DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2024 Páx. 48144

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Zóupalle Xestión Cultural, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

En cumprimento do disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de Zóupalle Xestión Cultural, S. Coop. Galega, que tivo lugar o día 2 de xullo de 2024, se acordou por unanimidade de votos a disolución de Zóupalle Xestión Cultural, S. Coop. Galega, con CIF F16458127. Quedan como liquidadores Alberto Lora Varela e Carlos Montalt Miquel.

Vigo, 22 de xullo de 2024

Liquidadores
Alberto Lora Varela
Carlos Montalt Miquel