DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47636

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade do Salnés

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2024.

Mediante decreto da Presidencia, do 13 de agosto de 2024, aprobouse a oferta ordinaria de emprego público do ano 2024, que contén as seguintes prazas:

Persoal laboral fixo:

Nº prazas

Denominación

Grupo cotización

Sistema de acceso

Observacións

1

Técnico contable

II

Concurso-oposición

Promoción interna

1

Mestre/a composteiro

V

Concurso-oposición

Libre

Contra este acordo de aprobación da oferta de emprego público, que pon fin a vía administrativa, poderanse interpoñer os seguintes recursos:

• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación.

• Contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, se non se interpuxese o de reposición. Se se interpuxese este último, o prazo de dous meses empezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

• Calquera outro que considere conveniente, baixo a súa responsabilidade.

Cambados, 13 de agosto de 2024

David J. Castro Mougán
Presidente