DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público de acceso libre (expediente 511/2024).

Mediante a Resolución da Alcaldía deste Concello número 2024-0366, do 23 de xullo de 2024, aprobouse a oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2024, co seguinte contido:

«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público de 2024 coa inclusión das seguintes prazas:

– Prazas de acceso libre:

Persoal laboral fixo:

1. Denominación da praza: peón/peoa de servizos.

Grupo/categoría: 10/peón/peoa.

Sistema de selección: concurso-oposición libre.

Prazas: 1.

Xornada: completa.

2. Denominación da praza: auxiliar administrativa adscrita.

Grupo/categoría: 5/auxiliar.

Sistema de selección: concurso-oposición libre.

Prazas: 1.

Xornada: completa.

3. Denominación da praza: arquitecto/a técnico/a municipal.

Grupo/categoría: 2/técnico/a.

Sistema de selección: concurso-oposición libre.

Prazas: 1.

Xornada: media xornada (dous días á semana presencial e 4 horas á semana telemática).

4. Denominación da praza: auxiliar de axuda a domicilio.

Grupo/categoría: 7/auxiliar.

Sistema de selección: concurso-oposición libre.

Prazas. 2.

Xornada: media xornada (catro horas diarias).

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios do concello de Padrenda, así como na sede electrónica deste (https://padrenda.sedelectronica.es/info.0) e no Diario Oficial de Galicia unha vez que se publicase no Boletín Oficial da provincia de Ourense.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos desde a data de publicación».

Este edicto apareceu inserido no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 153, do 8 de agosto de 2024.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para o exercicio 2024 do Concello de Padrenda, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía do Concello, no prazo dun mes, que contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, se este radica en Galicia, no prazo de dous meses, que contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se poida considerar máis convinte ao seu dereito.

Padrenda, 8 de agosto de 2024

Manuel Pérez Pereira
Alcalde