DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO da convocatoria para a praza de auxiliar administrativo (C2), mediante o sistema de concurso (taxa adicional estabilización, artigo 217 RDL 5/2023).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 169, do 3 de setembro de 2024, publicáronse as bases que regulan a convocatoria para a praza de auxiliar administrativo (C2) mediante o sistema de concurso (taxa adicional estabilización, artigo 217, Real decreto lexislativo 5/2023).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria serán publicados na forma prevista nas súas bases reguladoras.

Ortigueira, 3 de setembro de 2024

José Valentín Calvín Fondevila
Alcalde