DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 2 de agosto de 2024 Páx. 45277

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2024 pola que se corrixe un erro na Resolución do 30 de maio de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión de tres prazas vacantes na relación de postos de traballo de persoal técnico de xestión e de administración e servizos, funcionario da escala xeral administrativa, con requisito de idioma (Diario Oficial de Galicia número 111, do 10 de xuño).

Detectado erro na Resolución do 30 de maio de 2024 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión de 3 prazas vacantes na relación de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, funcionario da escala xeral administrativa, con requisito de idioma, procédese a súa corrección e eméndase segundo os seguintes termos:

No anexo II, temario, tema 25.

Onde di:

«Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social: título I: capítulo II: Campo de aplicación e estrutura do sistema da Seguridade Social; capítulo III: sección 1ª: Afiliación ao sistema de altas, baixas e variacións de datos nos réximes que o integran; sección 2ª: Cotización á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta; e capítulo IV: Acción protectora (artigos 156 e 157)».

Debe dicir:

«Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social: título I: capítulo II: Campo de aplicación e estrutura do sistema da Seguridade Social; capítulo III: sección 1ª: Afiliación ao sistema de altas, baixas e variacións de datos nos réximes que o integran; sección 2ª: Cotización á Seguridade Social e por conceptos de recadación conxunta; e título II: capítulo III: Aspectos comúns da acción protectora (artigos 156 e 157)».

Esta corrección non dá lugar á apertura de prazo de presentación de solicitudes.

A Coruña, 24 de xullo de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
Mª Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña