DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49150

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2024 pola que se redistribúe o financiamento por tipoloxía de proxectos recollida na Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P).

Mediante a Resolución do Inega do 29 de xaneiro de 2024, que foi publicada no DOG número 29, do 9 de febreiro, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o 21 de marzo e non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles na epígrafe correspondente a proxectos de solar térmica e, porén, non hai dispoñibilidade orzamentaria suficiente na epígrafe correspondente a aerotermia.

Por todo o anterior, e dado que nas tipoloxías de proxectos correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de enerxías renovables térmicas,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, para a anualidade 2024 en función do volume de solicitudes recibido, modificando a táboa do artigo 2 da Resolución do 29 de xaneiro de 2024 do seguinte xeito:

– Modificación orzamentaria:

Tipoloxía de proxectos

Importe (€)

Modificación

Importe final (€)

Biomasa

1.000.000

1.000.000

Aerotermia

450.000

+ 20.000

470.000

Xeotermia e hidrotermia

500.000

500.000

Solar térmica

50.000

- 20.000

30.000

Total

2.000.000

0

2.000.000

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2024

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia