DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2024 Páx. 48119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Paquito I e Paquito II.

1. O día 31 de xaneiro de 2024 Antonio García Louro e Paloma Pérez-Ullivarri Fernández-Corugedo solicitaron autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Paquito I e Paquito II.

2. As persoas interesadas achegaron a documentación preceptiva para a tramitación do procedemento.

Consideracións legais e técnicas:

1. A competencia para ditar esta resolución corresponde ao conselleiro do Mar, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

En virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022, de delegación de competencias, delégase a competencia de resolver nas persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería do Mar.

2. O procedemento tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras Sabor de Mar, S.L., das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Tipo: batea.

Nome: Paquito I.

Situación:

Cuadrícula nº: 58.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 2.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Antonio García Louro (***9604**) e Paloma Pérez-Ullivarri Fernández-Corugedo (***6620**).

Nova titular: Mejillones Sabor de Mar, S.L. (B15055783).

Tipo: batea.

Nome: Paquito II.

Situación:

Cuadrícula nº: 52.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 29.2.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Antonio García Louro (***9604**) e Paloma Pérez-Ullivarri Fernández-Corugedo (***6620**).

Nova titular: Mejillones Sabor de Mar, S.L. (B15055783).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante da liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (carta de pagamento ou comprobante da súa presentación).

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, esta autorización quedará sen efecto, logo de resolución ditada pola persoa titular da consellería.

Terceira. A nova titular das concesións administrativas e das bateas queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da transmisión inter vivos en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

A Coruña, 23 de xullo de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña