DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 5 de setembro de 2024 Páx. 49597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 29 de agosto de 2024 polo que se fai pública a resolución pola que se declara deserta a bolsa de formación práctica para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

Mediante a Resolución da dirección da Escola Galega de Administración Pública do 6 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) convocouse unha bolsa de formación práctica para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

O prazo de presentación de solicitudes establecido na base cuarta foi dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Nese prazo non se presentou ningunha candidatura.

De acordo co establecido na base décimo terceira da convocatoria, no caso de non se presentaren solicitudes, a convocatoria será declarada deserta.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na dita base décimo terceira, faise pública a Resolución da dirección da Escola Galega de Administración Pública, do 28 de agosto de 2024, pola que se declara deserta a bolsa de formación práctica para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a dirección da Escola Galega de Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da dita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2024

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007, DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Beatriz Simón Cuesta
Secretaria xeral da Escola Galega de Administración Pública