DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2024.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 9 de agosto de 2024, aprobouse a oferta de emprego público deste concello para o ano 2024, que contén as prazas que se citan a seguir:

Corporación: Concello do Corgo.

Número de código: 27014.

Persoal funcionario:

Nº de prazas

Denominación

Xornada

Denominación do posto na RPT

1

Auxiliar administrativo posto base-Secretario/a do Xulgado de Paz

Xornada completa

Auxiliar administrativo posto base/Secretaría xulgado (Área de Servizos Xerais)

Persoal laboral fixo:

Nº de prazas

Denominación

Xornada

Denominación do posto na RPT

1

Auxiliar de axuda no fogar

Xornada completa

Auxiliar de axuda no fogar Itinerario 13 (servizos sociais comunitarios básicos)

A execución desta oferta de emprego público debe realizarse dentro do prazo improrrogable de tres anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no correspondente diario oficial.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

Contra a referida resolución poderase interpoñer potestativamente o recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da referida notificación, ou interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sito na rúa Armando Durán, 27002 Lugo, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da referida notificación, sen poder simultanear ambos os dous, conforme se dispón nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Advírteselle que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que se considere pertinente e/ou exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente.

O Corgo, 12 de agosto de 2024

Felipe Labrada Reija
Alcalde