DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2024 Páx. 48117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 1 de agosto de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente RP-2022-0086-P, devolta polo servizo de Correos.

O 12 de xuño de 2024, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial que formulou a persoa reclamante que se sinala no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e como queira que segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015 , do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, esta cédula limitarase á publicación, como anexo, dunha somera indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Igualmente poderá interpor directamente un recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece a regra segunda do artigo 14.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo). O prazo será de dous meses, contado desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: RP-2022-0086-P.

Reclamante: 36020577R.

Último enderezo coñecido: rúa Bioy Casares, núm. 33, 2º, 10005 Cáceres.

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade, do 12 de xuño de 2024, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial presentada.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 10 días.