DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 2 de setembro de 2024 Páx. 49133

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2024 pola que se anuncia a convocatoria do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, na súa condición de entidade pública instrumental do sector público, ten entre as súas funcións favorecer un contexto dixital en que a cidadanía poida acadar, actualizar e mellorar as súas competencias dixitais, en liña cos cambios e os usos tecnolóxicos que se integren na sociedade.

Para tal fin, e tendo como referente o Marco europeo de competencias dixitais na súa versión DigComp 2.2, o Decreto 123/2021, do 2 de setembro, regulou o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais, de acordo co establecido na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, co obxectivo de acadar unha cidadanía dixitalmente responsable nunha contorna en que, cada vez máis, se require o uso da tecnoloxía case a diario.

O artigo 3 do citado Decreto 123/2021 establece que o desenvolvemento específico das dimensións e especializacións do marco en función dos grupos destinatarios se incluirá no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

O 11 de setembro de 2023 aprobouse unha primeira versión deste documento en que se identifica como unha das vías de obtención do certificado galego en competencias dixitais (ComDix) a realización dunha proba de certificación específica que permita demostrar ter os coñecementos, habilidades e actitudes propias das devanditas competencias. Actualmente, na súa segunda versión, aprobada o 20 de xuño de 2024 polo Consello Reitor da Amtega, mantense esta vía de obtención.

Esta proba de certificación compleméntase coa posta á disposición das persoas interesadas de contidos en liña en réxime de autoformación, de uso voluntario, para adquirir os coñecementos, habilidades e actitudes dixitais, e que servirá de referencia antes de presentarse á proba de certificación.

Así mesmo, establece no seu artigo 13 que a propia Amtega, a través das aulas da Rede de centros para a modernización e a inclusión tecnolóxica (Rede Cemit), cooperará, no seu ámbito de competencia, na execución das actuacións para a xestión da certificación en competencias dixitais, e estará habilitada e autorizada para a formación e avaliación cara á súa obtención.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Convocar as actividades do Programa de autoformación e as probas de certificación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais-nivel iniciación (en diante, ComDix-iniciación), que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas nos anexos I e II e o calendario que figura no anexo III.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2024

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I

Contidos das actividades do programa
de autoformación ComDix-iniciación

Bases

Primeira. Itinerario formativo

1. As actividades do programa de autoformación conforman un itinerario formativo composto polos 7 cursos seguintes:

Curso

Horas

• Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.

10

• ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital.

25

• ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar.

35

• ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.

40

• ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica.

50

• ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.

50

• ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño».

40

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e cuestionarios de corrección automática ou actividades interactivas que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva e que están relacionadas coas competencias derivadas do Marco galego de competencias dixitais.

3. Matricularse nun curso non obriga á súa realización total, e poderán consultarse os seus contidos de forma parcial sen completar a totalidade das actividades que o compoñen.

Segunda. Acceso aos contidos

1. Poden acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por ningún proceso de selección, todas aquelas persoas que cumpran cos seguintes requisitos:

• Ser maiores de 16 anos.

• Estar dadas de alta como usuario/a da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

2. O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

3. Cada persoa determinará libremente as actividades formativas en que quere inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.

4. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación reguladas no anexo II nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

5. Así mesmo, a realización total ou parcial do itinerario formativo non dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada no anexo II.

Terceira. Diploma de aproveitamento

1. A realización na súa totalidade de calquera dos cursos que conforman este itinerario xerará a posibilidade de realizar un exame final presencial, cuxa superación outorgará o dereito a obter un diploma de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación.

2. Este exame final presencial terá que realizarse logo de inscrición nalgunha das aulas CeMIT dispoñibles para a súa realización, aulas que se poderán consultar na páxina web https://cemit.xunta.gal, a través da procura «Exame presencial EMA teleformación».

ANEXO II

Probas de certificación para a obtención do certificado
de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-iniciación)

Bases

Primeira. Edicións

1. Convócanse dúas (2) edicións de probas de certificación presencial, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario:

Outubro

23 - mércores

24 - xoves

25 - venres

Novembro

20 - mércores

21 - xoves

22 - venres

2. As probas de certificación terán lugar segundo o calendario que figura no anexo III, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios para cada unha das edicións.

Segunda. Solicitudes de participación e prazo de inscrición

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT https://cemit.xunta.gal

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición estará aberto para as dúas (2) edicións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas interesadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria:

• Edición de outubro: ata o 18 de setembro, inclusive.

• Edición de novembro: ata o 18 de outubro, inclusive.

4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante en cada edición, e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario dunha mesma edición.

5. A Administración excluirá de oficio de posteriores edicións aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas e xa superasen a proba de certificación.

6. Unha vez que finalice o prazo de inscrición de cada edición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base terceira, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídas.

Terceira. Criterios de selección

1. Se existisen máis solicitudes que o número de prazas en cada unha das localidades, as prazas dispoñibles distribuiranse correlativamente entre as persoas que preinscribisen en tempo e forma. A orde de asignación será o resultado dun sorteo público, que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscrición de cada edición.

2. Para elaborar a listaxe tomarase a data e a hora de rexistro no sistema e asignarase o número un (1) ao primeiro solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.

3. Realizarase un sorteo a través dunha aplicación informática que seleccionará aleatoriamente un único número de entre os que integran a lista de solicitantes do punto anterior. Este número corresponderá ao día, hora e minuto concretos en que se realizou a preinscrición.

4. As prazas adxudicaranse a partir da solicitude correspondente co número determinado no parágrafo anterior da lista previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.

5. Para os efectos do número anterior, no caso de finalizar a lista sen cubrir o número total de prazas dispoñibles, continuarase desde o seu comezo.

6. Os resultados do sorteo publicaranse na web da Rede CeMIT para a súa consulta pública (https://cemit.xunta.gal).

Cuarta. Publicación da relación do persoal seleccionado

1. Para cada proba de certificación en cada unha das localidades, días e horarios de realización, publicarase na páxina web https://cemit.xunta.gal unha relación provisional de persoas admitidas e excluídas, así como un número adecuado de reservas, de conformidade co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días hábiles desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal

No caso de non rexeitala expresamente no citado prazo, entenderase que a persoa seleccionada acepta participar nas probas de certificación para as cales foi admitida provisionalmente.

3. Así mesmo, as persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días desde a devandita publicación para presentar alegacións, de conformidade co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Tras venceren estes prazos de presentación, a Rede CeMIT publicará na súa web https://cemit.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas nas probas. Contra esta listaxe poderase interpor recurso de alzada no prazo dun (1) mes desde a devandita publicación, de conformidade co disposto nos artigos, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinta. Exención do pagamento de taxas de exame

1. Segundo o establecido no artigo 23.10 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exencións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 240, do 11 de decembro), referente ás exencións de taxa por servizos administrativos, a matriculación na presente convocatoria estará exenta do pagamento de taxas.

Sexta. Renuncia á realización da proba de certificación

1. A renuncia debe ser comunicada por escrito á Amtega a través do correo electrónico formacion-cemit@xunta.gal cunha antelación de polo menos 15 días con respecto á data da proba de certificación.

2. Se por calquera motivo non se asiste á proba, a persoa inscrita consumirá esa convocatoria.

3. Se o motivo da non presentación é xustificado, deberá presentar o comprobante correspondente no centro de certificación para que poida inscribirse na próxima convocatoria.

Consideraranse causas xustificadas: accidente, hospitalización, nacemento ou adopción, falecemento dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou primeiro de afinidade, obrigas públicas ineludibles e outras de carácter igualmente excepcional.

4. O usuario non poderá inscribirse nunha nova proba no prazo de doce meses no caso de non presentación sen xustificación ou de incumprimento grave das normas, calquera que sexa o tipo de certificación. Considéranse infraccións graves das normas as seguintes:

• Uso de material de estudo, acceso a páxinas web non permitidas ou uso doutros recursos que representen unha axuda non permitida á hora de responder as preguntas do exame.

• Anotación ou captura de preguntas do exame que logo poden filtrarse a outras persoas.

• Calquera conduta sospeitosa que supoña un intento de copia ou fraude identificada polo responsable da proba.

Sétima. Desenvolvemento das probas de certificación

1. A proba de certificación para a obtención do certificado ComDix realizarase na plataforma habilitada para o efecto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. A estrutura desta proba será a seguinte:

• Estará dispoñible tanto en galego como en castelán, para que a persoa usuaria poida seleccionar o idioma no momento de realizar a proba.

• Constará dun cuestionario composto por entre 60 e 70 preguntas de diversa complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco galego ComDix.

• Tipoloxía de preguntas: pregunta simple, múltiple, arrastrar, relacionar...

• Non haberá penalización por preguntas incorrectas.

• Disporase dun tempo máximo de 90 minutos para realizar a proba.

• Serán considerados aptos/as aqueles/as que superen o 60 % das preguntas referentes a cada unha das 5 áreas e o 70 % do total das preguntas.

• Se algún candidato non finaliza a proba no tempo establecido, o exame darase por concluído e enviarase automaticamente para a súa corrección.

• Unha vez que cada candidato complete a súa proba, poderá coñecer a súa puntuación, o seu resultado (apto/a ou non apto/a) e saber o número de preguntas incorrectas.

3. As persoas con discapacidade legalmente recoñecida poderán solicitar a adaptación do tempo ou dos medios necesarios para realizar a proba. A dita adaptación deberá comunicarse cunha antelación mínima de cinco (5) días á data de realización da proba por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal

4. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos ou calquera outro material adicional durante o desenvolvemento das probas de certificación.

Oitava. Facultades da Amtega

1. Resolver aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e xestión das actividades formativas e de certificación. Así mesmo, correspóndelle dispor o necesario para a execución e cumprimento da presente resolución.

2. Expedir a certificación galega de competencias dixitais a todas aquelas persoas que superen con éxito a proba de certificación, segundo o disposto no Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula a dita certificación.

Novena. Notificacións

1. As persoas que superen as probas de certificación serán notificadas preferentemente por medios electrónicos, e poderán decidir e comunicar en calquera momento que as sucesivas notificacións se realicen ou se deixen de realizar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema enviaralles ás persoas interesadas avisos da dispoñibilidade das notificacións mediante un correo electrónico dirixido á dirección de correo electrónico incluída na solicitude para os efectos de notificación.

3. As notificacións realizadas por medios electrónicos consideraranse realizadas no momento de acceder ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa obrigatoria, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, considerarase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde que se puxo á disposición a notificación sen acceder ao seu contido.

4. Se por problemas técnicos non for posible o envío da notificación electrónica, a Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia realizarán a notificación polos medios previstos na normativa que regula o procedemento administrativo común.

Décima. Información sobre protección de datos persoais

1. Os datos persoais recollidos neste procedemento serán tratados na súa calidade de responsable pola Xunta de Galicia-Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coas finalidades de levar a cabo a tramitación da presente convocatoria de cursos de autoformación, e as persoas interesadas serán informadas sobre o seu desenvolvemento e a expedición de certificados de uso.

2. O tratamento de datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, de conformidade co disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e no Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a Certificación galega en competencias dixitais, nesta convocatoria e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

3. Os datos poderán ser comunicados a terceiros colaboradores para a titorización da acción formativa e a expedición do certificado de competencias dixitais, coa finalidade de informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento e xestionar a súa expedición e arquivamento. Determinados datos tamén poderán ser comunicados a entidades que colaboren na supervisión e xestión de probas de coñecementos ou de avaliación, para que non se cometan irregularidades.

4. Para dar a publicidade requirida ao procedemento, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os datos identificativos das persoas interesadas publicaranse de conformidade co que se describe na presente resolución a través dos distintos medios de comunicación institucional de que dispón a Xunta de Galicia, tales como xornais oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

5. As persoas interesadas poderanlle solicitar ao responsable o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como exercer outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, persoalmente ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

6. Información adicional e contacto co delegado de protección de datos en:

https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

ANEXO III

Lugares e datas de realización das probas
para a obtención do certificado

Primeira. Calendario das probas

As probas de certificación presencial desenvolveranse segundo o seguinte calendario de cada unha das dúas (2) edicións convocadas.

Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade, nos días e horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.

As localizacións físicas de cada aula pódense consultar na web https://cemit.xunta.gal/centros

– Edición de outubro (23, 24 e 25 de outubro).

Data límite de inscrición: ata o 18 de setembro, inclusive.

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 23 de outubro

10.00

14

Ames

Coruña, A

Mércores, 23 de outubro

10.00

13

Betanzos

Coruña, A

Mércores, 23 de outubro

10.00

21

Lugo-Balteira

Lugo

Mércores, 23 de outubro

10.00

12

Ribadeo

Lugo

Mércores, 23 de outubro

10.00

13

Sarria

Lugo

Mércores, 23 de outubro

10.00

17

Celanova

Ourense

Mércores, 23 de outubro

10.00

12

Cuntis

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

9

Estrada, A

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

12

Marín

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

18

Moaña

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

14

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

27

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

9

Valga

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

12

Vigo

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

13

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

10.00

20

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 23 de outubro

12.00

14

Santa Comba

Coruña, A

Mércores, 23 de outubro

12.00

19

Castrelo de Miño

Ourense

Mércores, 23 de outubro

12.00

9

Cuntis

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

12.00

9

Moaña

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

12.00

14

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 23 de outubro

12.00

9

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Abegondo

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

14

Ames

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

13

Betanzos

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

21

Boiro

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

12

Brión

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

11

Cerceda

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

10

Fisterra

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

12

Ortigueira

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

10

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

12

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

10.00

17

Ribadeo

Lugo

Xoves, 24 de outubro

10.00

13

Sarria

Lugo

Xoves, 24 de outubro

10.00

17

Barco, O

Ourense

Xoves, 24 de outubro

10.00

17

Castrelo de Miño

Ourense

Xoves, 24 de outubro

10.00

9

Leiro

Ourense

Xoves, 24 de outubro

10.00

6

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

10.00

12

Lalín

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

10.00

20

Moaña

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

10.00

14

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

10.00

9

Valga

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

10.00

12

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

10.00

20

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Abegondo

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

12.00

14

Brión

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

12.00

11

Melide

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

12.00

18

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

12.00

12

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

12.00

17

Lugo-Balteira

Lugo

Xoves, 24 de outubro

12.00

12

Leiro

Ourense

Xoves, 24 de outubro

12.00

6

Lalín

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

12.00

20

Moaña

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

12.00

14

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

12.00

9

Vigo

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

12.00

13

Cerceda

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

16.00

10

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

16.00

19

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 24 de outubro

16.00

17

Guitiriz

Lugo

Xoves, 24 de outubro

16.00

20

Lugo-Balteira

Lugo

Xoves, 24 de outubro

16.00

12

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 24 de outubro

16.00

6

Bande

Ourense

Xoves, 24 de outubro

16.00

8

Celanova

Ourense

Xoves, 24 de outubro

16.00

12

Leiro

Ourense

Xoves, 24 de outubro

16.00

6

Vilar de Santos

Ourense

Xoves, 24 de outubro

16.00

7

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

16.00

18

Marín

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

16.00

18

Moaña

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

16.00

14

Poio

Pontevedra

Xoves, 24 de outubro

16.00

7

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Ames

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

10.00

13

Boiro

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

10.00

12

Brión

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

10.00

11

Oroso

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

10.00

15

Ribeira

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

10.00

12

Barreiros

Lugo

Venres, 25 de outubro

10.00

12

Chantada

Lugo

Venres, 25 de outubro

10.00

18

Guitiriz

Lugo

Venres, 25 de outubro

10.00

20

Lugo-Balteira

Lugo

Venres, 25 de outubro

10.00

12

Cañiza, A

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

10.00

18

Estrada, A

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

10.00

12

Moaña

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

10.00

14

Pontevedra

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

10.00

27

Tomiño

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

10.00

9

Valga

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

10.00

12

Vigo

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

10.00

13

Brión

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

12.00

11

Melide

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

12.00

18

Oroso

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

12.00

15

Ribeira

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

12.00

12

Vimianzo

Coruña, A

Venres, 25 de outubro

12.00

15

Lugo-Balteira

Lugo

Venres, 25 de outubro

12.00

12

Vicedo, O

Lugo

Venres, 25 de outubro

12.00

6

Cañiza, A

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

12.00

18

Moaña

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

12.00

14

Tomiño

Pontevedra

Venres, 25 de outubro

12.00

9

– Edición de novembro (20, 21 e 22 de novembro).

Data límite de inscrición: ata o 18 de outubro, inclusive.

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 20 de novembro

10.00

14

Ames

Coruña, A

Mércores, 20 de novembro

10.00

13

Betanzos

Coruña, A

Mércores, 20 de novembro

10.00

21

Coruña, A-Eirís

Coruña, A

Mércores, 20 de novembro

10.00

16

Ribadeo

Lugo

Mércores, 20 de novembro.

10.00

13

Sarria

Lugo

Mércores, 20 de novembro

10.00

17

Celanova

Ourense

Mércores, 20 de novembro

10.00

12

Cuntis

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

10.00

9

Estrada, A

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

10.00

12

Moaña

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

10.00

14

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

10.00

27

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

10.00

9

Valga

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

10.00

12

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

10.00

20

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 20 de novembro

12.00

14

Coruña, A-Eirís

Coruña, A

Mércores, 20 de novembro

12.00

16

Santa Comba

Coruña, A

Mércores, 20 de novembro.

12.00

19

Lugo-Balteira

Lugo

Mércores, 20 de novembro

12.00

12

Castrelo de Miño

Ourense

Mércores, 20 de novembro

12.00

9

Cuntis

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

12.00

9

Marín

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

12.00

18

Moaña

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

12.00

14

Tomiño

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

12.00

9

Vigo

Pontevedra

Mércores, 20 de novembro

12.00

13

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Ames

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

10.00

13

Boiro

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

10.00

12

Brión

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

10.00

11

Cerceda

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

10.00

10

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

10.00

12

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

10.00

17

Lugo-Balteira

Lugo

Xoves, 21 de novembro

10.00

12

Ribadeo

Lugo

Xoves, 21 de novembro

10.00

13

Sarria

Lugo

Xoves, 21 de novembro

10.00

17

Castrelo de Miño

Ourense

Xoves, 21 de novembro

10.00

9

Leiro

Ourense

Xoves, 21 de novembro

10.00

6

Estrada, A

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

10.00

12

Lalín

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

10.00

20

Moaña

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

10.00

14

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

10.00

9

Valga

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

10.00

12

Vigo

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

10.00

13

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

10.00

20

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Brión

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

12.00

11

Ortigueira

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

12.00

10

Ribeira

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

12.00

12

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

12.00

17

Carballedo

Lugo

Xoves, 21 de novembro

12.00

8

Leiro

Ourense

Xoves, 21 de novembro

12.00

6

Lalín

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

12.00

20

Moaña

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

12.00

14

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

12.00

9

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Cerceda

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

16.00

10

Coruña, A-Eirís

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

16.00

16

Fisterra

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

16.00

12

Melide

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

16.00

18

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

16.00

19

Santiago de Compostela

Coruña, A

Xoves, 21 de novembro

16.00

17

Guitiriz

Lugo

Xoves, 21 de novembro

16.00

20

Lugo-Balteira

Lugo

Xoves, 21 de novembro

16.00

12

Riotorto

Lugo

Xoves, 21 de novembro

16.00

6

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 21 de novembro

16.00

6

Bande

Ourense

Xoves, 21 de novembro

16.00

8

Castro Caldelas

Ourense

Xoves, 21 de novembro

16.00

15

Celanova

Ourense

Xoves, 21 de novembro

16.00

12

Leiro

Ourense

Xoves, 21 de novembro

16.00

6

Campo Lameiro

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

16.00

9

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

16.00

18

Marín

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

16.00

18

Moaña

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

16.00

14

Poio

Pontevedra

Xoves, 21 de novembro

16.00

7

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Ames

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

10.00

13

Betanzos

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

10.00

21

Boiro

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

10.00

12

Brión

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

10.00

11

Oroso

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

10.00

15

Ribeira

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

10.00

12

Barreiros

Lugo

Venres, 22 de novembro

10.00

12

Chantada

Lugo

Venres, 22 de novembro

10.00

18

Guitiriz

Lugo

Venres, 22 de novembro

10.00

20

Lugo-Balteira

Lugo

Venres, 22 de novembro

10.00

12

Barco, O

Ourense

Venres, 22 de novembro

10.00

17

Celanova

Ourense

Venres, 22 de novembro

10.00

12

Cañiza, A

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

10.00

18

Estrada, A

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

10.00

12

Moaña

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

10.00

14

Pontevedra

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

10.00

27

Tomiño

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

10.00

9

Valga

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

10.00

12

Vigo

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

10.00

13

Localidade

Provincia

Día

Hora

Prazas

Brión

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

12.00

11

Melide

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

12.00

18

Oroso

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

12.00

15

Pontes, As

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

12.00

19

Ribeira

Coruña, A

Venres, 22 de novembro

12.00

12

Lugo-Balteira

Lugo

Venres, 22 de novembro

12.00

12

Vicedo, O

Lugo

Venres, 22 de novembro

12.00

6

Cañiza, A

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

12.00

18

Moaña

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

12.00

14

Tomiño

Pontevedra

Venres, 22 de novembro

12.00

9