DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontecesures

ANUNCIO de rectificación das bases específicas de estabilización de prazas de auxiliar de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 248, do 29 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Pontecesures, incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022.

O anuncio da convocatoria foi publicado no DOG número 139, do 18 de xullo de 2024 e no BOE número 192, do 9 de agosto de 2024.

No BOPPO núm. 164, do 23 de agosto de 2024, publicouse a rectificación das bases específicas de dúas prazas de auxiliar de policía local incluídas na oferta extraordinaria de estabilización, de forma que:

Se suprime na base segunda o parágrafo que dispón como requisito para o acceso, «Ter unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes e 1,60 metros no caso das mulleres».

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases da convocatoria.

Pontecesures, 26 de agosto de 2024

María Teresa Tocino Barreiro
Alcaldesa