitados. As ditas bases están expostas na intranet e no taboleiro de anuncios da institución, e o prazo de presentación de solicitudes quedará aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.

Os interesados deben presentar as súas solicitudes na sede electrónica do Consello de Contas de Galicia escollendo, dentro do catálogo de trámites para empregados e cargos públicos da institución, o correspondente ao ADM050509 Fondo de Acción Social-Atención a discapacitados.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2024

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia