DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2024 Páx. 47152

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 9 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

No Boletín Oficial del Estado número 312, do 29 de decembro de 2021, publícase a Resolución do 23 de decembro de 2021, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación do 25 de novembro de 2021, pola que se aproba a proposta de distribución territorial dos créditos destinados ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil, no marco do compoñente 21 do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

No Diario Oficial de Galicia número 191, do 6 de outubro de 2022, publicouse a Orde Consellería de Política Social e Xuventude do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

O 6 de xaneiro de 2023 publicouse no Boletín Oficial del Estado número 5 a Resolución do 28 de decembro de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación, do 13 de decembro de 2022, polo que se aproba a proposta de distribución territorial e os criterios de repartición dos créditos xestionados polas comunidades autónomas destinados ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil, prioritariamente para nenas e nenos de 1 e 2 anos, con novas prazas de titularidade pública, no exercicio orzamentario 2022, no marco do compoñente 21 «modernización e dixitalización do sistema educativo, incluída a educación temperá de 0-3 anos» do Mecanismo de recuperación e resiliencia, acordo que no seu número quinto aproba a modificación do dito Acordo da Conferencia Sectorial de Educación, do 25 de novembro de 2021, nas partes do seu anexo relativas á normativa aplicable, destinatarios, prazos de execución, actuacións do programa, compromisos do Ministerio de Educación e Formación Profesional e das comunidades autónomas, fitos, obxectivos, indicadores, custo e calendario, xustificación e verificación do programa, obriga de sometemento ás disposicións comunitarias sobre o Mecanismo de recuperación e resiliencia e consecuencias dos posibles incumprimentos por parte das comunidades autónomas.

O día 13 de setembro de 2023 publicouse a Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde 23 de setembro de 2022 en relación coas referencias normativas, a puntualización das obrigas establecidas, a xustificación do período subvencionable e os incumprimentos, derivados das modificacións introducidas polo referido Acordo da Conferencia Sectorial de Educación do 13 de decembro de 2022.

O 26 de decembro de 2023 publícase no Boletín Oficial del Estado número 308, a Resolución do 19 de decembro de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación do 13 de decembro de 2023, polo que se aproba a proposta de distribución territorial dos créditos destinados ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, prioritariamente para nenas e nenos de 1 e 2 anos, no exercicio orzamentario 2023, no marco do compoñente 21 «Modernización e dixitalización do sistema educativo, incluída a educación temperá de 0-3 anos» do Mecanismo de recuperación e resiliencia no que se modifica punto 8 do anterior Acordo da Conferencia Sectorial de Educación do 25 de novembro de 2021, polo que se amplía o prazo de execución ata o 31 de decembro de 2025 e se permite subvencionar os gastos de funcionamento, que ata agora só se permitía ata o 31 de decembro de 2023, ata o 31 de decembro de 2025.

As modificacións introducidas pola Resolución do 19 de decembro de 2023, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación do 13 de decembro de 2023, en relación coa xustificación, conceptos subvencionables, así como o aumento de anualidades, determina a necesidade da nova modificación da Orde do 23 de setembro de 2022 e a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Polo exposto, e para dar cumprimento ao establecido no dito acordo da Conferencia Sectorial de Educación do 13 de decembro de 2023 e posibilitar a maior concorrencia pública, de conformidade coas facultades conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co sinalado no Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade.

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E)

A Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E) queda modificada como segue:

Un. Modifícase o artigo 2, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 2. Financiamento

1. A concesión das subvencións previstas nesta convocatoria, con cargo aos orzamentos da consellería competente en materia de política social e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa, financiaranse con fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 21 de modernización e dixitalización do sistema educativo, incluída a educación temperá de 0 a 3 anos.

