DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2024 Páx. 46899

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial do medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., para executar durante os anos 2024 e 2025.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda de xestión:

Resolución do 31 de xullo de 2024, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico-administrativo á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro na xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

– Actividade: a realización do servizo de apoio técnico-administrativo á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro na xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 e do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., filial da Empresa de Transformación Agraria, S.A., a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de agosto de 2024 ata o 1 de agosto de 2025.

– Financiamento: tramitación con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, aplicación orzamentaria 46.03.723A.640.0 e con código de proxecto 2023 00192, cofinanciado nun 70 % con fondos FEMPA.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar