DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 5 de setembro de 2024 Páx. 49598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 29 de agosto de 2024 polo que se fai pública a resolución de concesión dunha bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo.

Mediante a Resolución da dirección da Escola Galega de Administración Pública do 6 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) convocouse unha bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo.

En cumprimento do establecido na base décimo segunda da dita resolución, a Comisión de Avaliación examinou e valorou os méritos e realizou a entrevista ás persoas candidatas, do que resultou unha proposta de adxudicación que foi elevada á dirección da Escola Galega de Administración Pública.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base décimo terceira, faise pública a Resolución da dirección da Escola Galega de Administración Pública, do 29 de agosto de 2024, pola que se concede unha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo a Mirian Reijo Otero, NIF **2884**P, por ser a candidata que obtivo maior puntuación.

As actividades de formación comezarán na data da súa incorporación na Escola Galega de Administración Pública e finalizarán o 31 de decembro de 2024.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a dirección da Escola Galega de Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Asemade, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da dita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2024

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007, DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Beatriz Simón Cuesta
Secretaria xeral da Escola Galega de Administración Pública