O importe total asignado para as anualidades 2022, 2023, 2024 e 2025 ascende a trinta e catro millóns cento un mil cincocentos nove euros con cinco céntimos (34.101.509,05 €) coa seguinte distribución orzamentaria por anualidades:

Aplicación

Anualidade 2022

13-02-312B-4000

0 €

13-02-312B-4600

0 €

13-02-312B-4610

0 €

13-02-312B-7000

0 €

13-02-312B-7600

229.237,51 €

13-02-312B-7610

0 €

Total

229.237,51 €

Aplicación

Anualidade 2023

11-02-312B-4000

0 €

11-02-312B-4600

99.075,24 €

11-02-312B-4610

0 €

11-02-312B-7000

0 €

11-02-312B-7600

349.782,45 €

11-02-312B-7610

0 €

Total

448.857,69 €

Aplicación

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total 2024-2025

38-02-312B-4000

516.395,04 €

854.874,78 €

1.371.269,82 €

38-02-312B-4600

3.908.212,31 €

6.469.915,21 €

10.378.127,52 €

38-02-312B-4610

516.395,04 €

854.874,78 €

1.371.269,82 €

38-02-312B-7000

1.317.479,55 €

797.910,15 €

2.115.389,70 €

38-02-312B-7600

9.867.425,53 €

6.204.542,56 €

16.071.968,09 €

38-02-312B-7610

1.177.694,45 €

937.694,45 €

2.115.388,90 €

Total

17.303.601,92 €

16.119.811,93 €

33.423.413,85 €

2. Unha vez consolidada a escolarización producida por este programa durante a súa duración, as entidades beneficiarias destas axudas asumirán cos seus orzamentos ordinarios, desde a anualidade 2025, o mantemento das prazas creadas».

Dous. Modifícase o artigo 4 que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 4. Contía da axuda

1. A contía máxima da axuda por praza queda establecida de acordo coa seguinte táboa:

 

Anualidade 2022

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Custo praza creación

6.185,35 €

6.185,35 €

6.185,35 €

6.185,35 €

Custo praza mantemento

3.029,73 €

4.503,42 €

1.500,00 €

2.483,20 €

2. A contía de mantemento aboarase proporcionalmente desde a data en que a escola infantil 0-3 obteña o permiso de inicio de actividades ou desde a súa correspondente modificación».

Tres. Modifícase o artigo 16, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 16. Prazos de execución

1. O prazo de execución das actividades para subvencionar descritas no artigo 5 dentro do Programa de impulso da escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, prioritariamente para nenas e nenos de 1 e 2 anos, correspondente ao orzamento do ano 2022 será desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 1 de marzo do ano 2024.

2. O prazo de execución das referidas actividades para subvencionar do Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, prioritariamente para nenas e nenos de 1 e 2 anos, correspondente ao orzamento do ano 2023, está previsto que sexa desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 1 de decembro do ano 2024.

3. O prazo de execución das referidas actividades para subvencionar do Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, prioritariamente para nenas e nenos de 1 e 2 anos, correspondente ao orzamento do ano 2024, e 2025 está previsto que sexa desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 1 de decembro do ano 2025».

Catro. Modifícase o artigo 17, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 17. Xustificación das actuacións

1. Con base no establecido no título III, artigo 48, do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e tendo en conta o obxecto e a natureza destas axudas, para a obtención do pagamento da subvención as entidades beneficiarias deberán presentar, xunto co anexo II, a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención.

b) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e de pagamento.

c) Facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, do total dos gastos realizados xunto cos xustificantes bancarios que acrediten o seu pagamento.

d) Acreditación documental, material e/ou gráfica do cumprimento da obriga de información e publicidade do financiamento público da acción subvencionada, de conformidade co disposto na norma de aplicación.

e) Declaración responsable sobre o cumprimento das obrigas establecidas no artigo 14, segundo o modelo do anexo III.

f) Memoria de avaliación substantiva inicial e final xustificativa da obriga de que todas as actuacións subvencionadas que se leven a cabo deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH).

2. Se o importe do gasto subvencionable supera as contías establecidas para o contrato menor na normativa de contratación do sector público vixente no momento de realización do gasto, a entidade beneficiaria deberá presentar o expediente de contratación.

3. De acordo co artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, para os efectos da súa consideración como subvencionable, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias asinados e selados, onde deberán constar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número de factura obxecto do pagamento e a súa data.

4. A data límite de xustificación para os gastos efectuados nas anualidades 2021 e 2022 será ata o 31 de marzo de 2024, para os gastos efectuados no ano 2023 será o 15 de decembro de 2024 e para os gastos efectuados nos anos 2024 e 2025, a data límite de xustificación será o 5 de decembro de 2025.

5. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada».

Disposición adicional única. Prazo de presentación de solicitudes

1. A ampliación do período e dos conceptos subvencionables supón a necesidade de apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, que será dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes presentadas segundo o establecido no número anterior tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento BS420E).

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade