DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 46898

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 6 de agosto de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas mariscadoras a pé afectadas pola paralización temporal en determinados bancos marisqueiros intermareais de Galicia, cofinanciadas ao 70 por 100 polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 (código de procedemento PE113F).

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 155, do 12 de agosto de 2024, cómpre realizar as seguintes correccións:

No artigo 5.1.a), páxina 46325, onde di: «a) Que o permiso de explotación para marisqueo a pé estea en vigor. Ademais, as persoas mariscadoras a pé non terán autorizada a suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación no período de referencia subvencionable», debe dicir: «a) Que o permiso de explotación para marisqueo a pé estea en vigor. Ademais, as persoas mariscadoras a pé non terán autorizada a suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación no período da parada subvencionable».

No terceiro parágrafo do artigo 10.1, páxina 46330, onde di «– Certificado do Instituto Social da Mariña (ISM) acreditativo de estar en situación de alta no momento da solicitude e durante o período de referencia subvencionable», debe dicir: «– Certificado do Instituto Social da Mariña (ISM) acreditativo de estar en situación de alta no momento da solicitude e durante o período da parada subvencionable».

No quinto parágrafo do artigo 10.1, páxina 46330, onde di «– Informe do ISM de percepción dalgunha das seguintes prestacións no período de referencia subvencionable: por incapacidade temporal, por maternidade ou paternidade, por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación, no caso de ser aplicables algunha das situacións recollidas no número 3 do artigo 6», debe dicir: «– Informe do ISM de percepción dalgunha das seguintes prestacións no período de parada subvencionable: por incapacidade temporal, por maternidade ou paternidade, por risco durante o embarazo e por risco durante a lactación, no caso de ser aplicables algunha das situacións recollidas no número 3 do artigo 6».