DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2024 Páx. 48143

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello da Guarda para desenvolver as facultades íntegras de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o 26 de xullo de 2024, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello da Guarda por acordos do Pleno nas sesións do 14 de marzo de 2024 e 2 de xullo de 2024, para desenvolver as facultades íntegras de xestión, inspección, liquidación e recadación de diversos ingresos de dereito público.

As citadas delegacións que aparecen relacionadas no acordo plenario do día 26 de xullo de 2024, realizaranse pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 30 de xullo de 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2024005761 do 10.7.2024)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio, Formación e Emerxencias